>> PUBLICIDADE SUPRALIMINAL. Por se alguén non se deu de conta, a elegancia comeza polos zapatos. Un cartel no medio de Gran Vía madrileña pono ben claro. Con sinatura e todo.
>> SONIA UNISEX. Vale, Corrubedo non é Sunset Boulevard, pero atoparedes estilismo do bó na Peluquería Sonia. Peiteados unisés, depilacións tuneadas... o último do ultimísimo. Se vos cadra de paso, deixádevos apañar unha permanén: polo mesmo prezo faranvos las silas y más las ingles moi divinamente. Pero procurade facelo antes de que veña abaixo a uralita comida pola salitre das marabillosas Rías Altas...
>> "YO SOY TU CONSOLADOR"... ¡Xa lles vale! Na parede da entrada dunha Igrexa quixeron expresar tan desafortunada mensaxe divina. Cos tempos que corren, velaí tendes pintado a un neno estrañamente suxeito polas máns posesivas dun adulto que pecha os ollos durante o acto consolador... ¿Mensaxe confusa de máis para estes tempos? Pois non sei, quizais o meu párroco da infancia tivese máis razón ca un santo cando me acusaba de ter unha intelixencia perversa... Seguramente.
**grazas pola foto, Luis, con amigos coma ti quen carallo precisa psicoanalista...
REDESEÑÁMOSLLE O LOGO A ADEGA. Para que vexan que non lles gardamos rencor. Por certo, comparándoo co anterior, parece moito máis sofisticado... e realista.
As nosas cidades terán nuns anos o que xa comeza a aparecer nesta Babel de ducias de razas, edifizos sofisticados, intelixencias prácticas e xente acelerada. A min, Madrid mátame; ás veces de gusto, outras de raiba...
>> SEGURIDADE LABORAL. A variopinta natureza humana enche a historia cotiá de anécdotas simpáticas e emocionantes. Esta da foto, de simpática non ten nada, pero de emocionante chégalle ben. O funambulista, quen a efectos narrativos chamaremos Wilson Ceviche, é ecuatoriano ou peruano;supoño que se trata dun inmigrante todavía pouco consciente da normativa de seguridade, pero nin máis nin menos inconsciente que un español. Xa sabemos que a necedade é un fenómeno universal...
Na instantánea exhíbese moi, pero que moi macho. A baranda medio podre serve de apoio inestable ao superhome taladrador, que se marcou como misión imposible de domingo pola tarde colocar un puto aplique no exterior da casa alugada. E como se considera un tipo moi valente, asume o máis difícil todavía e executa a perigosa operación cunha medio talanquera. Un día é un día, que carallo! Quizais se mate; ou quizais só se espatele no chan co resultado dunha simple rotura de cachucha... Ou poida que -deus o queira- volte ao interior do piso todavía cheirando a cervexa e, coa satisfacción do deber cumprido e o orgullo viril a reventar, lle bote un polvo de categoría a Eleusis Guacamole, unha amiguiña desas que levan os elásticos do sostén en permanente alerta vermella. Espero de corazón que este insensato se teña salvado; espero, tamén, que se lembrase de usar condón. O domingo é un día malísimo para o uso das ferramentas. Dino as estatísticas.