![]() |
||||||
·· BREVES |
||||||
|
··> UNHA CLÍNICA VETERINARIA DO RIBEIRO LOGRA MANTER VIVO UN CAN DESPOIS DE VACIARLLE TODOS OS COMPOÑENTES. ¬ Unha prestixiosa revista da conta do logro acadado por un coñecido veterinario local tras unha afortunada intervención cirúrxica a un can: "En principio yo fui dianosticando, fui ensayando, fui hurgando, pun-pún, pun-pún, vamos, lo que es la metodología clínica que yo uso. El caso es que en un momento dado el asunto se me fue un poquito de control. Entón decidí que al no tener otra cosa a mano bien podría colocarle el palier de un Fiat Punto y sustituírle la cadera pelviana, que se le había escachado un poquito con la operación. Y al rato, oyes, ¿te quieres creer que el muy cabrón del chucho empezó a correr por la clínica como un condenado?"- confesou con alborozo.
¬ A dona de "Chuky", en cambio, non se amosa tan satisfeita: "As cousas hai que velas como son: eu deixeille o can só para que lle botara uns polvos para os ácaros, e o fulano devólvemo ao cabo dun mes todo oco por dentro e cheo de pulgas. Vale, é certo que pode andar e devolve o saúdo movendo o rabo, pero faino como sin sintimiento, que eu ben llo noto. Ademais, pola noite o seu ladrido produce un eco interior que pon malísemos a todos os veciños. Quedar, vou quedar co cadeliño porque lle teño aprecio, pero non che estou nada contento para o veterinario. O que me fixo co Chuky foi unha auténtica maseirada, por moito que agora se queira dar de listo."-dixo rexentida. ··> 9 DE CADA 10 DENTISTAS RECOMENDAN AFILIARSE AO BNG. ¬ Unha enquisa independente entre odontólogos galegos demostra que o estado dos incisivos e dos caninos nos afiliados nacionalistas é significativamente máis sólida que o do resto da cidadanía. "A explicación -apuntan- podería estar en que este grupo poboacional logrou manter unha rigorosa dieta rica en calcio subvencionado, ademais de ter respectado o saudable hábito de fincar o dente a fondo nas miles de paparotas enxebres e tamén nos postos máis xugosos da administración, factores ambos moi favorables para a tonificación das encías"
¬ Os odontólogos recoñecen que entre os afiliados do BNG "sempre houbo unhas boas pezas", pero advirten que co cambio de goberno sería moi importante que se adaptasen a unha estricta dieta branda e se fosen esquecendo do entrecot de balde despois dos mitins". ··> UN TRATAMENTO DE FERTILIDADE IMPEDIRÁ AO VERDUGO DA FESTA DA ISTORIA PARTICIPAR NO DESFILE DESTE ANO. ¬ O coñecido personaxe espera ilusionado que nesas datas xa poida atoparse desfrutando do seu segundo mes de xestación.
¬ Pola súa parte, a Fundación da Festa da Istoria intentará resolver o conflicto laboral que supón conferirlle a un traballador de tan viril aspecto unha licencia por embarazo e descarta, en calquera caso, que a súa dona o substitúa no desfile. "Non nos parece hixiénico nin esteticamente adecuado que unha muller se exhiba pola rúa Progreso con carapucha, pelos no peito postizos e un látigo na man. Algo tan chocante non pasaría desapercibido nin sequera nesta festa alcólica"-afirmou o Presidente. ··> A "SALUTACIÓN SOLAR" DOS NACIONALISTAS DE CASTRELO ACABA EN INTOXICACIÓN POR CULPA DA IMPRUDENTE INXESTIÓN DAS AUGAS DO MIÑO. ¬ O axente causante foi un bacilo de ampla difusión nas augas de Castrelo, Blocustula estrellata, que acabou provocando severos vómitos e diarreas en todos os celebrantes de tan absurda paiasada nacionalchachi.
¬ O Concello quitoulle importancia á grave infección colectiva alegando que "esa purificadora purgación vai permitir aos participantes i ás participantas substituír a súa decadente flora bacteriana española por outra integramente galega". |
|||||
marzo09 > abril 09 > maio 09 > xuño 09> xullo 09 >> estás na EDICIÓN- XULLO 09 A Asociación Castela Auriense propón vaciar o Embalse de Castrelo para localizar a pirola do Apóstolo Santiago. "TRAS UNHA MINUCIOSA ANÁLISE DOCUMENTAL CHEGAMOS Á CONCLUSIÓN DE QUE O SANTO CARALLO PUIDO RECIBIR SEPULTURA NO SÉCULO XII EN CASTRELO DE MIÑO POR ORDE DO ARZOBISPO XELMÍREZ"- Declarou o Presidente |Circuncisa Bochada
>> "facilitaríanos moito a busca que o membro conservase aínda a posición erecta", dixo o Presidente Xoan Pablo Lorenzo. "Dígoo sen ánimo de ser irreverente e en estrictos términos científicos. Simplemente, a turbidez das augas dificulta a localización. Aínda sen saber se o personaxe estaba ben dotado ou non, está claro que unha eventual flaccidez da reliquia limitaría motísimo as posibilidades de visualizala entre o fango. Pero mantemos a esperanza. De feito, eu xa veño sentindo unha especie de magnetismo que seguramente emana da piroliña do noso Santiago Matamouros. Agora só queda vaciar o embalse e collela coa man... Vaia, non quería dicir iso exactamente...". >> "é certo que non temos sido moi rigorosos ao ubicar camiños xacobeos no medio de bosques protexidos, pero isto é diferente. Nesta ocasión ata lograremos demostrar cal foi o verdadeiro destino dos Santos Collóns. A día de hoxe temos indicios de que chegaron flotando ata A Foz, onde se separaron cada un polo seu lado para seguir dúas rutas diferentes por toda a Cristiandade. En rigor estariamos en condicións de afirmar que Ribadavia deu orixe a dous Camiños de Santiago: un por cada unha das pelotas do Apóstolo. Señores, isto non ten precedentes".- Aclarou exultante o Sr. Lorenzo. >> o alcalde de castrelo, celoso da "inxerencia mediática" no seu territorio, reaccionou lendo á prensa un comunicado que improvisou a Secretaría do seu Partido: "Estamos perante outro intento da dereita máis casposa para reinventar o nosso pasado ao seu favor, pero esas informacións desmínteas un estudante de 2º de FP pola rama de enoloxía e experto en Historia das Relixións, que de xeito irrefutable sitúa baixo as augas do lexendario Encoro de Castrelo de Miño o Prepucio de San Prisciliano, coñecido activista da Naçóm Galega que nunca quixeron recoñecer as forzas reaccionarias" . Ridimoas teme que o meteorito que ameaza destruír o Planeta chegue a afectar o seu bosque "O NOSO ESFORZO CÉNTRASE EN QUE O CAMBIO TÉRMICO CAUSADO POLO IMPACTO NON AFECTE Á FLORACIÓN DA DELICADA Cytinus hypocistis, PORQUE DESTA ESPECIE AÍNDA NON FIXEMOS O DEBUXO A PLUMILLA."-manifestou o Presidente | Serafín Galdrumada
>> a nasa asegura que o cataclismo eliminará a vida do planeta pero, como xa sabemos, tampouco o desmoronamento ecolóxico arredor do Bosque-Burbulla Ridimoas botara nunca para atrás a estes coñecidos naturalistas. Agora, en tan delicado momento, seguirán loitando por manter fora da realidade a súa idílica colección de seres vivos, que coidan con mimo dentro dun vulnerable e peculiar ecosistema que se nutre metade por fotosíntese e metade por compravenda. >> ademais, a directiva de ridimoas aproveita para advertir aos seus socios que unha catástrofe planetaria non pode servir de desculpa para que se deixen de aboar as cotas pendentes, e tamén que por razóns fáciles de entender queda suspendida sine die a vindeira comida no Evencio.
Aportan un estudo cartográfico para demostrar que antes de chegar Xurxo Castrelo de Miño nin existía O BNG AFIRMA QUE ANTES DAS MELLORAS DO ACTUAL ALCALDE, CASTRELO ERA UNHA SIMPLE MASA PÉTREA RODEADA DE AUGAS SULFUROSAS E CHEA DE CAVERNAS ONDE HABITABAN TROGLODITAS. |Pastora Magalofes
>> nun congreso organizado polo bng pediuse un recoñecemento PÚBLICO para o omnipresente rector municipal Xurxo Rodríguez: "Un audaz Alcalde galego que resgatou a Castrelo do primitivismo pepeiro máis atroz ata convertelo nun auténtico referente para toda a Nossa Naçóm"- Así o describiu a destacada nacionalista Gwendolín Naseiro, cartógrafa amateur e titulada en 2º de FP pola rama de automoción. "Porque hoxe, salvo a dereita máis casposa, xa ninguén dubida de que Castrelo é un referente. É certo que non sabemos exactamente en que, porque nestes intres non dispomos de instruccións da Vicepresidencia alrespetive, pero iso non quita que este Concello goce dun potencial fora do común. Precisamente por iso, comprometémonos a que cando logremos determinar que é o que estamos a facer ben, sexa divulgado de inmediato para que se enteren todos os galegos i todas as galegas."- dixo un tanto errática. >> moitos dos primitivos habitantes non saberían precisar cando creou xurxo o seu pobo. Por exemplo, o "Iso sí"- añadiu Ramiro- "anótame aí un ajradecimiento para que quede moi clarito: "Alcalde, eres o millor! Dende que nos instalaches a conesión ao interné polo couso do güifi, o Epifanio, o Casiano e máis eu metémonos polas tardes na adega e xúroche pormisijos que nos poñemos cegos a baixar pelis co Emule. Xa debemos ter no disco externo unhas corenta do Jackie Chan e unha ducia ou máis do Chú Norris. É verdá ou non é verdá, Benilde? Ese si que foi un adelanto grandísemo que nos trouxeches si siñor." -concluíu. |
||||||