|
ARQUIVO (2ª ÉPOCA) PÁXINAS >> A / B / C / D / E/ F / G / H / I/ J / K / L / M >> ARQUIVO 1ª ÉPOCA >> PORTADA ACTUAL
JOSE LUIS CUERDA AMBIENTA NO RIBEIRO A SÚA NOVA PELÍCULA E DALLE O PAPEL PROTAGONISTA AO PESOEIRO RECICLADO MIGUEL FIDALGO >> O Fidalgo, recentemente recuperado do cemiterio político do Psoe coa única misión de botar merda sobre o Foro Social, está tan orgulloso do seu papel protagonista que non lle cabe unha palla no cú. E iso que, politicamente falando, xa lle teñen entrado cousas máis anchas... Abaixo tendes un trailer do filme "LOS GIRASOLES MUDOS", baseada en feitos reais. (ten sonido)
>> O afamado adegueiro/cineasta, de retiro dourado en Galiza, segue a invadir cos seus molestos equipos as rúas de calquera localidade con apariencia histórica, que usa como marco perfecto para dotar ás súas obras -un tanto frouxas no tocante a contidos- de certa sensación de autenticidade. >> Os políticos pesoeiros "agrazados" con tan prestixiosa visita, comezaron cos típicos síntomas da SSP (Síndrome do Servilismo de Provincias), e por iso estés días están que non cagan. >> Os nacionalchachis, en cambio, expresaron o seu disgusto polo feito de que non lles caese ningún papeliño. Obsesionados como están por acaparar todas as aparicións nos medios, din atoparse "autènticamente dessolados pola despreocupaçao que amossa este gran homem do cinêma ao esquençer á máis enjebre representaçao com que conta hoje o sempre aldrajado povo galego: o nacionalismo chachienjebre, do que nós ostentamos a legítima portavocía- Así o expresou con bágoas nos ollos (e nun lamentable portugués...) Anxo Callarte. >> A ambientación e a caracterización do filme resulta algo acaramelada pero tecnicamente boa. O Casas, por exemplo, está a quedar a hostia de guapo, cun pelaso e cunha impronta viril que mete miedo a las personas, o mesmo que na vida real... Sen embargo, así caracterizado de sicario do PP resulta un personaxe absolutamente inverosímil. Moito máis crible ca este -xusto é recoñecelo- aparece o Fidalgo, máis recollidiño de carcasa corporal pero metido ata as trancas no seu papel de ciscador de merda mediática. Non moitos conseguen coma el crear unha absoluta unidade psicolóxica entre o intérprete e materia coa que traballa...
PRENSA A PRENSA INTERNACIONAL PREVÉ UN BOOM INMOBILIARIO E ECONÓMICO EN CARBALLEDA DE AVIA >> A revista FORBES, destaca este mes ao arriscado inversor Leónidas Cacheiro. Así describen nas súas páxinas o seu soño inmobiliario:"Es mintira que la persona humana le dea por huir de los fumes y de lo sucio; marbién lo que quiere son acesos fáciles, mucho cemento y edeficios como diormanda para desfrutar al lado de los cabaceiros y de las galiñas. Se van vinir en manada!!" Por iso está a comprar canta viña se lle pon polo medio nos arredores da Pranta "Medioambiental". Segundo a prestixiosa publicación estamos ante un auténtico "crack"...
>> La Coz de Galicia, en cambio, trata o efecto no emprego xuvenil. O diario recolle como a diáspora de xóvenes emigrados do Ribeiro xa se pode dar por finalizada grazas aos cobizosos, sans e ben remunerados postos de traballo que agora se ofrecen.
>> Ao dicir dun membro do Concello de Carballeda, estase a producir un "incontenible efeto llamarada sobre aquellos hijos nuestros que se tuvieron que ir por eses mundos en busca de trabajo y agora vuelven onda nós para gozar del mejor de los municipios inimaginables (sic)" >> Vaia, anos e anos emigrando para buscar traballo e agora que chega o crecemento económico ao Ribeiro quedámonos unicamente coa MERDA...
O LíDER DO BNG LOCAL DIRIXE UNHA NOVEDOSA CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE VOTO BASEADA NA ESTÉTICA E NOS GUSTOS XUVENÍS. >> Dito e feito: Anxo Collarte prometera que ía renovar a ideoloxía estético- "Esta tecnoloxía manterá a revolución nacional activa para os cidadáns as 24 horas do día (unha hora menos en Portugal); ou sexa, que a partir deste momento imos funcionar apoiados por un fructífero e constante "activismo multimedia" para que os mozos i mozas deste País convertan a Nazón de Breogán nunha gran CiberNazón", manifestou cun excelente humor o líder do grupo. Evidentemente, dispón de MENÚ para elixir: Nación ou Ración (de pulpo).
Un cómplice "Q +QRES?" desafía aos eventuais electores para que presten batalla mediante o seu "voto guerrilleiro libertario". Fascinante. A complicada mistura tunning-contestataria nun partido que apela á tradición e ao orgullo enxebre vai resultar, sen dúbida, a estratexia máis innovadora nestas aburridas municipais. Desexámoslle moita sorte a Anxo Collarte, un home de atrevidas ideas.
A POLICÍA LOCAL INVESTIGA ONDE SE AGOCHA UN ESPÍA RUSO INFILTRADO NO MUNICIPIO. >> Unha inesperada revelación, que procede de "fuentes disolventes y fidelignas", puxo á Policía Local de Ribadavia sobre a pista dun EX-ESPÍA de élite DO KGB; é extremadamente activo e perigoso e ao parecer pretende reventar o sistema capitalista desde dentro. Chámase Julich Pontovski Agreganov, pero seguramente usa nome ficticio. >> A pesar da evidencia gráfica obtida, onde aparece o personaxe recibindo unha condecoración do propio Presidente HijodePutin, aínda non deron co sospeitoso. "Xa case o tiñamos pillado, joder, pero houbo discrepancias no relevo coa Benemérita. Resulta que xogáramos ao chinchimoni a quen lle tocaba o turno de noite e eles pasaron de todo mentres fuxía nun Patrol de cores e con sirena, despois de tomar unha birra no Moderno. Foi un puto escándalo, joder, que as cousas hai que dicilas" , manifestou irritado un membro da Policía Local. E añadiu un compañeiro: "Y ojo, porque seica ese tipo te es la hostia, lomirmo te conduce un helicótero que te hace un siete en el corazón del gobierno municipal con un alicates y una podadora. Estes rusos ya te aprenden desas cosas en el efepé, ¡Menudos son!
>> SE TEÑEN INFORMACIÓN, POR FAVOR CHAMEN urxentemente aos teléfonos das forzas da orde pública, e se non o collen nese momento, coménteno con alguén de uniforme cando poidan.
|
|||