ARQUIVO (2ª ÉPOCA)- (contidos especiais)

segue...>> A / B / C / D / E/ F / G / H / I/ J / K / L / M

>> ARQUIVO 1ª ÉPOCA >>PÁXINA ACTUAL

 

LOITA ANTIVERTEDOIRO

"CHISLíDERS", LICOR CAFÉ E ACTIVISMO INCANSABLE NA PONTE DA A-52

>> Sobre os insistentes rumores que sinalan a posible existencia dun grupo de chimpados cidadáns queixándose cada fin de semana dende unha PONTE DA A-52 sabemos que son rigorosamente certas as dúas cousas: a) que protestan dende a ponte e b) que están tralladiños completos.

 

> O que non quere dicir que non estean altamente especializados... Por exemplo, nada máis chegar ao punto de encontro colócanse as pancartas e elíxese zona. Inmediatamente despois unhs homes van distribuíndo como quen non quere a cousa un licor café "antiparque" ben rico; o único problema que ten é que non deixan fumar arredor dos vasos por razóns de seguridade... Por outro lado, unha activa operaria antivertedoiro reparte biscoito fresquiño para rebaixar os graos do licor, distribúense paneis, hai exercicios de quecemento e...

>> Comeza a festa! Agora é cando se poñen en marcha uns estudados mecanismos para reclamar a atención dos conductores: pancartas en movemento, saúdos, saltos... Especialmente eficaz é a labor dunhas insinuantes cheerleaders expertas en deleitar conductores mediante atractivos abaneos corporais e piropos subidos de ton.

> A cousa consiste en que os conductores demostren que entenderon a mensaxe antiparque mediante saúdos, aplausos, luces, bocinas ou, se se dan maña, todas ao tempo...

> Os máis celebrados son os longos e profundos pitazos dos camioneiros comprensiblemente máis atentos ca os restantes conductores ás sempre contundentes e seductoras coreografías das féminas que se apiñan na baranda...

E xa non digo nada se ocorre o que está a ocorrer no momento da foto, porque se a calquera desaprensivo lle da nun momento dado por poñer música de Miguel Bosé a toda hostia e acaba soando o "Amante Bandido"... pois pode pasar o que pasou, que foi tanto o entusiasmo que a pouco máis comprometemos a estabilidade da ponte... Agora, iso sí, foron incontables os exaltados pitidos, os destellos de luces, os saúdos coa man e os sinais de victoria que lles dedicaron. Un bo momento, si señor.

> En suma, dúas gratificantes horas intentando, e conseguindo, que centos e centos de persoas saiban que unha desconsiderada administración quere converter o Ribeiro nun auténtico vertedeiro.

> Seica unhas veces dase mellor; outras peor, pero a pesar do frío pasou o tempo rápido á beira daquela xente cabal de todas as ideoloxías que non falan de política, que non dan unha mala queixa e que conseguen sorrír mentres loitan con entusiasmo e coraxe polo seu futuro e polo dos seus veciños.

> Quixen representar mediante esta foto defectuosa a dignidade e o inconformismo reinante naquel lugar. Supoño que a ninguén lle resultará difícil emocionarse perante a imaxe deste avó que aguantou dúas horas de frío sobre unhas muletas para facer saber a quen queira escoitar que as cousas non se fan así, que el non vai permitir que uns homes de traxe queiran aplastar o seu xeito de vida coa desculpa dun plan desastroso construído a base de mentiras.

> Aos pasivos e aos indecisos que nos lean pídolles encarecidamente que miren ben esta foto. Eu intento aprender a diario de situacións e de persoas coma esta e coma as demais que alí estaban e coas que tiven o pracer de compartir un acto de protesta na cima dunha ponte un magnífico domingo de inverno.

 

 

--- DIRECTORIO

>> PORTADA >> ARQUIVO >> FORO >> CORREO >>

 

http://www.espacioblog.com/avia (CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE O VERTEDOIRO DE CARBALLEDA)

FOLLETO 10 RAZÓNS PARA NON TRAGAR >>>

 

http://www.emerxenciasribadavia.es