|
ARQUIVO (2ª ÉPOCA) PÁXINAS >> A / B / C / D / E/ F / G / H / I/ J / K / L / M >> ARQUIVO 1ª ÉPOCA >> PORTADA ACTUAL
UN ACHADO ARQUEOLÓXICO EN CASTRELO DEMOSTRA QUE UN ANTEPASADO ROMANO DE XURXO ... XA ERA DO BNG!! >> As obras da Ponte de Castrelo sacaron á luz un revelador resto arqueolóxico, o busto de Xurxinho Flavio Mediatico, un ilustre antepasado do Alcalde de Castrelo, que apareceu debaixo da terra significativamente engastado nun BLOQUE.
>> Na Concellalía de Autobombo recibiron exultantes a noticia e xa teñen pensado crear un museo específico: O Musseu Autóctono de Personagens Galeginhos, que se ubicará, evidentemente, no sempre aburrido entorno cultural do Clube Náutico... >> Se alguén pensaba que os membros deste partido son uns arribistas enganchados a unha vía política sen contido que viven de divulgar estéticas autóctonas coma se fosen ideoloxía, pois que sigan pensándoo porque teñen razón, pero iso non quita que Xurxo poida acreditar un antiquísimo orixe galego, que afunde as súas raíces no propio Imperio Romano. >> Agora ben, non debemos esquecer que a maior parte das fontes historiográficas describen ao ancestro do alcalde, Xurxinho Flavio Mediatico, como "unha autoridade local que era moito de pasear polo Foro e saír nos pergaminos, pero que nas decisións de certo fuste era máis ben de pouco temple e con marcada tendencia a seguir docilmente as instruccións do emperador de turno." Xurxo Rodíguez apresurouse a desmentilo manifestando: Por alusións, e segundo me din en Santiago que vos diga, quero deixar claro que "como todo o mundo sabe, os arqueólogos e os historiadores son todos praticamente do PP, e a envexa é moi mala conselleira". Non, si para boa conselleira xa temos a Tereixa Táboas, non te jode...
RIBADAVIA NON ESTÁ A VERSE AFECTADA POLA CRISE ECONÓMICA: PARA OBTER UN POSTO DE TRABALLO NO POLÍGONO DE SAN CRISTOVO... É SUFICIENTE CON DICIR SI !! >> Segundo podemos acreditar con numerosos testemuños, en Ribadavia é no único sitio da provincia no que non aumenta o parobrero. O motivo? Pois unha novidosa forma de "selección de persoal" que están a desenvolver as recentes empresas de San Cristovo. Aos candidatos non lles fai falta curriculum nin experiencia previa: o único que se lles esixe é que digan, simplemente, "Si"
>> O proceso consta de dúas fases. Na primeira o candidato ten que falar cun Concelleiro [está por determinar que tipo de benefizos obtén un cargo público cando se dedica a seleccionar xente para unha empresa privada...], e cando o solicitante responde "si" se lle estampa un selo no pescozo para acreditar a súa doble condición de "socialmente non conflictivo" e de "tolerante medioambiental". Só entón pasará á fase seguinte. Nela, un selector da empresa con antecedentes de matón de discoteca que aprobou psicoloxía pola Uned e con un suficiente raspado, dedicarase a vulnerar perante dúas horas o dereito á intimidade do entrevistado, ao que, se a cousa vai como se espera, lle acabará poñendo outro selo detrás da orella: "Sumisión garantida: NIHIL OBSTAT". Sinxelo, verdade? Para que logo se queixen de que non hai traballo no Ribeiro... |
|||
>> DIRECTORIO >> PORTADA >> ARQUIVO >> FORO >> CORREO >> CONTIDOS ESPECIAIS >> "CHISLíDERS", LICOR CAFÉ E ACTIVISMO INCANSABLE NA PONTE DA A-52 >> ESPECIAL FESTA ISTORIA 2007 >> GRECIA 2007, ENTRE DEUSES E FUMES >> APUNTES SOBRE A MANIFESTACIÓN ANTI-VERTEDOIRO >> FOLLETO 10 RAZÓNS PARA NON TRAGAR ENLACES >> FORO SOCIAL TEMOS DEREITO A SABER >> http://www.emerxenciasribadavia.es
|
||||