|
Ribarravia, revista virtual deseñada e editada por tipiño. Fodemos ao Ribeiro , p
ARQUIVO (2ª ÉPOCA) PÁXINAS >> A / B / C / D / E/ F / G / H / I/ J / K / L / M >> ARQUIVO 1ª ÉPOCA >> PORTADA ACTUAL ero facémolo por amor.
TOOOOOOOOOMAAAAA !!!!
Por traidores. Por impacientes. Por trepas. Por ambizosos. Por mala xente. >> A verdade é que ninguén contaba con isto, pero todos sabiamos que os recén chegados do Psoe/Bng estaban poñéndose demasiado tolos nos seus primeiros escarceos co poder. Pactos segredos nos iates, concesións irregulares, enchufes masivos, secuestro de medios de comunicación, despachos fashion e, sobre todo, a maior esquilmación medioambiental e urbanística que se recorda nestas terras. Prometían un "despegue nacional" que era nada máis ca súa impaciencia por mandariquear e por trincar. Claro, os pobres tiveran que esperar moito tempo para coller poltrona e agora que a momia exfranquista xa non pía non puideron reprimir o instinto entrar en San Caetano coma un "torito" nunha cacharrería... Pero ocorre que a xente é adoceada pero non idiota. Esta merda de sistema democrático permite certas veleidades e caprichos cidadáns, froito moitas veces da intuición, e iso foi suficiente para que os pechoibloquitos pagasen moi caro os seus excesos. Agora podémolos ver interpretando as estatísticas da súa derrota con esa cara do que acaba de chupar unha hostia que non sabe moi ben de donde lle cae. Que gusto, joder! Pero ollo, isto non acaba aquí por dous motivos: fagan ou non fagan o Vertedeiro, eu non esquecerei a felonía dos pechoibloquitos do Ribeiro, os seus insultos, os seus desprezos, as súas censuras e a súa prepotencia vingativa. E outra: pola conta que me ten vou estar moi vixiante da promesa do PP de anular o Vertedeiro de Carballeda. Os inxustamente identificados como "10 señores do PP" imos seguir pelexando para que triunfe a nosa reivindicación, totalmente racional e lexítima, de que non destrúan o lugar onde vivimos. E nada máis que despedirme dicindo: AÍ TENDES O QUE MERECEDES, VENDIDOS! E agora que vos quedastes sen "untadela", xa podedes ir cambiando de plans... (Espero que o voto emigrante non me faga tragar este reproche. Pero polo menos hoxe durmirei a perna solta, que carallo)
MOITAS GRAZAS A COTO DO FRADE (pensei que nunca o ía poder dicir...) >> Agora xa estamos todos. Faltaba nesta importantísima protesta antiparque a presenza decidida dun puntal básico ao que eu teño acusado de pasivos e de protas frustrados ata fartarme. O caso é hoxe estiveron aí, estiveron dando a cara nunha protesta carnavaleira moi eficaz, aberta e sen dobres mensaxes. E para completar a faena foron acompañados na súa iniciativa doutros invitados ben ocurrentes. A verdade é que daba gusto velos, dígoo en serio. Calquera que me coñeza saberá que non minto se afirmo que estou ben contento de que as cousas teñan collido esta nova e prometedora dinámica. >> Teñen razón. Quen o pode negar? O goberno bicorne decepcionou nestes ultimos tampos tanto a propios como a alleos. Pero non entremos en política: no noso tema o enimigo é quen é, e hai xente que xa pronuncia en alta voz que aos políticos da Xunta se lles ve moito o plumeiro. Pero moito.
>> Que os ecoloxistas poñan cara aos autores da traizón medioambiental axuda enormemente a que a protesta antiparque se desfaga da sospeita de que os opositores son unha simple ferramenta de manipulación política. Que os ecoloxistas sen intereses políticos apunten aos responsables políticos concretos axuda a desligar o grupo veciñal da dita sospeita de seguir consignas electoralistas. O Ribeiro está en loita por un único motivo e contra a administración que o propiciou: non quere este proxecto da Xunta de Galicia que arruinará o seu futuro. Quen sexa o partido gobernante é o de menos. O detalle de ensinar a estes dous pintantes, foi, por iso, moi oportuno; ademais caracterizáronos tal como eles son, ridículos, prepotentes e ambizosos. Os responsables teñen nomes e apelidos: pesoe e benegá. Dino os desinteresados ecoloxistas, non só os "rancios do PP".
>> Tamén foi interesante comprobar como aínda queda xente sen untar en Carballeda. O Teñido de Lodairo non conseguiu apagar a golpe de talonario a simpática expresión de protesta deste grupo de veciños.
>> E neste precipitado apunte non quixeira deixar de destacar que un dos carteis do Foro acabou por tomar vida propia: este vendimador de atuendo un tanto agro-galáctico cando foi preguntado sobre o Parque Medioambiental respondeu incrédulo: "Pois non sei, fillo, pero eu sigo vendo un vertedeiro". É evidente que as gafas bipolíticas poden conseguir que vexas moitas cousas en cores, pero o que está claro é que se un non quere non o converten nun gilipollas. Por resumir: cada vez hai máis xente en pe. Cada vez o Ribeiro traga menos. Cada vez hai menos ataduras e máis coraxe. Hai que ser optimista: PODÉMOLO PARAR!! ** Espero estes apuntes non acaben por lembrarlle a algún dos membros do Coto do Frade que hai un tempo deixara apalabrado meterme unha hostia no medio dos fuciños, pero sobre todo me preocupa que lle dea por presentarme unha demanda de autoría tras explotar a súa imaxe con fins antiparque. Porque por ser eu son bastante duro na parte dos fuciños, pero as miñas posibilidades económicas non están para moitos axetreos...
A PLATAFORMA DO SI AO PARQUE MEDIOAMBIENTAL RETOMA A CAMPAÑA CON TÉCNICAS ULTRA-AGRESIVAS PARA NEUTRALIZAR AOS OPOSITORES >> O grupo foi relanzado como unha maquinaria de persuasión social moi incisiva, "A RECICLADORA MECÁNICA". Os seus membros, os "PLATAFORMERS", emulan cos seus comportamentos os dunha auténtica banda de golfos que sabotean televisións locais, rescinden contratos aos que se manifesten contra o Vertedeiro, censuran programas de radio aos ecoloxistas e, en definitiva, se divirten ameazando e insultando a todo aquel que se opoña a un proxecto canceríxeno que os fará ricos. O papel protagonista, como non, correspóndelle ao sempre controvertido Miguel Fidalgo, que vemos nunha inquedante pose "promocional" na que representa unha das súas máis coñecidas habilidades.
>> Os membros están a desenvolver a súa contundente actividade con enorme convicción, de feito na Vila chegouse a pensar que non era un grupo pagado con cartos públicos senón os actores dunha película de terror "moi ben medioambientada". A confusión quizais se produciu porque agora deulles por usar uniforme, e non se lles ocorreu mellor idea que plaxialo dunha película de Kubrick, "por la cosa de la credibilidá", díxonos Ignacio coa esa mirada torva tan característica. Abaixo tendes unha instantánea dos plataformers en plena faena de persuasión social nun coñecido Pub de Ribadavia, as tres da madrugada, onde lle suxeriron ao dono que pintase algunhas consignas na parede...
>> Anselmo Nontrago, da Franqueirán, tivo a desgraza de enzarzarse con eles nun pequeno "contraste de opinións , e comenta a experiencia:
Pola súa parte, un membro da "Recicladora Mecánica" describiu o encontro nun ton moi positivo. ¿Veis? ¿No querían información? ¡Pues velaí la tienen! ¡Con lo fácil que es llegar a un buen entendimiento con la cidadanía, y estes rancios del PP a soltar infundios a diestro y siniestro! Pero mira, yo espero que poco a poco nos váyamos ganando la confianza de la gente con la simple fuerza de nuestros argumentos- manifestounos Fidalgo mentres ocultaba a duras penas unha cachiporra no pantalón. Información complementaria: un cambio de catro neumáticos, para un Seat Toledo, modelo 195/65 R15 95H XL da marca Dunlop, pode saír por uns 220 euros, euro arriba, euro abaixo.
O CONCELLO COLOCA ABREVADEIROS CON PIENSO PARA MANTER ÁS NUMEROSAS "ASOCIACIÓNS CULTURAIS" DO MUNICIPIO. >> Hai uns días a Concellalía de Paripés Enxebriños ("cultura") decidiu satisfacer a crecente demanda de subvencións entre a xuventude local mediante unha nova campaña: "Come pienso sen pensar" ou "A cultura que alimenta" son os slogans de lanzamento da nova oferta municipal.
>> Agora parecen coller sentido aquelas declaracións do Portavoz dunha aguerrida asociación de tendencia galego-reivindicativa, cando dixo: "A Concellería de Cultura está sendo moi receptiva con nós, os nosos plantexamentos e propostas e non temos queixa." Lémbrame a aqueles ecoloxistas de Adega que dixeron que con Pachi Vázquez tiveran moita sintonía. A única explicación é que a forraxe que proporciona este home debe ser de moi boa calidade, a xulgar pola avidez coa que o gando domesticado come nela, e as vacas tamén. E iso que os nosos revolucionarios autóctonos aínda non probaron o Pienso Dioxina al Curry, de inminente aparición no mercado, con ese sabor cun toque canceríxeno e un puntiño de sal... Mmmmmmmm! Delicioso! Pois nada, que lles aproveite.
|
|||
>> DIRECTORIO >> PORTADA >> ARQUIVO >> FORO >> CORREO >> CONTIDOS ESPECIAIS
>> REVISTA SOBRE O VERTEDEIRO DE CARBALLEDA: " A GRAN MENTIRA" >> "CHISLíDERS", LICOR CAFÉ E ACTIVISMO INCANSABLE NA PONTE DA A-52 >> ESPECIAL FESTA ISTORIA 2007 >> GRECIA 2007, ENTRE DEUSES E FUMES >> APUNTES SOBRE A MANIFESTACIÓN ANTI-VERTEDOIRO >> FOLLETO 10 RAZÓNS PARA NON TRAGAR folleto "A Trampa da Reciclaxe" ENLACES >> FORO SOCIAL TEMOS DEREITO A SABER >> http://www.emerxenciasribadavia.es
|
||||