NOTICIAS | ARQUIVO (inicio) | FORO
 
·· BREVES
 

 

··> COTO DO FRADE INSTALA NO EMBALSE DE CASTRELO UN ASCENSOR PARA EMPANADAS DE ANGUÍA.

¬ "O índice de supervivencia de Anguilla rostrata máis arriba do embalse de Frieira viña sendo insignificante, por iso decidimos usar o encoro de Castrelo para que sigan subindo, pero metidas en empanadas, así polo menos favorécese a outra especie ameazada de extinción: os votantes do BNG deste concello "- explicou o Presidente.

¬O combativo grupo, sempre na súa liña "posibilista", xa está a pensar nunha reserva ecolóxica autóctona para preservar especies galegas en alto risco de inxestión, como o polbo e as propias anguías. "Respecto á situación das lampreas na cadea trófica -alcarou o ecoloxista- non parece que estean en situación alarmante. Segundo temos observado, un bo número delas prosperan sen sobresaltos nos concellos. De feito, a maioría acaban sendo concellais".

··> IGNACIO GÓMEZ, NOVA IMAXE DE COCO CHANEL NO RIBEIRO

¬ É certo que o sorriso un tanto distante do concellal de emprego non gaña un voto, pero logrou captar, en cambio, a atención dos expertos en imaxe da casa Chanel en España, quen acabaron elixíndoo polo seu "look descaradamente falso con un punto de sofisticación tan anhelado por ese hombre de sensibilidad urbana e independiente al que nos dirigimos".

¬ "La imagén avansadá et cosmopolíte del pegsonajé l'estimóns le sufisiéntement cautivadogga paga nuestga campaña en el Ggibeigó- explicou Ives-Gascón de la Fressange, Director da sucursal española- "Espegamos que en bgeve su aige gagguló a la pagg que dinamíque logge atgapag los coggasones de los hombges dotados de "sensibilité" deste ggemoto lugag. El pgoducto es indicadó pagga ese vaggón un tanto ggústico peggo con anhelos de bgillagg con lus pgopiá"- rematou un tanto... volátil.

* A foto do Nacho chimpeilla "by de féis" a Santi Amil. Grazas, meu.

··> LAURA SEARA LESIÓNASE NA BOCA NUN ENCONTRO INFORMAL CON PACHI VÁZQUEZ

¬ A vehemencia coa que a representante socialista quixo "calmar a ansiedade" do promotor Pachi Vázquez en relación co seu tan querido e frustrado proxecto do Parque de Carballeda, acabou por xogarlle unha mala pasada. Segundo fontes cercanas reinou no encontro unha "excelente sintonía", e incluso se deu "un trasvase informativo moi fluído entre ambos", pero se ben o candidato Vázquez dixo estar moi satisfeito, non resultou así para a deputada, quen se recupera a esta hora dunhas incómodas distensións e fisuras producidas na súa mucosa bucofarínxea.

¬ Sobra dicir que non trascendeu o contido do que lle transmitiu Pachi Vázquez en tan especial encontro, pero tampouco parece moi difícil de deducir...

··> O BNG REVELA QUE OS NENOS CON EDUCACIÓN ENXEBRE RESISTEN MELLOR A GRIPE PORCINA

¬ Segundo o grupo político, un estudo do Centro Superior de Investigacións Científicas demostra que os meniños con comportamentos tipicamente galegos, como comer chouriza, vestir de azul celeste ou odiar aos Reis Católicos, logran desenvolver un 85% máis de inmunidade fronte á temida gripe orixinada en América.

Na foto, un meniño en fase de inmunización nunha sede do BNG.

··> A "SALUTACIÓN SOLAR" DOS NACIONALISTAS DE CASTRELO ACABA EN INTOXICACIÓN POR CULPA DA IMPRUDENTE INXESTIÓN DAS AUGAS DO MIÑO.

¬ O axente causante foi un bacilo de ampla difusión nas augas de Castrelo, Blocustula estrellata, que acabou provocando severos vómitos e diarreas en todos os celebrantes de tan absurda paiasada nacionalchachi.

¬ O Concello quitoulle importancia á grave infección colectiva alegando que "esa purificadora purgación vai permitir aos participantes i ás participantas substituír a súa decadente flora bacteriana española por outra integramente galega".

 

··> UN CAN DE PALLEIRO GAÑA POR OPOSICIÓN UN POSTO DE ADMINISTRATIVO NO CONCELLO DE CARBALLEDA

¬ R.F.P, veciño da localidade de Carballeda de Avia, quedou pasmado hai días ao recibir unha comunicación dirixida a Trosky, o seu dócil e cariñoso cadelo de 3 anos, para notificarlle que acababa de superar unhas probas selectivas convocadas polo Concello para cubrir un posto vacante.

¬ Ao parecer, o can colárase accidentalmente na casa consistorial xusto cando a Comisión municipal celebraba unhas probas selectivas en petit comité nas que participaban un par de veciños do pobo. E a pesar de que o exame consistía nun "sicoténico específeco y un tés de cultura xeral de cierta dificultá"-segundo dixo o edil- foi superado polo cadelo sen maior complicación, rebasando, con moito, a puntuación dos demais concorrentes. A pesar de todo, o Alcalde deixou clara a súa vontade de "cumplir con la legalidá vigente y respetarle el puesto". Pola súa parte, Trosky agarda ilusionado o día da súa toma de posesión. "Mentres chega o día"-comenta o dono- "encántalle facer monerías no sillón para ir collendo soltura nas tarefas propias dun funcionario municipal".

 

marzo09 > abril 09 > maio 09 > xuño 09> xullo 09

>> estás na EDICIÓN- XUÑO 09

Os xóvenes creadores do Ribeiro comezan a sacar partido das instalacións do local de ensaio da Casa da Cultura.

"YA TENEMOS GRABADOS OFDERÉCOR DOS AUTÉNTICOS TEMAZOS EXPONTÁNEOS, ALGO ASÍ COMO ENTRE LO ACÚSTICO Y LO MÉTAL. LO FLIPAS, TÍO, ESTO TE ES UNA AUTÉNTICA PARANOLLA CREATIVA " - declarou o líder do grupo "Unplugged Faboca's"|Consuelito Barallán

>> o local, que forma parte da rede NSAIO, foi estreado despois dunha longa mexada inaugural de Anxo CAllarte, quen manifestou sentirse dobremente satisfeito. Primeiro, por ter evacuado a vexiga, que xa levaba un bo anaco aguantando as ganas, pero sobre todo, porque con esta iniciativa da Vicepresidencia "se demostra como a mocidade do Ribeiro, un tanto reacia a calquera disciplina, pode dar de sí todo o potencial creativo galego que levan dentro dun xeito totalmente fluído e intuitivo".

>> varios grupos de "creadores sonoros" xa están a experimentar novas e prometedoras técnicas acústicas. Mentres os "Sucking of the Council " da Franqueiran indagan con mexadas longas e de prepucios retraídos, os vilegos "Hate_to_Sulfate" experimentan unha ampla gama harmónica mediante chafarises sincopados e cheos de vitalidade. O único problema é que estes principiantes comparten WC coa Lira de Ribadavia, que xa se queixa amargamente da falta de decoro nos ensaios e tamén dalgunha ca outra desagradable confusión entre os seus instrumentos de traballo e os instalados para os novos colectivos de "artistas".

O Psoe búscalle ao ex-presidente Touriño unha saída digna facéndoo encargado da Estación de Autobuses de Ribadavia.

O EX-PRESIDENTE RECUPERA GRAZAS A ESTE POSTO IMPORTANTES RESPONSABILIDADES DE GOBERNO, COMO PROBAR REGULARMENTE O FUNCIONAMENTO DA MEGAFONÍA OU DAR AVISO SE XURDEN HUMIDADES NAS OCAS ESTANCIAS DA INSTALACIÓN|Raimundo Cotolengo

>> o portavoz provincial do psoe explicou que "tras o traumático cogoberno cos prepotentes nacionalistas a autoestima do Sr. Touriño estaba nun dos seus momentos máis baixos. A súa situación persoal de abandono requiría unha solución moi específica, por iso acordamos para el este puestazo, onde poderá volcar sen inhibicións todo o seu potencial e desfrutar dun ambiente solitario, sen interferencias que desvirtúen o seu criterio como o gran estadista que é. "- dixo con certo descaro.

>> algúns veciños notan ao ex-presidente un tanto frouxo de moral, o que non impide que este destacado ex-político teña conectado moi favorablemente coa xuventude local, quen xa o consideran coma un ribadaviense máis. "Chamámoslle Torito Sentado, pero non por la maldá nin por chotearnos del"- asegurou un rapaz de Francelos- "É que o tío non rasca bola en todo o puto día, a ver se falamos claro; agora bien, cando imos por alí de botellón non hai fallo: o fulano déixanos pasar sempre sin poglemas, e inclusamente nos pon habaneras e boleros polos megáfanos e ata nos garda as bebidas na neveira dun pedazo de Audi azul que ten aparcado na porta. Un maquinón, colega. O que non sabemos é de onde carallo o sacaría..."

Centos de proxenetas, traficantes e delincuentes comúns brindan o seu apoio incondicional á Plataforma do Si nunha multitudinaria asamblea.

"HAI XENTE DE SOBRA QUE APOIE O VERTEDEIRO, O CASO É SABER ONDE BUSCALA", DECLAROU UN ORGULLOSO FIDALGO AREDA | Pascuala Cenotafio

Na foto, Fidalgo Areda informa a dous incondicionais amigos da reciclaxe sobre as variantes técnicas do craqueo catalítico.

>> o infatigable senador peinou un por un todos os puticlús e locais turbios da provincia ata que conseguiu despertar a conciencia social dun colectivo esquecido. Precisamente, foron eses marxinais os que converteron unha extemporánea Asamblea da Platamierda nun rotundo éxito. Ninguén dubida hoxe de que todo o mérito corresponde a Fidalgo Areda, quen organizou unha tan clamorosa como inútil reivindicación popular que resultou, sen embargo, abondo chamativa como mecanismo de desgaste do novo goberno da Xunta.

>> cómpre lembrar que o coñecido manipulador de datos de sempiterna mirada covarde non lograra reunir en máis de dous anos nin unha ducia de persoas sen antecedentes penais que o seguisen na súa causa suicida, pero o certo é que tampouco se rendiu. De feito, buscou de día e de noite -sobre todo de noite- cidadáns para que apoiasen o anulado Vertedeiro: "Ya está bien que estes desheredados de la tierra sigan a ser un coletivo esquecido sin voz ni voto"- dixo á prensa -"En los puticlús, en los callejones, en las timbas y en los locales de trapicheo os sorprendería saber cómo me suplicaban los pobres que por favor les cumpliese su sueño dorado, rogando a las autoridades legítemas que les trajesen un parque industrial de empresas de reciclaje, su mayor ilusión en esta vida. Francamente, mi único mérito fue que supe leer en sus miradas ese altruirmo contenido y lograr que gritasen con nosotros en una asamblea práticamente gloriosa. Mira, fíjate, se me pone la piel de gallina cuando lo cuento" - declarou nun ton un pouco teatral.

Nun exame rutinario diagnostican que o popular José Pérez Iglesias padece de transparencia crónica

A CAMPAÑA DAS EUROPEAS PODERÍA TER ORIXINADO A RECAÍDA DO EX-ALCALDE NA ESTRAÑA DOENZA QUE SUFRE DENDE HAI ANOS|Eudosia Palangre

Na foto, José Pérez na consulta do coñecido dermatólogo que o diagnosticou

>> o pp comunicoulle a súa "solidariedade e o seu apoio" pero sen ofrecerlle axuda ningunha. A única iniciativa concretouna o sempre resolutivo Senén Pousa: "Se o home fundiu o PP local por frouxo, fundiuno e sanseacabó. O pasado, pasado está, e as persoas estamos para axudarnos. Está clarísemo que nestes momentos o que máis necesita este ser humano é que lle boten unha man; ou mellor dúas: unha de imprimación e outra de Titanlús azul, para que todos poidamos velo. A única dificultade é conseguir que non pareza un gnomo e almirmo tiempo combine coa cartelería. Joder, ata que se lle vaia borrando coa chuvia aínda pode tirar un par de eleccións máis! É ou non é ?"-rematou.

>> o doente pide solidariedade aos veciños para que non lle fagan máis incómodo o día a día. "A miña situación non lla desexo nin ao meu peor adversario político. Imaxínate, verme reducido a un traxe vacío que camiña pola Praza... É durísimo, ata hai uns días tiña acojonados a todos os nenos da Vila. E menos mal que agora, coa calor, xa podo ir en pelotas."-confesou amargamente.

Na foto, José Pérez Iglesias tomando unha caña na Praza maior.

"Nostante"-continou- "o que máis me doe en el corazón é que me obrigan a botar talco no meu coidado tupé para que todos poidan saber cando estou presente nas reunións do Partido. Síntome coma menosprezado, coma se fose un estraño... Antes tamén pasaba, pero dende que padezo de transparencia estou a notar nos membros do grupo un tufiño a cachondeo que me está a afectar moi profundamente"-