>> PORTADA ACTUAL

>> ARQUIVO 2ª ÉPOCA

 

RIBARRAVIA FODEMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO POR AMOR...

:: SECCIÓN ARQUIVO 1ª ÉPOCA::

>>18 > 17 >16 > 15 > 14 > 13 > 12 > 11 > 10> 9 > 8> 7 > 6> 5> 4> 3> 2> 1>> ESPECIAL 1º ANO >>

 

 

BREVES>>

A CONCELLALÍA DE CULTURA TOMA MEDIDAS RADICAIS COA FIN DE OBTER FONDOS PARA AS FESTAS

> Elixíu un RECUPERADOR exclusivo para a Concellalía (na foto), un tal Rinaldo Assunsao da Câmara Blindàda, de orixe brasileiro e con fama de recadador infalible...

> A edil mantén que a situación é de absoluta crise e cómpre tomar medidas radicais.

> A primeira actuación do devandito empregado foi un aviso oficial: "Vou buscar ata no sostén da mulher do contribuínte, pá ! Se voçés nao pagam, teremosh problemash"

> Vexan o convincente folleto de "concienciación cidadana":

> O futuro festeiro parece garantido con tanta contundencia recadadora. Para que se fagan mellor idea, vexan outro aviso, para os morosos, que fará constar nos recibos:

"Se voçé nao pâga a sançom PAREÇERÁ UM ACCIDÊNTE..."

 

BREVES >>

CARLOH HESÚ, TODO UN ÉXITO TRAS UN MES EXERCENDO DE SANADOR NO AMBULATORIO DE RIBADAVIA

A prestación de servizos por este singular iluminado está resultando, tras un mes de exercicio, un absoluto éxito. É, ao dicir dos pacientes, unha persoa que escoita e que te pon en contacto co máis alá; que non cura, vale, pero entretén moitirmo. Como di unha señora da Franqueirán "Total, para pintar recetas vale ben, e polo menos botamos unhas risas. Estar está tralladiño de todo, non te confundas, pero pon os remedios ao chou e ás veces funciónanlle. Igual ca os médicos..."

Vaia, por fin temos algo que funciona en Ribadavia!

 

>>

FORO // CORREO // QUEN SOMOS //

    g

 

MEDIOS DE COMUNICACIÓN

BEADE SÚMASE AOS CONCELLOS CON TELEVISIÓN PROPIA: "TELE CAUDILLO".

>> O noticieiro local, "LAS EMISIONES DE SENÉN ", é programa máis visto. Preséntao, evidentemente, o señor alcalde, e ten como principal misión a de "fertilizar del espíritu del Heneralísemo a la buena gente de Beade, porque a los rojos y más a los masones no los queremos connosco".

>> A primeira emisión comezou cun moi significativo "Estemados súditos, hoy tenjo el placer enormísemo de presentarovos..." O demais xa o podedes supor...

>> O maior share acadose hai dous días, co reality chou "Cheiros del Pasado", onde se desvelou un impagable fragmento do NODO protagonizado polo propio líder local. Foi resgatado dos arquivos cinematográficos municipais e consiste nunha gravación do meniño Senencito Pousa FALANDO CO XENERALÍSIMO !! Observade como o relambido rapaz xa amosa unha precoz disposición para asimilar os principios do réxime franquista.

 

ECONOMÍA LOCAL

MONTE KALAMUA DISPORÁ DUNHA DISPENSADORA AUTOMÁTICA PARA PODER SUBSTITUÍR AOS NUMEROSOS OPERARIOS QUE DESPIDEN.

>> A empresa asentada en San Cristovo que se dedica a conxelar peixe e a queimar traballadores, será pioneira nos contratos laborais mediante máquinas expendedoras.

 

>> A máquina contará coa eficiente tecnoloxía "Plug and Play", concebida en USA para garantir "Traballadores limpos, subvencionados, libres de dereitos laborais e LISTOS PARA USAR", o que supón un absoluto avance na nova economía da Comarca. O proxecto conta co beneplácito do Concello e dos sindicatos maioritarios.

>> O Xerente de Monte Kalamua amosou a súa satisfacción perante a prensa local: "Te es de locura. Le das a un botonciño y ¡zas!, te sale un operario casi mejor que el anterior. Debo dicir que nos hallamos ante el fin desas práticas penosas de renovar cada mes los contratos a unos trabajadores díscolos y poco motivados. A partir de agora, dispondremos de operarios limpios de polvo y paja en cuestión de segundos. Esto es un avance moi grandísemo en el mundo de la economía gallega" (?)

Sen comentarios.

Resésigo

ESPECTACULAR ESTREA NA VILA: "Te doy mis votos"

>> Rubén García organizará antes da Mostra de Teatro un pre-Festival de aficioados coa fin de acadar algo máis de atención cada ano. Nesta edición 2006 da MIT presenta xa un adianto sorprendente baseado nun éxito cinematográfico.

>> A obra foi creada por amateurs locais e baseada nun éxito do cine: "Te doy mis ojos", de Icíar Bollaín. A súa publicidade resulta extremadamente significativa:

"Maltratada, marxinada, desprezada... pero atada por un vínculo que ninguén podía desfacer"

"Se lle bato nos fuciños é unicamente porque la quiero..." chega a dicir o protagonista. ¿Que pasa pola cabeza dun un home perversamente namorado? ¿Como sufre ela a súa atadura?

Unha estremecedora historia inspirada nun tema candente: unha obra teatral sobre a VIOLENCIA DE NÚMERO, a que ata a un home agresivo e a unha muller disposta a sufrir en silenzo a sua minoría política...

>> "Marcos Blanco está inmenso no seu papel, pero o Xabier Carreira, resulta un contrapeso cheo de sensibildade agasallándonos cunha interpretación insuperable. Parece que estivese a padecer as vivencias na súa propia carne.", aseguroulle o director da Mostra Internacional de Teatro, Rubén García ao noso reporteiro.

Resésigo

MEDIO AMBIENTE

ENGASA COMPROMÉTESE A INSTALAR NO RÍO BRULL UNHA PRESA "FINA Y SEGURA"

>> Os directivos aseguran que cumprirá todas as normativas europeas no tocante á hixiene e que regulará moi naturalmente os períodos naturais , o que non sabemos é se están a falar do río...

>> Alberto Pardellas, -o alcalde de Melón de cabeza homónima-, defende o proxecto: "No hai caso, porque amás de todo eso será SUPERASORBENTE, osea, que no vengan diciendo sunormalidades os ecoloxistas y esa marea roja de esaltados que a todo le atopan defetos". Pola súa parte, no Coto do Frade quedaron sen palabras ante tan insólito símil menstrual ouveado polo edil...

>> O Xabier Carreira solicita do Pleno de Ribadavia que non lle dean alas á construcción da compresa, pero non por causas ecolóxicas, senón para evitar o cachondeo.

>> O PP oponse ás trabas do PSOE alegando que o proxecto sacará partido da fertilidade que lle sobra á nosa Terra, e pelexarán para que a imaxe de Engasa non quede manchada. Aseguran, tamén, que ese tipo de compresa non se nota, non traspasa e evita as típicas molestias que nos acompañan neses días en que un está contento de ser... galego.

CAMPAÑA INCENDIOS FORESTAIS 2006:

A GARDA CIVIL DE RIBADAVIA DETÉN AO "ANTORCHITA DE CENLLE" E O XUÍZ DÉIXAO LIBRE POR FALTA DE PROBAS

>> O pirómano local, reputado "profesional" da materia, quixo exhibir as súas habilidades presentándose ante a Xustiza en "traxe de faena".

>> Incautáronselle 25 mecheiros, 8 bidóns de gasolina, unha libreta co rótulo "Gastos bengalas 2005", unha "Guía Michelín para Pirómanos", así como varias novelas eróticas ("Pinus pinaster, ese amor ardiente", "Siempre queme llamas ", "La corteza de tu cuerpo ", etc.).

>> Todas estas probas foron consideradas insuficientes para declaralo imputado. Nin sequera foi suficiente indicio a súa petulancia e o seu exhibicionismo mantido ao longo da declaración.

>> Os dous axentes sufriron queimaduras de terceiro grao. As próximas detencións levaranas a cabo conxuntamente co Corpo de Bombeiros para evitar danos maiores.

>> No colmo da desfachatez, Secundino Chisqueiro "O Antorchita", chegou a dicirlle ao Xuíz cun cigarro nos labios: "a Súaseñoría non terá lume por aí, non? jajajajaja"

VIÑO DO RIBEIRO

ESPECTACULAR CAMPAÑA PUBLICITARIA PARA LANZAR O RIBEIRO AO INFINITO

>> O Presidente do Consello Regulador organizou unha campaña moi sofisticada coa que chamar a atención e, se pode ser, promover a venda do viño do Ribeiro.

>> O traballo promocional elixido foi un cartel con deseño xélido e acabadísimo; a consigna que contén é unha desafortunada metáfora axedrecística traída polos pelos, de interpretación pouco intuitiva e aínda menos eufónica: "A raíña dos brancos. Elixe Ribeiro, non a xogues". A estética resulta tan limpa e alonxada dos productos autóctonos que máis parece un anuncio de cremas hidratantes para o cutis. Iso sí: moderno, moderno que te cueces.

>> Un semiólogo da Universidade de Princeton conseguíu finalmente endereitar a revirada mensaxe publicitaria e recomendou unha versión "beta" máis asequible. Esta ten a vantaxe de insistir no erótico, que tan bos efectos comerciais ten producido para o Ribeiro... O resultado é este cartel impreso en folios A4 polo "Ribadaviense", pulcro, sinxelo e baratamente, coma toda a vida.

NACIONALIRMO

O BNG PROPÓN TRANSFORMAR A MATANZA DO PORCO NUN SOLEMNE ACTO DE AFIRMACIÓN NACIONAL: A "EUTANASIA PORCINA GALEGA"

>> Pretenden que a tradición da matanza, limpeza e desguace dos marraus sexa considerado unha celebración patriótica, un auténtico "FUNERAL DE ESTADO" supervisado polo Concello.

>> O líder local do BNG xustificou a proposta sen complexos: "Non cabe dúbida de que a matanza é un acto enxebre i popular de auténtica Afirmación Nacional para todos i todas. Sería imperdoable desprezar este importantísimo rito de autoidentificación indiscutiblemente galega". Por certo, hai cidadáns ribadavienses que non encontran moi axeitado iso da "autoidentificación" co tema dos porcos; sen embargo, outros din sentirse plenamente recoñecidos...

>> Lembremos que Fernando Rosendo (BNG de Avión) xa puxera alto o listón simbólico cando pedíu O AMPARO DUNHA CEPA AUTÓCTONA de 200 anos xustificando a hiperenxebrista solicitude con estas ocas palabras: “seguramente estemos ante o vestixio máis antigo dunha cepa e dunha caste de toda a Comarca do Ribeiro e do viño de Galicia". Os preocupados fabricantes da idea do Nacional farían mellor en amparar aos seres vivos actuais, quizais menos autóctonos e simbólicos pero bastante máis necesitados...

>> Na foto, un simulacro celebrado na Praza Maior, un Policía Local impón a un exemplar sacrificado (autóctono, por suposto) a condecoración municipal da Gran Zorza Nacional, con distinción Amarela de Segunda categoría.

>> Os matarifes que dean morte aos porcos desfrutarán dun cargo honorífico e organizaranse en confrairías. (xa hai dúas proxectadas: a de San Lacón de Prexigueiro e a da Santa Cachucha da Franqueirán).

 

g