R

>> PORTADA ACTUAL

>> ARQUIVO 2ª ÉPOCA

 

RIBARRAVIA FODEMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO POR AMOR...

:: SECCIÓN ARQUIVO 1ª ÉPOCA ::

>>18 > 17 >16 > 15 > 14 > 13 > 12 > 11 > 10> 9 > 8> 7 > 6> 5> 4> 3> 2> 1>> ESPECIAL 1º ANO >>

 

 

Campaña Ereccións Municipais 2007

>> No vidrioclís institucional do PSOE, a cópula directiva tivo a ben destacar no candidato Marcos Blanco a súa incipiente "pegada" pero sen descoidar a vis tolerante. O resultado foi esta americanada valeira e trunfalista.

>> Co entrenamento á beira do Avia Pretendían sacar partido aos camiños fluviais e dar un toque autóctono á campaña. Logo se soubo que a rodaxe realmente se fixera no Pisuerga e que o suor do candidato trucárono con auga mineral (sen gas).

Breves >>

RIBADAVIA, PATRIMONIO SOBREFOTOGRAFADO>>

> O Ministerio de Cultura calificou á Vila de Ribadava como "Zona Patrimonial Sobrefotografada" o que implica que os monumentos e rúas serán obxecto de protección estética

> Polo tanto, se limitará a febril actividade dos fotógrafos locais e o seu desaforado afán de reproducir calquera insignificante recuncho da zona histórica. A causa de tal medida é a sobreabundancia de reportaxes gráficas e carteis expostos nun lugar tan reducido.

> "Tanta reportaxe gráfica -di a Subsecretaria- podería chegar a saturar a curiosidade dos habitantes e dos turistas e derivar nunha prematura decadencia de tan destacado enclave cultural".

Para compensar, ofrecémoslles aos nosos lectores as fotos EN EXCLUSIVA dos dous únicos recunchos que quedan sen fotografar na Vila.

Un conceto:

Respecto ás caricaturas dos políticos locais, quede claro que non é a nosa intención o menosprezo persoal ou a súa ridiculización inxustificada. Neste caso do xogo da vosa dereita, o "mono" encaixaba perfectamente para os movementos da escena, e non ten ningún significado.

Non parece necesario aclarar que todos os personaxes destacados que aparecen eiquí merecen o mesmo respecto que calquera outro cidadán, pero por se algún despistado se nos ofende, quede constancia do dito.

Iso si, as críticas aos partidos que representan son voluntaria e xustificadamente malintencionadas, como é o caso que tendes a continuación:

 

PUBLICIDADE>>

"XA QUE TE VAN FODER, DEIXA QUE O FAGA UN PROFESIONAL"

>>Minicentrais a tutiplén >>Concentracións parcelarias a voleo >> Asaltos a parlamentos "rojillos" >> Contratos para os amigos >> Pulpo e subvencións para afiliados

 

BOMBASO INFORMATIVO !!

(incúe vídeo-documento)

>> Algúns BODEGUEIROS DO RIBEIRO reuníronse en segredo nun hostal de Madrid PARA PACTAR UN PREZO Á BAIXA DA UVA.

(Tipiño xura que a foto non é trucada)

>> A consigna básica foi: "Cambiemos algo para que todo siga coma antes ", é dicir, adegas industriais, algúns productores bos para dar prestixio e centos de viticultores mal pagados regalando a materia prima.

>> O acordo foi tan celebrado que un coñecido alcalde bodegueiro exclamou: "TODO PERFETO, SI SEÑOR. AGORA, AS PUTAS PÁGOAS EU"

>> Os "Ribeiro Matutak" trucaron un vídeo dun matuteiro "arrepentido" (realmente é un actor), co que pretenden simular o sinceiro inicio dunha traxectoria máis decente... Temémonos que o "Ribeiro tradicional" vai seguir existindo...

FORO // CORREO // QUEN SOMOS //

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

d   f

 

ERECCIÓNS MUNICIPAIS 2007

O PP SORPRENDE CUNHA INSÓLITA CAMPAÑA PARA CAPTAR O VOTO HOMOSEXUAL

>> O Partido Popular ten como prioiridade nesta campaña recabar os votos dun colectivo sen explotar e desfacerse da fama de homófobos. Os alcaldables sorprenderon cuns mitins superquentes que foron recollidos neste espeluxante vidrioclís.

 

 

>> En Ribadavia, un demoledor Celso Caracas gratificou aos veciños cun sensual e acompasado contoneo de pezóns no medio da Praza Maior. O calor do mitin acadou tal nivel que o George tivo que ser agarrado pola Garda Civil para evitar que violase ao político local...

>> A ríxida e deslabazada coreografía executada polo alcalde foi o máis destacado dos actos en Beade; ninguén daba creto ao ver a don Senén, un franquista feito e dereito que lava os collóns con xabón Lagarto e auga fría (cando hai auga...), meneándose en roupa interior na cima dun palco...

>> En Arnoia, Rogelio Martínez implicadísimo no seu papel de loba libidinosa, namorou a canto gai había no contorno. Incluso algún veciño ben macho, non puido evitar piropealo: "Aiii, quen che pillara o pemiento, juarrita mía !!"... O éxito sexual non foi cuestionado nin polo propio PSOE.

Agora tócalle facer paiasada á oposición. ¿Disfrazaranse de rumanas con panos á cabeza e saias ata o chan para gañar o voto inmigrante? Francamente, non gañamos para sustos...

 

 

O CONCELLO ORGANIZA UN FESTIVAL PARA ELIXIR AO LANZADOR DE FOGUETES MÁIS INSOPORTABLE DA COMARCA

>> Co comezo do bo tempo contaremos cos fogueteiros amateurs máis molestos de entre todos os que practican esa afición sen control ningún. O Concello xestionará a súa selección nun concurso público.

>> Valoraranse parámetros típicos, como a capacidade para trasnoitar despois de que remate a festa, para elixir as horas máis intempestivas e despertar aos veciños a jolpe de petardo voador, ou a habilidade para prender a mecha e gardar o equilibrio nos seus lanzamentos en estado ebrio.

>> A Concellalía de Festas outorgará premios en varias categorías: segundo o tipo de celebración (festa patronal, comida familiar ou talanquera espontánea); segundo o grao de estruendo (molesto, irritador intermitente e insoportable), e segundo o carácter do lanzador (infantil ocasional, tocacollóns permanente e Gran Fillo de Puta).

>> Algúns veciños de San Cristovo crearon hai días a Asociación denominada moi significativamente "Así-revente-na-cabeza-de-tu-puta-madre-cabrón-de-mierda-mira-que-horas-de-tocar-o-carallo-cos-fuegos" coa fin de crear estratexias que eviten esas manifestacións enormemente molestas para os traballadores e a poboación sensible. Pretenden que o Concello prohiba a contaminación acústica sen control e deixe de considerar o lanzamento de "fuegos" unha natural manifestación da cultura popular...

 

::: ESPAZO PATROCINADO :::

 

A DEPUTACIÓN PROMOVE UNHA RECONVERSIÓN INDUSTRIAL ESPECTACULAR NO RIBEIRO: "CREAREMOS ALTA TECNOLOXÍA"

> Así o anunciou o Sr. Baltar, Presidente da Deputación, quen añadíu : "A prudución de videoconsolas e compoñentes letrónicos sustituirá ao osoleto parque industrial da Comarca.

> E remarcou: "Ante a incapacidá do Psoe, quitarémoslle algo ás subvenciós dos nosos colegas e convertirémolo en prosperidá para la Vila "

> Curiosamente, a cúpula do PSOE deu o primeiro paso no camiño marcado pola oposición e xa teñen proxecto: "SUPERMARCOS BROS, The Game" . O superheroe agarda prudentemente a que os outros tropecen coas súas propias limitacións para situarse no podio da política local no momento preciso. Un pracer para amateurs na súa versión 3.0

> Respecto ás EMPRESAS, Ataúdes Chao xa se apunta como a pioneira neste innovador campo e apostará forte pola tecnoloxía para saír da crise.

> Velaiquí a versión beta do seu futuro producto estrela, un xogo baseado no lexendario Tetris, só que a versión local se chamará TÉTRIKIS (algo tétrico sí que é...). Probade, probade:

 

ECOLOXÍA

A XUNTA DE GALIZA TOMA MEDIDAS SERIAS PARA POÑER FIN AOS INCENDIOS FORESTAIS

>> Touriño e Quintana Jones deciden acabar co inferno do lume. "O anticuado método da prevención xa se ve que quedou obsoleto. Por iso estamos a adoptar medidas radicais e imaxinativas. Podemos decir que práticamente a batalla xa está ganada i controlada". así o manifestou o Vicepresidente.

>> Un novo Corpo de Elite de funcionarios da Xunta xa actúa nos focos de lume, pero non coa misión de aplacar lapas, senón a de xenerar "autoconcienciación lúdica dos danos". "Trátase de quitar severidade aos sinistros, de dar unha visión positiva e festiva neses momentos, digamos, delicados." -dixo o Concelleiro do Medio Ambiente que Queda.

>> Na foto, vemos en acción ao Grupo de Emerxencia Hidrolúdico "O Chafarís Xogetón", do núcleo operativo de Moaña.

>> A medida durará o que dure a tempada de lume, como todos os anos. Logo os funcionarios dedicaránse a tarefas de propaganda institucional moito máis relevantes para a Comodidade Autónoma de Galiza.

>> Limpar montes, establecer grupos de vixiancia permanentes, corresponsabilizar aos entes locais nas tarefas de mantemento, a repoboación forestal axeitada e o incremento das forzas de seguridade adicados a estes delictos, de momento non se aplicarán dada a tradicional ineficacia deses mecanismos e a escasa relevancia dos danos producidos.

>> Aramís Fuster será contratada para averiguar a causa dos incendios que tras máis de 20 anos seguen a ser unha dúbida de índole metafísica para as Forzas e Corpos da Seguridade do Estado. Non obstante, en Carballeda de Avia foi detida unha mafia de meniñas de 5 anos mentres xogaban ás cociniñas no patio da súa casa; alí incautáronselles dous encendedores de plástico e unha bomboniña. Neste momento están sendo interrogadas.

Novas relacionadas >>>>

fondo de Foto de "A Voz de Galiza" (Miguel Riopa)

--------

 

ESTA REVISTA ESTÁ CO-PATROCINADA POR:

<<> TELE ARNOYA <>>

f