![]() |
||||||
·· BREVES |
||||||
|
··> O ALCALDE DE ARNOIA CELEBRARÁ O SEU CARGO DE SUPERDELEGADO NUNHA FESTA CON "MASAXES E PURITOS PARA TODOS". ¬"Imos montar no balneario unha fiestuqui que vai arder Troia. Todo de balde, pusupuesto. Osequiaremos aos invitados cuns bos habanos que sobraron dunha festa de Baltar e se transportaron específecamente dende o Fondo Provincial de Puros Para Os Amigos da Deputación. Ademais poremos unhas masaxistas cunhas lorzas francamente soculentas. Elixinas eu entre o máis calentito dun puticlú de Melgaço e tróuxenas onte nun ónibus para que estiveran frescas nesta ocasión tan especial..."- confesou obscenamente Rogelio Martínez .
¬Pola súa parte, o Psoe local alertou infroitosamente da evidente desviación de fondos públicos para pagar este dispendio, como evidencia o logo oficial na vitola dos puros. "É que este Rogelio non se corta nin sequera un pouquiño, joder, que xa está ben. E para colmo, non invita á oposición, e por aí si que xa non podemos pasar, amigomío." alegou doído.
Na foto, o Superdelegado catando a calidade das masaxistas que amenizarán a súa "fiestuqui"...
|
|||||
marzo09 > abril 09 > maio 09 > xuño 09> xullo 09 >> estás na EDICIÓN- MAIO 09 Un locutor de Ribadavia quéimase ao bonzo en protesta pola cancelación do Parque Medioambiental. "¡¡DECIRLE A MI MUJER Y A MIS HIJOS QUE LOS QUIERO, Y QUE SEPAN QUE ESTO NO ES UNA INCINERACIÓN PROPIAMENTE DICHA NI EMITE FUMES TÓSICOS EN LO ASOLUTO!!" gritou ao público mentres as lapas rodeaban o seu corpo |Albino Lamparón
>> A protesta causou estupor nos propios promotores do Parque, aos que o coñecido "Babuchas" viña conferindo un incondicional apoio mediático. "Es todo un pofesional- mantivo, moi afectado un concellal do PSOE- Ayer estuve a hablar con él y me prometió entre sollozos que no iba permitir que se apagase la llama del futuro en el Ribeiro. Y miralo, ahí lo tienes, alimentando la lumbre de la esperanza con su propio cuerpo y sin soltar el micrófano hasta el final." >> a pronta intervención dun membro de protección civil evitou a desgraza: "Por sorte eu fixera un curso de especialización en Alpedroches (Guadalajara) sobre "Apagado de locutores en llamas. Técnicas y conceptos"- explicou con certa vanidade Julio Puentes-, "iso permitiu centrar o operativo no punto máis sensible: as greñas do "periodista". Por certo, na súa cabesa levaba un potencial inflamable que aquelo non era nin normal nin correlativo, joder. Menormalo que ningunha chispa ocasionou a ignición no matojo, porque xúroche pormimadre que se iso prende non o apaga nin un hidroavión". a víctima foi ingresada inmediatamente no comprexo hospitalario de ourense onde, segundo o parte facultativo, mantense "estable dentro da súa anormalidade". Ademais, informaron de que "en breve será subido á Pranta de Transferencia onde recibirá, por desexo propio, un tratamento punteiro a base de craqueo catalítico. "Un proceso certamente moi desagradable, pero o único recomendado para este tipo de pacientes difíciles de reciclar "- aclarou o doutor. O PSOE do Ribeiro reparte entre os seus afiliados máscaras ortopédicas para que non se lles caia a cara de vergoña OS DUMMYS DO PSOE, AVERGOÑADOS DE TER PARTICIPADO NOS ACTOS DE APOIO A UN "PARQUE MEDIOAMBIENTAL" QUE O PROPIO PARTIDO SABÍA INVIABLE | Gumersinda Cabaceiro
>> Pese á enorme capacidade da platamierda para crear realidades falsas, non logrou prever un indesexado efecto colateral nas súas propias filas tras a súa última e máis indigna manobra. Lembremos que hai semanas que movilizan a todos os seus peleles afiliados en apoio dun Vertedeiro oficialmente anulado coa fin de acusar ao Partido Popular de "frustrar unha gran oportunidade" (a de destruír o Ribeiro...). O resultado de que se descubrise a montaxe resultou moralmente moito máis duro do que as súas descerebradas filas puideron soportar. >> agora os afiliados e carguiños locais son os que van ter que enfrontarse ás consecuencias e amosar as súas traidoras jetas en público. "Intentaremos paliar, en la medida de lo pusible este varapalo grandísemo en la dinidá de nuestra gente, que tanto se esmeró en hacer bulto en nuestras encerronas. Y si esto falla, pues no sé... haberá que ver de montarles unas asociaciones culturales o un algo para que pulan la pasta, o si acaso colocarlos en algún puestiño de nuestros untamientos... Nostante, a ver cómo funciona lo de las máscaras, yo tengo esperanza en que todo se olvide. Y digo más: en las siguientes elecciones nuestra gente ya se prepara para luchar codo con codo con los ecologistas para evitar que coloquen esa mostruosidá en La Cañiza."-confesou, descarado, o Secretario Comarcal.
>> DO APARTADO PE_DE_FOTO ···| A especie elixida: o ganso.
···| Unha voraz praga de vermes arrasa co Parque de San Paio.
|
||||||