RIBARRAVIA

ARQUIVO (2ª ÉPOCA)

PÁXINAS >> A / B / C / D / E/ F / G / H / I/ J / K / L / M

>> ARQUIVO 1ª ÉPOCA >> PORTADA ACTUAL

 

 

r

PARQUE "AMBIENTAL" DE CARBALLEDA DE AVIA

MILIA, ESPECIALMENTE INTERESADO NA INSTALACIÓN DUNHA EMPRESA RECICLADORA QUE CONVERTE OS NEUMÁTICOS EN TINTE PARA O SEU PELO

>> O EDIL ESTÁ A LANZAR UNHA LIÑA DE TINTES INSPIRADA NA VIRXE DE LODAIRO, POLA QUE TEN MOITA DEVOTACIÓN

>> "La Virgen me reveló en sueños que mis canas mal teñidas clamaban al cielo. Ahora os puedo garantizar que me siento maravillosamente con mi nuevo color y mis ideas recicladas". Así de coquetón se manifestou na presentación do producto nunha farmacia de Carballeda.

>> Os tipos de cores ofrecidos son Futuro Azabache (negro, negro), Mechas Independentes e Canoso Resésigo, a elixir segundo idade e complexión ideolóxica do individuo.

>> Pese a que a reciclaxe para obter o tinte resulta canceríxeno nalgúns dos procesos (sinalados con asteriscos vermellos), os fabricantes garantizan que producto final resulta absolutamente inocuo... para o cabelo.

>> Por certo que o alcalde, ademais de sacar partido económico á barbaridade ambiental que está a promover, tamén arrasou nas eleccións municipais. Se conoce que nese Concello aínda que non teñen cerebro a democracia vai "sobre rodas"... recicladas.

ERECCIÓNS MUNICIPAIS 2007

> O PARTIDO POPULAR PROBA CON ÉXITO O SEU DUMMY ELECTORAL PARA O PREVISIBLE BATACAZO NAS URNAS

>> O partido de dereitas que soñaba con ser centro ("Centrados en ti"...), preparou con obstinación unha candidatura "in extremis" abertamente concebida para a derrota.

 

>> José Pérez Iglesias resultou ser un prototipo electoral rexeitado polos seus, pero magnificamente dotado para resistir as hostias da oposición. Semella, pois, a opción menos mala para aguantar chaparrón nestes tempos de escaseza de líderes pepeiros...

* A estas alturas xa non fará falta que aclaremos que ningunha caricatura pretende o descrédito persoal dos interesados, senón unha crítica xenérica, seguramente arbitraria e non sempre malintenzonada dunha institución ou do grupo que representa.

> O PSOE BASEA TODA A SÚA CAMPAÑA NA "FIGURA" DE MARCOS BLANCO. LITERALMENTE.

>> A impronta de Marcos Blanco dentro do partido é tan absoluta que no canto de PEGAR CARTEIS inauguraron a campaña COLGANDO MARCOS (brancos) nas paredes das rúas.

>>Unha veciña da localidade manifestou ao noso reporteiro o seu estupor perante a fotoxénica pose do candidato:"Aigasús! Calquera diría que debaixo desa chaquetiña de primeira comunión coa que anda ás veces escondíase tanta dinamita! Como todo cho teña así van ter que cambiarlle o slogan por "GARANTIZAMOS CARALLO". Xa que estamos en ereccións... Non che parece? Jajajaja".

>> O noso reporteiro puido tamén constatar que no lugar onde se comezou a colgada de marcos podíase apreciar un nítido cheiro a Clembuterol, producto moi usado polos candidatos en campaña propagandística, como todo o mundo sabe, para acadar o engorde artificial das urnas...

>> Vídeo electoral do pechoi perpetrado por Tipiño (advertencia: está causando auténtico furor sesual... imprescindible: elixir "TAMAÑO ORIXINAL" na pestaña de abaixo á dereita de todo)

 

> O BLOQUE COMEZOU A CAMPAÑA MUNICIPAL MÁIS AGRESIVA E ADIANTADA QUE SE RECORDA.

>> Puidemos ver ao seu candidato facendo unha precoz campaña porta a porta... Tanto lle deu polas portas que apareceu a súa imaxe nunha do século XIII!!

>> A incrible ousadía estratéxica do novo líder Anxo Collarte levouno a aproveitar unha edificazón relixiosa e situar a súa figura esculpida nun tímpano da Igrexa de Santo Domingo. A idea dun anxo de mirada serea na entrada dunha igrexa posúe importantes connotacións de tradición e harmonía estético-espiritual; tampouco se lle pode negar que resulta impactante, subliminal, atrevida e... carece absolutamente de sentido, como ven sendo habitual.

>> Por certo, ao parecer o canteiro negouse a tallar a figura en bloque de cemento: "A verdade é que saco cousas máis acabadiñas tallando granito; non sei, dame máis seguridade...", din que dixo . E abofé que o home non mentíu, porque o Anxo saíulle cravadiño de todo, nomejodas!