RIBARRAVIA

ARQUIVO (2ª ÉPOCA)

PÁXINAS >> A / B / C / D / E/ F / G / H / I/ J / K / L / M

>> ARQUIVO 1ª ÉPOCA >> PORTADA ACTUAL

 

 

 

RADIO RIBEIRO INTENTA DISIMULAR A SÚA ESCANDALOSA FALTA DE OBXECTIVIDADE NO TEMA DO VERTEDOIRO ORGANIZANDO UN GRAN DEBATE QUE ANUNCIAN POR TELEVISIÓN.

(TEN SONIDO)

>> Trátase de dar publicidade a un presunto encontro de "cráneos previlegiados" baixo o significativo nome de "BOICOT AO PROGRESO". A obxectividade xa comeza no título, pero merece a pena ver o spot polo frikismo dos intervintes que prometen asistir. En fin, que non vos pase nada cando sintonicedes esta "cadea".

 

>> O PSOE DESENVOLVE UNHA EXPERIENCIA MEDIOAMBIENTAL RECICLANDO UN MEMBRO QUE NON LLES SERVÍA PARA NADA.

 

>> Como dixo un representante local do partido, "Hai que concienciar á cidadanía de que calquera cousa que non teña utilidade nun momento dado pódesese aproveitar perfetamente. Mira nós: reciclamos ao Miguel Fidalgo e aí o tes, xa montou unha Plataforma con catro ideas podres e un bolígrafo... Ecolóxico cienporcién, nomejodas" Así o manifestou con certa desinhibición ao noso reporteiro.

 

(DIS)FUNCIÓN PÚBLICA

A OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL (OMIX) CAMBIA DE NOME E DE IMAXE CORPORATIVA PARA ADAPTALAS AO SEU CADAVÉRICO ESTADO FUNCIONAL

>> O motivo de que a falta de utilidade deste departamento non cheire moito é só porque xace embalsamado entre vendas e subvencións. A súa nova denominación,MÓMIX, e a venda no pé que lles serve de logotipo, acomódase moito mellor a tan lamentable circunstancia.

Abaixo, un cartel promocional no que se amosa a oficina nun momento de febril actividade (...nas cafeterías da praza)

>> Non moita xente coñece a súa existencia, pero nun Concello tan pequeno e con tantos frontes abertos, esta oficina dispón de funcionarios permanentes e fondos propios para mandar de cando en vez un par de rapaces a Malta a tocar a guitarra... Iso sí, algún dos poucos privilexiados que logrou desfrutar das escasas prazas manifestounos a súa enteira satisfacción: "Home, estiven en Estocolmo e non me acorda nadiña do que falaban os seminarios, agora, dígocho de corazón: farteime de pinar nas suecas coma-un-puto-porcooo! Cando haxa praza, volvo. Hostiasinón!!"

>> Pola súa parte, o director defendeu a defuncionalidade deste departamento: "Hombreeee, é que este servizo del Concello dedícase mayormente a imprenar de cultura la juventude del Ribeiro ¿mentiendes? Un suponer, ás veces enviamos rapaces a outros países para que asimilen la cultura europea, vamos, para que capten a indiosincrasia da cidadanía que virá en el século XXI, ou sexa, que también se intenta que asimilen a interculturalidá y a fusión interracial e... Bueno,e todas esas cousas, ya sabes", aclarounos con non demasiada precisión. Non obstante, as dúbidas sobre os verdadeiros motivos dos intercambios disipáronsenos totalmente cando nos amosou como exemplo esta foto dunha das participantes nunha suxerente postura... cultural.

 

UN XUBILADO DE AVIÓN INTENTA FACERSE PASAR POR CEPA AUTÓCTONA PARA QUE LLE SUBAN A PAGA.

>> O INTENTO DE FRAUDE DETECTOUSE CANDO O VECIÑO, CUIO AUTÉNTICO NOME É BELISARIO BARROSO, PRETENDÍA RENOVAR O SEU DNI FACÉNDOSE PASAR POR UNHA CEPA "SENLLEIRA" DE 1.787

>> "Cagoningundiós, a foto estaba trucada de catejoría. Se non chega ser polas orellas paso o control", exclamou o xubilado avionés cun sorriso un punto traveso; e añadiu: "Se chega a colar tiña pensado comprarme un coche sen carné. E dos bos, porque cotizando dende 1.787..."

>> O goberno bicéfalo da Xunta esta a dedicar un trato especial a calquera rastro da nosa "autoctonidade diferenciadora", como é o caso dunha moi celebrada cepa de 300 anos que permanece viva nun pobo de Avión. Dese ridículo hiperenxebrismo institucional pretendeu aproveitarse o pobre xubilado para mellorar a súa precaria situación económica.

>> D. Belisario xustificou perante o noso reporteiro o seu intento de fraude: "Mira neno, eu padézoche moito da próspera e cobro unha mierda de pensión; sen en cambio, a cepa de Vilar xa che está atendidiña por técnicos do Medio Rural, sáeche nos xornais e ata fala dela o Conselleiro. Conservar o patrimonio henéteco paréceme moibién-moibién, si siñor, pero eu son tan henéteco ou máis aínda ca cepa esa do carallo, e se a palmo alá vai a henéteca do Belisario a tomar polo cú, ¿estamos ao que hai que estar ou non estamos ao que hai que estar?".

>> Outro día que teñamos tempo preguntarémoslle de onde sacou a idea de asinar dese xeito tan orixinal...

 

A POBOACIÓN DE CARBALLEDA XA SE ESTÁ A ADAPTAR AO SEU PIONEIRO E ECOLÓXICO MODO DE VIDA IMPOSTO POLO "PARQUE MEDIOAMBIENTAL" DO SEÑOR MILIA.

>> O sector do ocio e do comercio da localidade está a asumir con naturalidade as futuras emanacións contaminantes que toda Galiza lles vai regalar. Con obstinado optimismo prantan cara á desfeita medioambietal e asumen a cagada do eco-ególatra Milia.

>> Unha boa mostra de como están a deseñar o seu futuro pode ser a dos comerciantes locais, que deron en sacar á rúa a súa innovadora liña "prêt a cheirer" outono/inverno, moi suxerente e meritoria para tratarse dun lugar tan pequeno. Velaiquí un folleto de propaganda dun dos comercios de significativo nome:

>> A dinámica xuventude tampouco está a perder a oportunidade e xa adapta a súa linguaxe e costumes aos vindeiros anos. Mirade o folleto anunciador dun festival convocado para novembro, a COMPOST PARTY: