|
RIBARRAVIA FODEMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO POR AMOR... :: SECCIÓN ARQUIVO 1ª ÉPOCA :: >>18 > 17 >16 > 15 > 14 > 13 > 12 > 11 > 10> 9 > 8> 7 > 6> 5> 4> 3> 2> 1>> ESPECIAL 1º ANO >> |
||||||
Campaña Ereccións Municipais 2007 >> Os partidos xa están empalmados. O que máis, o BNG, que editou un... dígamolo claramente, un lamentable vídeo de propaganda:
>> Obsérvese a manifesta indefinición estético-ideolóxica do inusitado artista, o Xabier Carreira, que protagoniza o vidrioclís. BREVES>> UN TURISTA A PUNTO DE MORRER NUN LOCAL DA PRAZA AO ATRAGANTAR CUN VOLUMINOSO PINCHO GRATUÍTO. Un home duns 60 anos de orixe belga, estivo a piques de morrer asfixiado na Praza Maior. Ao parecer, atoróuselle un tremendo pincho na metade da gorxa -xa saben, un deses pinchos tan voluminosos que cortesmente ofrecen os nosos locais de xeito gratuíto-. Só a providencial intervención dun Grumir, que dúas mulleres testemuñas deron en describir como musculado, suoroso, seguro de sí e moi varonil, salvou ao turista, quen agradeceu ao empregado municipal o seu xesto dándolle cen euros para axudar a pagar un remolque novo do destartalado Patrol.
A CONSELLERÍA DE SANIDADE ADVIRTE QUE NO CONCELLO DE AVIÓN EXISTE UN ALTO RISCO DE CONTAXIARSE COA "GRIPE CAVIAR" A ameaza, prácticamente insignificante para a maior parte da poboación, parece achar un sector moi sensible nesa localidade ultramontana. O individuo medio que podería chegar a contraela sería un home de idade media, con nivel de vida elevado, que viaxa en Mercedes con tapizados de orixe animal e goza dunha alimentación cara e exótica; se se trata dun emigrante retornado de México a probabilidade multiplícase por dez. As fontes de transmisión poderían ser as comidas fastuosas e o papel brilante dos Ferrero-Roché.
MONTE KALAMÚA, UN PASO MÁIS PARA FORZAR Á PRODUCCIÓN NA SÚA FACTORÍA DE SAN CRISTOVO Xa nos tiñan impresionados coa súa xestión de mandos, pero esta innovación resulta abondo chocante > A a solución virá duns membros... ou sexa duns encargados especialmente dotados para o mando. A súa misión será vixiar de cerca o funcionamento das cadeas de producción. > Segundo o Xerente trátase de controlar a homes e mulleres para que non deixen ocos libres (de tempo, claro) > "Por un lado, las mujeres se preocuparán de tapar bien sus huecos en toda la jornada; y por el otro , los hombres no bajarán la guardia, de eso estoy seguro". > El método está resultando infalible en países desarrollados como Sudán o Zaire, y hemos decidido aplicarlo por el bien de la empresa y de la Comarca". Impresionante... E as declaracións tamén: impresionantes.
PUBLICIDADE>> COLECCIÓN SUPERHEROES "NINGUÉN CHEGARA TAN LONXE CON TAN POUQUIÑAS ARMAS..."
>> FORO // CORREO // QUEN SOMOS // |
g |
URBANISMO XA HAI EXPLICACIÓN PARA OS INCRIBLES RETRASOS DOS TÉCNICOS MUNICIPAIS >> A tardanza de meses en obter un insignificante permiso para poñer un andamio, facer unha acometida aos sumidoiros ou arranxar unhas tellas ven sendo endémico en Ribadavia. Agora xa sabemos o motivo: o técnico encargado de facer os informes dedicaba o seu tempo a deseñar este impresionante conxunto arquitectónico da nova Casa da Cultura.
>> O veterán funcionario defende o seu controvertido proxecto así: "la idiosincrasia de este puebliño se encuentra implícito en la concepción de cada uno de los basamentos, en las elegantísimas curvas de la alzada como una clara referencia al abaneo alcohólico, y en la imprevisible cadencia de los elementos de fachada, que reflejan a la perfección el errático modus viviendi (sic) de un ribadaviense medio. Todo ello es evidente y no necesita más explicación, como usted comprenderá", aclarou con certa prepotencia ao noso reporteiro Resésigo. >> Os da Arrincadeira, que xa coñecen o proxecto, tamén van pedir subvencións para recoller aos usuarios do edificio e levalos as súas casas en autobuses: "Dos pubs recolleremos aos rapaces borrachos e da Casa da Cultura aos usuarios mareados; para que logo digan que non nos interesa a Cultura..." >> Por certo, ¿xa dixeramos que a xestión urbanística é unha tarefa que lle ven demasiado grande a un concello? MEDIOS DE COMUNICACIÓN TELE ARNOYA APOSTA POLA AXILIZACIÓN DOS SEUS CONTIDOS PARA ACADAR MÁIS COTA DE AUDIENCIA >> Arrancaron forte coa nova programación, da que se destaca unha moi meritoria OPERACIÓN TRIUNFO COMARCAL, que acadou bastante audiencia. Apuntáronse ao cásting centos de persoas, incluído un concellal ribadaviense que quere triunfar coa súa peculiar voz... Tamén cubriron noticias chocantes e sucesos escandalosos, carentes de todo contido, como calquera informativo nacional de nivel. >> O programa de "ZePPing" (cepa+PP) ten o maior share de todas as televisións do Ribeiro, máis que nada porque non hai outra. Achegamos unha minúscula mostra. (despois do texto estático, hai animación)
>> Para converterse nunha Tele xa totalmente fashion, so lles falta que o presentador Alvarito cambie a montura das gafas e solemnice máis a súa voz presentando as noticias e as sardiñadas locais "al modo Urdaci". COMUNICADO DOS BODEGUEIROS DO RIBEIRO: "ABANDONAMOS O MATUTE" >> Os membros do grupo RIBEIRO MATUTAK depuxeron simbólicamente os seus viños encabezados colocándoos encol da bandeira galega. >> Aclaran que "hai que negociar" e poñen prezo á paz enolóxica: "o reintegro das contraetiquetas falsas". O trato cos agresores vinícolas requirirá un arduo debate social.
>> As autoridades locais non deron reaccionado ante unha noticia de tanta repercusión; o PSOE fixo un comunicado oficial torpe e sen rematar que se iniciaba con "prudencia, moderación y consenso" e non dicía nada máis. O PP expresou que non hai que fiarse, pero que, >> Os bodegueiros acadaran niveis de tan escasa calidade nos seus viños que incluso os consumidores máis tolerantes coa purrela protestaban. >> Seguiremos informando en breve... CONMOCIÓN EN RIBADAVIA !! UN DESPLIEGUE POLICIAL SEN PRECEDENTES PERMITE IMPOÑER A PRIMEIRA MULTA DA HISTORIA FRONTE AO AMANDO >> Sheridan Montoya , veciño de San Paio, recibiu a sanción da Policía Local cando saía de comprar condóns da Farmacia: "Ay, paaayo, pero si a esta linia marilla no le hace caso naaaide"- argumentou case incrédulo antes de subir no seu batmanmóvil. >> O parte de multa, moi deteriorado, tiña o número 000003, e no pe figuraba o texto: "Policía Republicana de la Ilustre Villa de Ribadavia - Año 1931." Se conoce que non se viñan usando moito. >> Unha improvisada PLATAFORMA CÍVICA PRO-DEREITOS DE SHÉRIDAN saíu na súa defensa increpando aos Locais con fortes consignas do tipo: "Automovilista, non terrorista ", "Dereito nativo a comprar preservativo" ou mesmo "A línea amarilla, é pra quen a pilla", pero non evitaron a execución sumaria por parte dos axentes da autoridade.
>> A operación resultou extremadamente conflictiva. Tanto que os propietarios da Cafetería ameazaron ao Concello con interpoñer unha demanda jurídica (?). O motivo concreto manifestouno un dos amandos aos periodistas: "Nuestra familia lleva años inorando escrupulosamente las normas de Tráfico sin ningún poglema; para nosotros aparcar en lugar prohibido es ya una entrañable tradición. Osea que ahora no vamos tolerar bajo ningún conceto que después de pasarnos años y años el Reglamento por el forro de los cojones, estos sociatas de mierda vengan y nos arramplen los derechos costitucionales adquiridos frente a nuestro negocio". E añadiu: "Si hace falta vamos llegar a Extrasburgo" (sic).
>> Un dos axentes, non puido soportar a tensión e tivo que ser atendido da crise nervosa polos servizos sanitarios, O incidente tivo lugar pese a que os membros da Policía Municipal recibiran adestramento psicolóxico previo para poder afrontar a arriscadísima operación da multa, bautizada co nome de Terror Amarelo.
VITIVINICULTURA O PRESIDENTE DO CONSELLO REGULADOR DA DENOMINACIÓN DE ORIXE CONSEGUE PROMOCIONAR O VIÑO DO RIBEIRO... ¡¡¡ EN MARTE !!! >> Enviou un replicante seu para facer publicidade por toda a Galaxia. Chámase "DENOMINATOR" e está a acadar excelentes resultados no planeta Rojo. >> Francamente, cando o Sr. Bouza Escudero insistía en que "o Ribeiro «por imagen y por prestigio» tiene que estar en el exterior", non pensabamos que se referise a isto. Obstinado por vender o viño que eiquí non quere nin Dios, mandou ao seu metálico sosias cunhas botelliñas por todo o Sistema planetario. O máis sorprendente é que a súa voz fría e anodina parece que está a gañar o corazón dos extraterrestres... (PARA VER/ESCOITAR A ANIMACIÓN, PINCHA O BOTÓN)
>> No seu espectacular periplo vai sempre acompañado dun fiel >> Segundo información captada por Denominator en Ganímedes os ectoplasmas femia puxéronse cachondísimas con solo probar un par de copas de Pazo colleita 2000, o que pode abrir, aparte doutras cousas todavía sen definir, campos comerciais imprevistos e moi rendibles no futuro da viticultura. >> O replicante tamén transmitíu datos relativos á poboación marciana. Ao parecer os habitantes son moi enrollados e zóscanlle ao licor de sílice que da vértigo.
ALVARITO DE MARICHALAR BUSCARÁ UN RÉCORD NO EMBALSE DE CASTRELO COMO PARTE DUNHA CAMPAÑA PROMOCIONAL DE UNIÓN FENOSA > ¡¡ Dará voltas ao embalse durante 200 horas seguidas sen alimentarse máis que con Ferrero Rochés !! > O Combustible será "Pazo" colleita 2004 que saíu algo encabezado > Un gran bodegueiro de San Paio pagará vinte misas e porá unha pantalla xigante na súa Casa Rectoral da Parroquia para seguir o evento.
> O deportista sinala como perigos destacados "la posibilidad de degollarse con uno de los innumerables cables eléctricos de Fenosa que cruzan el cielo de Castrelo, caer al agua eutrofizada sin oxígeno, chocar con un político local espontáneo deseoso de salir en la prensa... y sobre todo los tiburones. Porque creo que aquí hay tiburones, y eso me preocupa enormemente". > O noso reporteiro aclaroulle que tiburón, que el saiba, só hai un, que pese ao temible aspecto da súa dentadura é un escualo de secano, traballa en Tele Arnoya e non morde e absoluto. > E iso de apoiar a unha empresa esquilmadora e destructora do medio natural? O señor Marichalar manifestou: "¿Ya estamos?¿Pero por qué siempre sacan a colación mi parentesco con la familia real? Mi actividad deportiva es noticia destacada en Belice, Gabón y la isla Kutcru en la Polinesia, o sea que no me importunen con tonterías..." Resésigo |
g |