t

 

ARQUIVO (2ª ÉPOCA)

PÁXINAS >> A / B / C / D / E/ F / G / H / I/ J / K / L / M

>> ARQUIVO 1ª ÉPOCA >> PORTADA ACTUAL

 

 

O RIBEIRO RESISTE

 

>> O Ribeiro claro que resiste. Diso dan fe estes esforzados denunzantes, que puideron informar esoutro día aos moitos veciños que se lles aproximaron a preguntar sobre a barbaridade de Carballeda. A cambio tamén recibiron outras tantas mensaxes de apoio con frases dende incrédulas como "Isto é unha vergoña, ¿como o poden facer?" ata as airadas do tipo "Pero que Parque nin Parque, o que nos queren meter é un vertedeiro, unha merda". Vamos, que está abondo claro: a xente sensata que non se deixa enganar é maioría, pero é imperativo sacala das súas casas para deter aos esquilmadores, aos trepas e aos untados, que tamén están fora das súas casas todo o día pero na desesperada busca do seu benefizo propio e, moitas veces, incumprindo a Lei. Cómpre contrarrestar tanta cobiza cun esforzo igual de intenso e de signo contrario. O noso futuro depende diso, e os activistas do stand sábeno, por iso están aí.

 

QUE FAI UN "ECOBURGUÉS" NA RÚA XÉNOVA?

 

>> Pois o que non fan moitos veciños do Ribeiro: defenderse cos medios ao seu alcance. Concretamente, unha bandeira, un silbato e dobre calcetín para pasar horas en pé. No Ribeiro deféndome dos meus enimigos coas gafas que representan o engano bicolor que quere colarnos a Xunta. Eiquí, prantándome na casa de doñaEspe, unha garrula pija e descarada da ultradereita máis desprezable que quixo tourear os meus dereitos laborais. Neste caso, despois de pelexar duro e, como sempre en minoría, aparte de coller un bo catarro conseguín o que reclamaba. No Ribeiro non sei que pasará, pero de momento xa dixen que resiste.

OCIO "REVOLUCIONARIO"

 

>> Seica algúns pensan que saír á rúa a coller frío, molestar cun silbato un acto público ou chupar unha multa ou unha hostia dun policía é unha "simpática experiencia", vamos, como unha especie de performance "chachi" para aparentar "progre". Pois pode ser, hai gustos para todo. E quen queira que manteña a teoría, pero eu non sei se acaba de encaixar coa palmaria realidade dunha comunicación de desconto de salario (referida a outra folga anterior) unida á incómoda circunstancia dos estratosféricos prezos da vivenda nesta cidade... Ser coherente custa, por desgraza, moito esforzo e ás veces ata cartos.

Se a alguén lle apetece chamar a atención, non lle recomendo esta actividade tan sacrificada e vulgar; mellor que monten unha asociación chachicultureta e que se dediquen a "arrincar" subvencións dos concellos, por exemplo...

 

As nosas cidades terán nuns anos o que xa comeza a aparecer nesta Babel de ducias de razas, edifizos sofisticados, intelixencias prácticas e xente acelerada. A min, Madrid mátame; ás veces de gusto, outras de raiba...

 

 

>> PODE DARSE A FRÍA EFICIENCIA ALEMANA NUN CORPO ESPAÑOL? Definitivamente, non.

Exemplo número 1: Esta catástrofe organizativa é real como la vida mirma, ou por mellor dicir, é surrealismo español en estado puro. Dentro dos sofisticados e ostentosos edificios desta cidade bule xente así, enferma de desidia, posuidores de moita seguridade para o pouco que valen e cunha simpatía chulesca que aos foráneos nos resulta cargante. Resumindo: a City por fora aparenta moito carisma e solvencia funcional... pero o seu ritmo interior segue sendo caprichoso e irregular.

-----

>> ”POR FAVOR DEJE ESTE SELLO DONDE ESTÁ. (SIRVE PARA SUJETAR LA PANTALLA)”.

Exemplo número 2: Por culpa deste aviso, a pulcra empregada da limpeza púxome mala cara ao día seguinte. Pero eu non son de facer bromas no traballo. E non lle mentín ao escribir que se alguén aparta o selo da pantalla esta cabecea impepinablemente. Xa, xa sei que en Alemania isto non pasaría, pero non estamos en Alemania...

----

>> DANCI'N VANESSA.

Exemplo número 3: Nesta cidade ás veces tamén temos ocasión de aprezar a enerxía e a graza innata dalgúns seres humanos. Así o vivín eu aquel día no que, tras unha cervexa post-laboral que acabou ás 12 da noite na estación de Sol, a nosa traballadora máis estilosa marcouse un improvisado dancin de contido altamente electrizante encol dun trasto vello. O asunto requiriu a colaboración impagable doutra colega tamén en estado de inspiración, á que lle dera por recoller da rúa unha cadeira esmendrellada “para restaurar” (?) e que lograra pasar diante dos morros duns atónitos vixiantes. Lembro que no momento da foto os transeúntes nos dedicaron miradas de censura. E tamén lembro que pensei: nós estaremos algo chispas, pero polo menos non estamos lobotomizados. De momento.

-----

>> "APAJA MI FUEJO, NENO".

Exemplo número 4: Pensarán algúns que invento todo, e alégrome. Porque cómpre ter moita inventiva para imaxinar algo así: a cornisa do edificio onde traballo tivo que ser asegurada polos bombeiros. Na operación, un guapo apagalumes subiu pola escada exhibindo posturita ata achegarse á fiestra da oficina de arriba, onde foi recibido con xeralizado alborozo polo público feminino... Tan ben se lle deu a alunizaxe que ata logrou establecer proveitoso palique cunha delas, unha que, por certo, debía estar bastante receptiva co tema da prevención de riscos a cargo do corpo de bombeiros... O conto é que dúas horas despois a moza, quizais algo excitada (polo perigoso da operación, claro), acabou chamando ao Parque de Bombeiros para preguntar polo machomán cornisador, co que conseguiu sen moita dificultade concertar unha cita improvisada para esa tarde. Eu o único que podo dicir é que ao día seguinte vin á moza paseando algo absorta cun expediente na man e lucindo un sorriso beatífico que a facía a viva imaxe da satisfacción. En suma, que coa informática e coa tecnoloxía seremos uns petardos, pero alomenos algúns dos nosos concidadáns poden acreditar no uso das mangueiras unha cualificación moi superior aos restantes europeos. Vamos, iso foi o que confesou a rapaza...

 

 

>> DIRECTORIO

>> PORTADA >> ARQUIVO >> FORO >> CORREO >>