>> PUBLCIDADE ERECTORAL <<

vota B.N.Gai
Máis País. Máis Forza. Máis... de cú.
Entendessss?
O FORO SOCIAL ATRAGÁNTALLE A CEA NO OASIS AO PACHI E AOS SEUS SERVOS LOCAIS.
>> Onte o Pachi veu ao Oasis a unha cea por razóns que descoñezo. Pero o importante é que, como era previsible, o Foro Social acudiu puntualmente a dar o saúdo de rigor a este ilustre personaxe, xa sabedes, ese que quere destruír o Ribeiro por subir no escalafón político. Como non podía ser menos, velaiquí vos traio o interesante escenario exterior:
>> O signiore acudiu co seu coche, en solitario e sen escolta, a sabendas de que eiquí hai veciños cabreados pero civilizados. A proba é que ao final o agasallaron arrodeándolle o vehículo cunhas bolsas de lixo coidadosamente distribuídas para que saiba o moito que se lle agradece a nova natureza residual desta Comarca.
O coche, eco-tuneado, quedou así de chachi (a foto do agasallo é de Carmela, que quixo deixar constancia da cortesía local):

>> Como nota destacada, tamén constatamos que esta vez houbo mostras de gran exaltación nas filas dos PSOE. Será que están perdendo forza os seus argumentos porque a xente ve cada vez máis claro o desastre?
O conto é que un auténtico mastuerzo (que segundo fontes fidedignas fora do PP "detodalavida") amosou unha mala baba absolutamente fora de lugar e ata chegou a increpar e desafiar aos pacíficos manifestantes, sen éxito ningún, por certo. O motivo? Pois se conoce que o pobre home ven de recibir unha subvencionciña ou un postiño para o seu fillo e púxose todo loco porque non lle deixaron facerlle al Capo a servil homenaxe que merece.
>> Pero non foi o único servil, nin moito menos. Toda a familia local do Psoe estivo notablemente tensa e agresiva, tanto que ata comprometeron a seguridade dos manifestantes con temerarias manobras de aparcamento, quen sabe se coa intención de intimidalos ou a de desafogar o mal corpo que a un lle queda cando se lles frustra a súa festa da esquilmación con tintes electorais. Pero é o que ten traizoar aos votantes, que de cando en vez os vendidos van ter escoitar catro cousas de un bo número de veciños cheos de razóns.
>> Do lado dos combatentes, en cambio, só houbo bo humor, optimismo, máis manifestantes que en anteriores ocasións, xente nova en número crecente e... outra protesta máis coa conciencia tranquila. Así si que prestan as ceas, aínda que sexa unha lata de sardiñas.

>> O movemento antiparque, lonxe de esmorecer vai gañando adeptos. A proba é que incluso nas situacións máis imprevisibles conseguen xuntar un bo número de ribeiraos dispostos a amargarlle a festa aos que pretenden lucrarse da súa destrucción.

E digo eu que quizais o Pachi pensou que o remedio para evitar estes incómodos encontros sexa untar máis intensamente aos medios de comunicación para anular totalmente a conciencia social. Pois vale, se quere que gaste cuartos, pero eu recoméndolle para estas ocasións algo moito máis barato: o Almax. E dígollo de boa fe, porque o Foro Social está máis vivo ca nunca e cando se poñen cansinos repiten máis ca cebola. Agora ben, el que faga o que queira...
Moitas grazas de novo aos decididos manifestantes. E ánimo porque isto funciona.