RIBARRAVIA

ARQUIVO (2ª ÉPOCA). Estás na páxina A

segue...>> A / B / C / D / E/ F / G / H / I/ J / K / L / M

>> ARQUIVO 1ª ÉPOCA >> PORTADA ACTUAL

 

A CONCELLALÍA DE CULTURA FINANCIA UN SATÉLITE PARA EXHIBIR POR TODA A GALAXIA OS ÉXITOS DA MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO RIBADAVIENSE.

>> Ninguén saía do seu asombro cando dende o Campo de Fútbol de San Cristovo se fixo esoutro día o lanzamento da sonda espacial SputMIT ao espazo exterior, o proxecto máis ambizoso do Concello nos últimos anos.

>> "É algo absolutamente novedoso e cumpre unha dobre función: amosar o glorioso momento do nosso teatro e captar a atención na Galaxia doutras civilizacións similarmente similares á nossa: sen industria, sen comercio, sen tecnoloxía punta, pero cunha infinita afición polo espectáculo", mantivo con certo descaro a edil de Cultura.

(ten sonido)

 

O CONCELLO DEDICOU UNHA GRANDE PARTE DOS PRESUPOSTOS MUNICIPAIS A CREAR UNHA FACTORÍA DE EVENTOS CULTURAIS SUBVENCIONADOS.

>> "Mira, éche moito máis práctico. Total,estabamos a gastar un Plotosí en subvencións de actos parideiros. Por iso decidimos meter cartos nunha nave industrial e producir de forma masiva. Trátase de aforrar gastos e desenvolver todo o noso potencial cantamañanas tan autóctono ", dixo o Concellal responsable.

 

>> A nave, sita no Polígono de San Cristovo, foi inaugurada sen sobresaltos importantes. Só se diu o caso de que un producto medio peneque da sección "paparotas" foi parar accidentalmente á cadea de "festas pachangueiras" e non parou de soltarlles inconveniencias ás lobas da minifalda, que cesaron en canto o dito elemento foi empaquetado para reparto.

>> Polo demais, o Alcalde manifestou a súa completa satisfacción pola inversión realizada: "A empresa, o que é dar non vai dar un can, pero crear ambiente cultureta é o que mellor sabemos facer na Galiza de hoxe en día, por iso cómpre mecanizarse. En breve estaremos en posición de exportar a outras provincias".

O NOVO LÍDER LOCAL DO BLOQUE RELANZA AO PARTIDO CUNHA FÓRMULA MIRAGROSA.

>> Tras o inxustificable relevo do candidato Carreira Sebio, o novo líder vai a rachar. "Vou cambiar radicalmente o nosso xeito de funcionar para saír do ostracismo político ao que estamos sometidos neste municipio"

>> Di estar preñado de ideas. E para amosalo xa se enfrontou a un aspecto orgánico fundamental: "Cruzóuseme o cable e xa pensei en cambiar o logotipo e ata mandei imprimir un folleto. É que eu son así, un crack! Para que logo vaiades dicindo babosadas de que nola collemos con papel de fumar para tomar as decisións e tal e cal!"

>> O folleto en si -de estética máis que tradicional, cutre a matar-, desvela unha vocación práctica bastante descarada e apela ao instinto de supervivencia. ¿Ou a vos non vos parece que se desmarca dos tradicionais abaneos ideolóxicos typical BNG que os traían tan de cabesa? En suma, o esencial agora vai ser non verquer o pulpo.

 

 

publicidade