NOTICIAS | ARQUIVO (inicio) | FORO
  ·· BREVES  

marzo09 > abril 09 > maio 09 > xuño 09> xullo 09

 

>> estás na EDICIÓN- MARZO 09

O Partido Popular pon a punto aos seus alcaldes máis rancios para encarar a nova lexislatura na Xunta

FEIJÓO MANDOU REVISAR A FONDO AOS EDILES MÁIS QUEIMADOS PARA NON DESAPROVEITAR A DEBACLE ELEITORAL DO PSOE/BNG. |Reolines Capalsoro

>> O de Arnoia, Rogelio Martínez, foi o primeiro en pasar pola ITV. Se conoce que o líder do PP galego considerou a este representante o máis vulnerable, tendo en conta os seus frecuentes devaneos coas subvencións e as súas prácticas feudais profundamente asentadas.

>> Ao tÉcnico de mantemento levoulle varias horas reconectar os centos de enchufes que levaba DENTRO. "Houbo que andar con moito ollo porque os seus circuítos eran xa unha maraña de estraños contactos que se foron corrompendo ao longo dos anos. É máis, so con tocalo mandaba cada bimbiazo de mil hostias. Pero ao final todo foi ben; incluso aproveitei para rebaixarlle algo as culatas e tunearlle un pouquiño a calva."

>> A intervenciÓn foi retransmitida en directo por Tele Arnoia e para darlle efecto dramático foi misturada con imaxes pirateadas do Doutor House. Pola súa parte, Baltar envioulle ao líder local unha pranta para que saiba canto lle importa nestes delicados momentos: un pemento. Vamos, que a pranta que lle enviou foi un pemento.

O Concello de Ribadavia aposta forte na súa campaña desinformativa e crea a súa televisión local: "Tele Ribeiro"

>> O seu programa estrela, un novidoso concurso de baile chamado MQT (Mira Quen Traga), reventa audiencias grazas ás soberbias actuacións dos New Kids on the Bloque e das dúas estilosas "membras" do Psoe, Manolita Continental e Belén Rubiabote. Tampouco pasou desapercibida a solvente colaboración do presentador Javier Sendín, moi favorecido co seu novo look de tendencia metrosesual...

>> A sabotaxe de Tele Arnoia e a obtención de fondos propagandísticos xestionados polos promotores do Vertedeiro, están a favorecer que a televisión de Ribadavia se constitúa na líder absoluta de control mediático da Comarca. Dos elaborados desinformativos e dos infumables programas de actualidade que están a crear iremos dando cumprida conta en sucesivas ocasións.

 

O Alcalde de Beade transforma en farola ao concellal do Psoe Sr. Carreiro para sacarlle proveito ás súas protestas diante do Concello.

"XA QUE NON TEN NADA QUE FACER, POLO MENOS QUE ILUMINE, QUE CARALLO !" dixo Senén Pousa. |Ripaldo Faramontaos.

>> as persistentes e inecesarias queixas do concellal pola falta de convocatoria de plenos levaron ao arroutado Alcalde de Beade a tomar unha decisión contundente: convertelo en farola ao pé do Concello, lugar onde, ao parecer, Miguel Anxo Carreiro pasa un desproporcionado número de horas laborables.

>> senén aclara que fora do que a Lei obriga, non hai necesidade de ver caras desagradables no Consistorio, pero xustifica a medida dun xeito un tanto arbitrario: "Mira, neno, o Carreiro non che é de botar unha brisca nos bares, e na casa tampouco che debe parar moito. O de farola municipal para él é un puestazo de catejoría. E moito ollo, porque a luz que reflicte a cabeza deste ser humano chega ata o Monte do Faro. Vamos, que non che minto se digo que ademais de aforrar custos se trata dunha cuestión dumanidá, e xa verás como co tempo mo acaba agradecendo. Sinón, altiempo".- declarou con certo cinismo.

>>> DO APARTADO PE DE FOTO (ARQUIVOS MARZO 09)

···| Véndese mampara de ducha sen estrear

De sacar á venda este grotesco pegote, que racha ridiculamente coa estética do edifizo da Escola de San Paio, poderíaselle facer prezo a quen a compre xunto con un bo número de ordenadores que se amontonan inutilmente na primeira pranta tras unha lamentable falta de cálculo. A duns políticos locais sen ideas frescas e obsesionados por sacar renda política a calquera chuminada.

···| Véndese "observatorio de aves" para usar como "observatorio da merda"

Non é mala idea: un WC situado nun entorno tan íntimo, con cheiro a natureza e cunha ventaniña para curiosear mentres un fai de vientre... Non é por nada, pero a min xa me están entrando as gañas de evacuar. E ademais de ser un auténtico pracer, resultaría todo un luxo porque o retrete, aí como o vedes, custounos a todos 5 millóns de pelas...

···|Este ano parece que non se publicaron tan orgullosamente os resultados eleitorais

Nesta ocasión, nos arredores do Colexio eleitoral apareceu arrugada nunha papeleira esta folla de resultados autonómicos. Outrora exhibíanse pegadas á porta durante semanas, pero esta vez a algúns debeu darlles vergoña que un partido gobernante se vise superado nesta pequena localidade en case un 50%, e iso que viñeran desfrutado de 4 anos de propaganda mediática, de fondos ilimitados e de capacidade infinita para colocar amigos... Será que a xente non traga tan facilmente? Será.

···|Veciños con collóns.

O drástico cambio de traxectoria aínda non nos deixou reflexionar sobre o movemento contra o Vertedeiro, pero eu xa teño claro algo: houbo boa xente no Ribeiro que lle botou pelotas, moitas pelotas. Este comerciante pronunciouse contra o Parque sabendo que un bo número de potenciais clientes poderían tomar represalias. Coma el, outros exemplares comerciantes, empresarios con contratos pendentes no concello e xente con fillos en paro deron unha auténtica lección de moral e de coraxe ensinando os dentes á administración. Opino que cousas coma estas deben ser recordadas para dar exemplo de civismo. Creo que xa lles din varias veces as grazas, pero por se acaso doullas de novo: grazas veciños.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

··> O Alcalde de Castrelo insiste en facer unha estrada á súa medida, pero os veciños consideran que vai quedar moi ancha.

¬ O problema, ao parecer, radica en que non foron os técnicos, senón o propio Xurxo, quen estableceu en base a cálculos propios o ancho que debe ter a carretera. Algúns denunzan que así va quedar moi pouco espazo para o arcén...

¬ "Isto é unha cousa sen xeito -protesta un afectado- Se a autoridade local aínda fose, poñamos por caso, un estilizado Marcos Blanco, seguro que sobra sitio para unhas aceras de campionato. Pero o carallo é que nos tocou o Jorge de alcalde, que tamén xa é mala sorte..."

··> Carballeda, único concello do Ribeiro en facer un seguimento absoluto na "HORA DO PLANETA".

¬ "Foi fácil"- dixo, o orgulloso pedáneo da localidade Teodosio Abraldes. "Só temos unha bombilla para cada 50 vivendas, por iso todos fixemos un apagado solemne coa fin de evitar o quecemento do planeta... e das bombillas, porque cando se funden o concello tarda unha eternidade en poñer outras... "

··> Un estudo revela que a vida sexual dos axentes da policía local mellorou un 69% tras a renovación do seu Parque Móbil .

¬ A declaración dun dos policías á que tivemos acceso é ben significativa: "Eu flipo, só con parar o coche diante do Amando as pibas comezan a arremuiñarse ao noso redor con calquera desculpa, por exemplo para preguntarnos onde queda á rúa Carballiño. Joder, será que Ribadavia ten moitas rúas..."

¬ E continúa: "Eu, dígoche de mi verdá, colega, nótome... como explicarche... cienporcién entonado, como cando metes un pelotazo de Gingseng con Viña Costeira... non sei simintiendes. Ademais quitáronseme todas aquelas inseguridades e aquelas tonterías. O 4x4 inspírame cando estou de servicio. E pola noite igual: cando chego a casa, "María, xa sabes: 4x4, pinpán, pinpán! Así como cho conto!"-declarou exultante.

··> A POLÉMICA ESTATUA QUE CARBALLEDA LLE PRETENDÍA DEDICAR A PACHI VÁZQUEZ QUEDA INACABADA.

¬ Para colmo, Pancracio Abegondo, o seu autor, denunzará ao Concello por impago: "O aborto do Parque Ambiental non xustifica que se deixe de recoñecer o meu tremendo esforzo creativo. Porque a ver quen é o guapo que me di que non souben plasmar na pedra o espírito incondicionalmente agradecido deste puebliño remoto cun dos seus máis dotados prohomes."

¬ A Corporación Municipal ofrecerá ao artista un acordo, pero coñecendo o xeito que teñen en Carballeda de agradecer as cousas, o autor parece que vai refusar calquera intento de "satisfacción" que non sexa en metálico.

 
·· Flash
 

 

····| Marcos Blanco operado de urxencia na Residencia de Ourense: o freniño da língua trabóuselle perigosamente ao pronunciar a palabra "medioambiental" ata provocarlle ansiedade e síntomas de asfixia.

 

····|Os traballadores da Oficina de Desenvolvemento do Concello conseguen, tras catro horas de extenuante persecución, atrapar un mosquito. Brais Fidalgo foi o encargado de anotar o feito no Libro de Rexistro correspondente.

 

····|Un espeleólogo descubre no fondo da "Huella del Gato" unha banda de morcegos que manexan con soltura o Windows Vista.