|
Valetodo |
||||||
|
|
g |
ARTESANÍA EMOCIONAL E OUTROS "CONCETOS".-
Aclaro que, para min, non é o mellor bodegueiro do Ribeiro (o mellor é veciño seu, e non resulta tan fachendoso...). Sen embargo, admiro a súa excelente estratexia de exhibir unha inflada autoestima (o viño chámase "Emilio Rojo", precisades máis probas?), tan necesaria nestes momentos nos que a metade da valía dun producto baséase na súa promoción, na súa credibilidade. Porque hai algo que si resulta evidente: Emilio Rojo é o mellor vendedor de viño do Ribeiro, e del teñen que aprender moito todos os demais. Lede o artigo e fixádevos que se ten que dicir que dentro dunha orografía tan peculiar e variada coma do Ribeiro el dispón dos mellores bancais, pos sóltao; se lle convén manter unha imaxe persoal bohemia, de caprichoso e perfeccionista que durme nun palleiro vixiando as cubas, amósaa; e se lle quere dar unha interpretación "emocional" ao seu periplo vital de enxeñeiro exitoso que retorna aos ancestros galaicos máis por impulso xenético-sentimental ca económico, pois déixao caer e queda tan ancho. A cousa está claro que lle funciona. Vendeu con moito éxito o seu viño por bastante máis do que vale, destacando moi por encima dos demais profesionais do seu campo. A ver se aprenden os esnobs que están a facer bodegas superchachis e curriculum vitivinícola a jolpe de talonario, sen crear "atmósfera" nin personalidade para ningún dos seus productos. Emilio Rojo, felicidades pola túa traxectoria profesional. Agora ben, quédeche claro que cada vez que coincida nun local contigo e te escoite proferindo filosofadas etéreas, apartareime inmediatamente para evitar poñerme cardíaco. Sen embargo, non deixarei de probar o teu excelente viño. (ver noticias relacionadas >>>) URBANISMO AO CHOU.- Non é por desprezar, pero dubidamos moito de que un concello pequeno teña capacidade suficiente para definir correctamente a ordenación urbana dun territorio. Pensamos que esta é a situación actual en moitos entes locais: un técnico, con limitada e moi específica formación académica Pero, ademais da boa fe das administracións locais, consideramos imprescindible que as súas decisións se vexan sometidas a unha maior e máis regulada supervisión por parte doutro organismo técnico-administrativo, unha entidade pública que dispoña de funcionarios cualificados, de xeito que poidan prever e resolver obxectivamente as enormes implicacións das construccións das nosas cidades. En resumen, nós non lle daríamos a total competencia en materia urbanística a un concello, como tampouco lle encargaríamos a resolución dun teorema a Cañita Brava. Queda claro o exemplo, ¿non?
AUTOMOBILICIDIO. O uso masivo dos vehículos a motor converteu o transporte por carretera nunha actividade na que prima o egoísmo, a inseguridade, a insalubridade, a alienación... e a morte. > Coa fin de disimular este ENORME > Ou sexa, din que a culpa é toda nosa. Somos bebedores, despistados, iracundos, neglixentes e con tendencias homicidas: iso é un conductor segundo os seus datos. Nesa errónea concepción baséanse cando criminalizan comportamentos case habituais e endurecen as penas ata uns niveis asfixiantes. Pero, ¿é evitable a cultura do coche e as conseguintes mortes? Sí, claro que o é, pero esa "non é unha opción viable". SON ELES QUEN NON QUEREN EVITAR ESE NIVEL BÁSICO E INACEPTABLE DE MORTOS para que a súa perfecta maquinaria de sacar cuartos siga funcionando. > Os que "velan pola nosa integridade" saben de sobra que hai un punto en que non se pode modificar a estatística porque as persoas somos o que somos e nunca poderemos facelo mellor. Non poderemos estar atentos ao volante ao 100% durante tres horas seguidas; non poderemos estar tomando precaucións os 365 días do ano sen ter un so despiste. > O que sí se podería evitar, repito, é este sistema absolutamente dependente do transporte privado que orixina mortes a milleiros, pero non só cos accidentes, senón tamén por contaminación e nunha cifra aínda moito máis escandalosa. > O TRANSPORTE COLECTIVO, resulta indiscutiblemente moito máis rendible e sostible, pero os donos desas potentes empresas son os mesmos que pagan as campañas electorais son grupos que manexan os fíos políticos e, naturalmente, non van cambiar un estilo de vida co que obteñen a súa riqueza... Os datos son crueis, pero perfectamente constabables. >Podemos dicir, en rigor, que os gobernos dos países desenvolvidos están a cometer constantes automobilicidios, e o que resulta todavía máis chocante: bótannos a culpa a nós. Pero o disparate non son os nosos comportamentos, senón o anómalo desenvolvemento que eles promoven e do que se benefizan. Polo menos, que saiban que non tragamos.
"TONTOS, QUE SODES TONTOS" Se o intentamos nun laboratorio, non sae mellor. A profesión de político é a máis agradecida de todas cantas hai, e parece calculada para conferir innúmeras vantaxes ao que a acolle como forma de vida. Un mínimo esforzo inicial, unha privilexiada colocación de saída ou un golpe de sorte permite obter o máximo rendemento económico e social coma en ningunha outra actividade. Responsabilidade? Ninguna. E Non esaxero: dende alcaldes franquistas ata ministros especuladores; dende presidentes de Autonomías ex-represores ata empresarios arruinados; a quen deles lle foi mal na política?
A orixe profesional dun político básico de calquera nivel pode ser moi diversa: profesor universitario, enfermeiro, animador de cruceiros de luxo... Pero ao final, moitísimos deles converxen, coas súas variadas aptitudes –ou, como resulta tan frecuente, coas súas desgrazadas carencias- nunha característica funcional básica: A DESFACHATEZ. Só con dispor deste atributo son capaces de acoller como propios os trunfos alleos, calificar os fracasos do seu grupo como se fosen erros provocados por outros e unha infinidade de manobras que atentan contra a intelixencia humana; e, claro, todo isto, sen a menor repercusión nas súas traxectorias... É moi dificil negar que nese xogo inmoral se desenvolve toda a súa actividade, toda a súa dialéctica previsible, que os mantén sen esforzo nun posto relevante. E digo máis: todos os cidadáns temos asumido que a única linguaxe política a día de hoxe é esa: unha oscilación ataque-defensa totalmente valeira de contidos, baseada en indicios, en tópicos e en estéticas grupais. O demáis, ao chou; segundo vaian vindo as tendencias, vanse improvisando as consignas. ¿Que pensarán dos cidadáns? Pois pensarán: “Estes non saben nin o que queren. Tontos, que sodes tontos”. E, francamente, teñen razón. Quero dicir con isto que o máis escandaloso, o irritante para a xente con sentido común, é que temos que recoñecer que esas manobras burdas verdadeiramente funcionan, os seus efectos pódense ler obxectivamente nas estatísticas e nas intencións de voto. E aí, chegamos á Nai do Cordeiro. Se calquera falabarato pode artellar unha descerebrada pero eficaz defensa da súa posición con dúas fases palmarias sacadas de contexto; se poden ir dándose relevancia cunha simple idea prefabricada polo seu grupo político ou por unha opinión que circule a través dos corifeos políticamente orientados (prensa); se non se precisa utilizar o sentido da equidade e da decencia, a capacidade de diálogo e as sutilezas ideolóxicas; se resulta inconcebible a posibilidade de que outro teña algunha vez -¡unha soa vez!- a razón, que ten que ver a política coa intelixencia ? Nada. Son cousas distintas. A política é unha actividade que –sen entrar a valorar ás persoas concretas que a exercen- está feita por e para descerebrados. A dinámica non pode ser máis empobrecedora: sae un acontecemento políticamente aproveitable a nivel local ou nacional (v.gr. Otegui botou un peido) e a maquinaria propagandística comeza a súa previsible e superficial andaina: todos sabemos o que van dicir, pero teñen que manifestar a fraseciña de turno coa voz engolada e o xesto preocupado. Porque as súas manifestacións son “marca de la casa”; como os logotipos, xa coñecemos a quen representan e non precisamos coñecer o producto en si (por outro lado, básicamente idénticos en todos os partidos). O malo que o producto eiquí debería ser a vertebración social, as decisións económicas serias, o reparto da riqueza, o sostemento dos ecosistemas... Pero iso pode esperar. As eleccións están aí e os animaliños mellor adaptados a estes tempos non van perder o tempo en detalles que non lles benefizan a curto prazo. O máis adaptado –dicía dalgún xeito Darwin- non é o animal máis bonito, áxil, lonxevo ou solidario, senón o que ten máis éxito reproductivo... E eles teñen uns órganos xenitais moi eficientes para reproducirse: as urnas. Deámonos, pois, por fodidos. Por tontos, que somos tontos.
SANTIAGO, PARQUE TEMÁTICO A cobiza non sempre ten forma definida, pero tende a ocupar espazo, moito espazo. Podémolo comprobar hoxe na sobria e inmensa PRAZA DA QUINTANA, unha magnífica obra froito do ensimismamento espiritual dos nosos antepasados. Seguramente acordaron construíla baseándose nunha idea trascendente na que creían naquel momento; pero tamén ordearon esmeradamente esas toneladas de pedras coa intención de deixar para as xeracións vindeiras un sinal perdurable da súa existencia, da súa concepción das cousas. Hoxe está claro que os tempos cambiaron abondo, pero non tanto como para que a este grandioso alegato se lle poida arrebatar a súa integridade estética. Ninguén discute que non podemos de deixar de "habitar" cada un dos espazos históricos; case sería contraproducente. Sen embargo, tampouco se pode negar que a Quintana forma parte dun logro arquitectónico esencial para Galiza e para Europa, a Catedral de Santiago; que ese espazo arrodeándoa ten un sentido espiritual e cultural deliberado e relevante; que é o auténtico punto neurálxico do noso Patrimonio. Xa postos, ¿por que non poñen tamén terrazas na Praza do Obradoiro? Pois porque estoutra ala do Conxunto "ten algo menos de relevancia", diferenza suficiente para que os cidadáns traguen e eles metan o dente... Eses son os delicados espazos que tamén acaba ocupando a cobiza. É lexítimo interpretalo como parte dun inmenso decorado comercial para turistas ? Así pensan na actualidade os donos de todo... Sempre houbo donos; a diferenza é que os que antes concebían a beleza como representación de algo superior, hoxe están encarnados por uns palurdos con vocación productiva e sen inquietude espiritual ningunha. Chámanse alcaldes, subdelegados e vicepresidentes. Esta aberración da foto exhibe un dos seus gloriosos subproductos. O exposto non habería nin que explicalo, xa se nota por instinto, pero a mala sorte é que nestes deslabazados tempos o respecto non é computable en euros pero o espazo sí que o é, e vaia se o é... E a moi bo prezo, por certo. Consecuencia diso, temos que este lugar magnífico, de pureza desafogada e rectilínea que viña lembrándolle aos homes a elevada idea que tíñan da súa propia posición do mundo, acolle hoxe unhas PUTAS TERRAZAS DE MIERDA nas que podemos frivolizar, laretear e comer patacas para maior gloria dun deus oco e aturullado. Se conoce que as vulgares autoridades queren coidar aos seus cidadáns-votantes permitindo que engulan grotescamente Coca-Cola no medio dun dos enclaves da espiritualidade de Europa. Son listos e saben ben que, efectivamente, as nosas necesidades xa non son profundas senón dun esteticismo afectado e valeiro. Ademais, se de paso se poden chuchar uns cartiños grazas aos impostos polos servizos patrimoniais prestados, que lle vaian dando moito polo cu ao espiritual, non si? Pois si, e así nos vai. Este conxunto arquitectónico, fascinante expresión do temor a un deus rigoroso e antigo, énchese agora coas manifestacións dun insaciable amor por outro deus moito máis estricto: o Lucro. Non pode quedar un oco sen aproveitar económicamente, por máis significativo, por máis relevante que sexa. Trátase dunha nova relixión monetaria e non hai loita posible contra un deus tan prepotente... A diferencia entre as crenzas daqueles séculos e a nosa relixión consumista é que aquelas producían marabillas en pedra; a nosa celebra as ridículas liturxias con axetreo chachi, patatiñas Lays e lixo, moito lixo. Zé
|