RIBARRAVIA

ARQUIVO (2ª ÉPOCA)

PÁXINAS >> A / B / C / D / E/ F / G / H / I/ J / K / L / M

>> ARQUIVO 1ª ÉPOCA >> PORTADA ACTUAL

 

 

 

O OPTIMISMO FRONTE AO IMPACTO DO PARQUE AMBIENTAL MARCA A CAMPAÑA DO ALCALDE DE CARBALLEDA DE AVIA.

O SEU PARTIDO ELABOROU UNHA BALSÁMICA PROPAGANDA QUE LLE QUITA IMPORTANCIA AOS CAMBIOS DRÁSTICOS QUE VAI PADECER O MUNICIPIO COAS EMPRESAS RECICLADORAS.

>> "Prospera seguro, ponlle goma ao teu futuro" é o desconcertante e subliminal slogan de campaña emitido polo candidato.

>> Traballos fashion, aldeas comunicadas, turismo termal e animais mutantes configuran un futuro marabilloso para o Concello previsiblemente máis contaminado do sur de Galiza. A propaganda supón un auténtico insulto á intelixencia; non obstante, un exultante compañeiro de candidatura do Sr. Milia aclarounos: "Oyes, y no os pasar de listos porque este proyeto está a ser maníficamente acetado por toda la cidadanía. ¿O va ser que agora entienden más los ecologistas que el paisaniño del campo, que es el quien más aprendidos tiene los ciclos naturales?

Finalmente, añadiu con enorme desfachatez: "A ver si somos realistas dunaputavez y dejamos de fastidiar con el asunto este, que nos estamos a jugar el futuro eletoral y vosotros lo que andáis es a tocaros los güebos todo el santo día"

>> Chama a atención na publicidade a presenza dos ecoloxistas como simples coidadores da Reserva Natural de Especies Mutantes. Despois de teren loitado contra a contaminación salvaxe, a súa triste actividade prevese que consistirá no coidado dos poucos seres vivos que queden...

TURISMO

A PRAZA MAIOR DE RIBADAVIA, DESTINO PREFERENTE PARA MOTERITOS DURANTE AS FINS DE SEMANA.

>> Os moteiros, eses aguerridos amigos da aventura na eterna busca de novas fronteiras, visítannos cada vez con máis frecuencia. Normalmente limítanse a exhibirse dando un par aceleróns no centro da Praza, tomar un cafeciño na Rectoral e voltar para a casa antes de que sexa noite.

>> Leocadio Casasbaratas, centauro vigués (no centro), fálanos da súa experiencia ribadaviense: "Esta sensación para mí es irripitible. Da gusto ponerse el casco, tomar como meta este lugar esótico y pun-pún, pun-pún, venga a comer millas y millas de peligroso asfalto, en asoluta libertá y sin que nadie te vigile tus pasos en el horizonte... A todos mis amigos, Gladiadores de la Gasolina, como les llamo yo, siempre les ando a recomendar esta maravillosa plaza mayor de Gomesende" Como se ve, o home non ten puta idea de xeografía, pero comprendemos perfectamente que se sinta ben poñendo un casco...

>> O Concello non ten estatísticas fiables sobre os molestos moteiros e ignora o número de lobas sen depilar e cincuentóns ataviados con ridículos atuendos e cheiro a bravú que acuden a contaminarnos, pero, sexa o que sexa, nós pensamos que por un par de cafeciños que consumen non paga a pena que veñan incumprir as normas de tráfico e a enchernos de fume e ruído.

FESTA DA ISTORIA

AS INTERMINABLES REFORMAS DO CASTELO XA NON PREXUDICARÁN AO TURISMO: VALLAS, GRÚA E OPERARIOS LUCIRÁN UN ASPECTO MEDIEVAL.

>> "O ACONDICIONAMENTO DA GRÚA FOI PARTICULARMENTE LABORIOSO, PERO COMO TOTAL VAI QUEDAR AÍ TODA A VIDA, É MELLOR INTEGRALA NO ENTORNO" - confesou con naturalidade un técnico do Concello.

>> Chama a atención a sinceridade do cartel-estandarte que contén a lenda "Propaganda politica felicisima et aeterna". Non cabe dúbida de que este conxunto de pedras sen arranxar supuxo e suporá un elemento de propaganda moi apetecible para os gobernos municipais.

>> Un historiador contratado polo concello alerta do problema da duración excesiva das reformas: "Os arqueólogos do futuro poden flipar: van atopar restos de orfebrería do século XIV misturados con botellas de gaseosa de varias xeneracións de obreiros locais; como profesional asegúrolle que iso pode resultar moi desconcertante"

>> Por certo, se pasan cerca da obra eterna, non esquezan poñer... yelmo.