|
ARQUIVO (2ª ÉPOCA)- (contidos especiais) segue...>> A / B / C / D / E/ F / G / H / I/ J / K / L / M >> ARQUIVO 1ª ÉPOCA >> PÁXINA ACTUAL
CATRO APUNTES SOBRE A EXITOSA MANIFESTACIÓN QUE TROUXO A ESPERANZA AO RIBEIRO >> Estes son os "4 gatos" dos que falan os canciños obedientes do Pachi. Eu vexo moitos máis, pero tanto ten. Acudiron pouco máis de dous mil pero sábenme a gloria. Foron un mundo, un número inmenso tendo en conta o silenciamento mediático e a disciplina grupal que impuxo con sinistra eficacia o signiore Pachi sobre a súa banda local de muditos cabizbaixos.
>> Emociónanme estas fotos. Nenos e pais, anciáns e rapaces, traballadores e artistas que non se conforman. Aí están. Como que fosen 300 (cálculo do político residual-reciclado Fidalgo...), nesta loita non hai número que valga: os ribeiraos sábense do lado bo, e aí estiveron para dar exemplo. Por certo, os policías locais bostezaban de aburrimento e a Garda Civil só tiña por alí algúns axentes tomando notas. Non se escoitou nin un insulto. >> ¿E isto de abaixo, para os xunteiros que é? Pois está claro: un perigosísimo Cura Borroka . Aí o tendes, todo un cura anti-sistema
Menos mal que Don Benito, se preocupa do que prexudica aos seus fregueses, porque hai conselleiros que a iso non lle dan a menor relevancia.
>> E claro, estes das bandeiras serán os famosos "10 señores del PP"... Seguramente o reciclado Fidalgo Non vos fiedes da cara inocente da espelida moza das pulseiras: debaixo escóndese un auténtico Benito Mussolini de catro pares de pelotas... Por certo, ¿o logotipo da Falange levaba verde?
> Tamén houbo no medio exaltados anarquistas. Xa sabedes, deses rapaces Ou ao mellor, só quere evitar problemas de saúde e que as súas fincas, cultivadas con exemplar esmero, produzan un viño do Ribeiro verdadeiramente digno de chamarse como tal. Así de simple. Pola miña parte, encántame velo nun momento tan significativo lucindo publicamente unha sinistra Máscara-NON que eu deseñei para esta causa. >> Pensarán os pro-mierda que tampouco podía faltar un grupo de artistas con tendencias de ultradereita... Porque todo o mundo sabe que esta xente do mundo da farándula é voluble e Será por iso que Mabel, actriz, lanzou unha emotiva arenga chea de argumentos: para gañar favores entre os fascistas. Debe ser por iso que se achegou a unha Vila perdida e apoiou unha protesta local contra un proxecto da Xunta e pese ás advertencias dalgún compañeiro que lle dixo "non sabes onde te metes", atacou unha mala idea do goberno bipolar, eses novos arribistas con fame de poder atrasada, que tan ben poden gratificar aos sumisos con contratiños e favores... Quizais isto lle dificulte certas relacións laborais, pero a dignidade da súa lúcida intervención foi o mellor momento da tarde e supuxo un importantísimo apoio moral. >> ¿E que carallo facían aquí estes burguesiños ociosos de Reganosa? Pois pasar o tempo, dirán os xunteiros. Si, si, custa crelo pero están aquí porque non teñen nada mellor que facer. Levan 54 días encerrados no seu Concello porque lles puxeron á beira das súas Agradecémoslles enormemente que estivesen aquí; que saiban que para nós foi unha exemplar mostra de solidariedade.
¿QUEN PODERÍA DUBIDAR DA LEXITIMIDADE DESTA PROTESTA? Os fundamentalistas da Xunta van ter que invertir moito, moitísimo máis en sobornar medios e cidadáns para calarlles a boca, porque esta foi UNHA INCONTESTABLE E MASIVA PROTESTA CONTRA UN PROXECTO CATASTRÓFICO. Antes de seguir ladrando, os sicarios PRO/MiERDA van ter que reflexionar. En suma: un absoluto éxito. Noraboa a todos. TIPIÑOS
|
|||
--- DIRECTORIO >> PORTADA >> ARQUIVO >> FORO >> CORREO >>
http://www.espacioblog.com/avia (CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE O VERTEDOIRO DE CARBALLEDA) FOLLETO 10 RAZÓNS PARA NON TRAGAR >>>
http://www.emerxenciasribadavia.es
|
||||