RIBARRAVIA

ARQUIVO (2ª ÉPOCA)

PÁXINAS >> A / B / C / D / E/ F / G / H / I/ J / K / L / M

>> ARQUIVO 1ª ÉPOCA >> PORTADA ACTUAL

 

 

r

RADIO RIBEIRO RECIBE INFORMACIÓN PRIVILEXIADA SOBRE OS BENEFIZOS DO PARQUE PORCOEMPRESARIAL DE CARBALLEDA.

>> Unha epifanía de Santa Milia, a NOSA SEÑORA DA COMPOSTAXE, tivo lugar en Pena Corneira para revelar ao mundo as marabillas ocultas do Paraíso das Empresas Fedorentas. Por sorte, había unha testemuña privilexiada: un locutor local de Radio Ribeiro, quen aceptou de moi, pero que moi bo grao a súa misión "evanxelizadora"

>> A todo isto, a emisora local aproveitou o impacto da noticia para facer o seu slogan publicitario. Chámalles tontos...

(Ten sonido)

>> O reporteiro, en estado de trance sensorial, quixo transmitir en directo o evento pero só conseguíu tatexar: "Unha inversión... de mmmm...e... de mmm... entos millóoos!!; un área de mmm... eee.. miiiiiiiiiles de metros !!; e ademais, ciscunficientos miiiiiil millósss de postos de traballo !!, e alejría, e abundansia para todos, e... e... Aleluuuuuuuuya, irmáns!! Aleluuuuuuya !!!" Vamos, o que se chama, unha demostración de obxectividade periodística en toda regla. Por certo, no evento celestial calzaba as típicas babuchas de profeta.

>> A Santa, algo chulita, amosaba compost nas súas mans cunha altivez que se nos antollou impropia para alguén do seu cargo. No evento, limitouse a transmitir unha cargante mensaxe divina: "Y vino Yavé y dijo: hágase primero un alcalde bueno que gobernare a los hombres de buena voluntad: e hízose Milia. Y dijo luego: donde hubiere clorofila, hágase compost; y cumplióse su palabra". E sen máis, a santa desapareceu. Como para discutirlle...

>> Nós, non acabamos defiarnos de tan solvente fonte de información... Pero claro, é que nós non somos crentes...

 

EMOTIVA PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA POPULAR DE JOSÉ PÉREZ NO CLUBE ARTÍSTICO DE RIBADAVIA.

>> O ARRANQUE DE PRECAMPAÑA LEVA COMO CONSIGNA: "NENA", E COMO SLOGAN, "TES QUE QUERER AO TEU PEPITO. NON HAI OUTRO "

>> No acto, que tivo lugar onte, puidemos ver unha inesperada PRESENTAZÓN DE CANDIDATURA A CORAZÓN ABERTO que o protagonista descrebe así: "Como deduciredes do cartel, quero ofrecerme aos votantes tal como eu son, confesar o que amo e o que me doe, o negativo e o positivo. Trátase, por dicilo así, dunha CANDIDATURA/CATARSIS, cun programa electoral íntimo que só aspira a ser escoitado por votantes sensibles". Sen o seu chamativo tupé canoso e exhibindo mirada de víctima intentará sacar o máximo partido ao lado emotivo dos votantes. A campaña non vai ser fácil para un home "diferente" rexeitado en masa polo seu propio grupo...

>> O Sr. Baltar apresurouse en aclarar algo sobre o candidato: "E moito ojito, eh?, que non é mosesual en lo asoluto; marbién é sensiblidá, que son dous concetos moi diferenciados. O que pasa é que o rapaz está a pasar un momento delicado. Pero agora xa está posto de candidato e non se fale máis", rematou tallante.

>> A presentación non foi tumultuosa, pero si moi impactante. Por suposto, non acudiu ningún representante do núcleo duro do PP, pero sabemos que quedaron estupefactos cando o calificativo de "NENA" que usaran para criticar a José Pérez Iglesias por certa decisión "frouxa" do pasado, sérvelle agora a este candidato de eficaz título de campaña.

>> O Alcalde de Beade, por desgraza, fixo unha das súas lamentables aparicións no acto onde, insensible ás confesións íntimas e aos programas descarnados do "Pepito", intentou tapar, por decencia, "las partes íntemas de nuestro representante", un entregado candidato, por certo, que moi valerosamente apareceu en coiros perante os concorrentes...

>> A todo isto, o deseño é un plaxio da portada do último disco de Miguel Bosé. E respecto á simboloxía dos tatoos non imos dicir nada que non saibades...

 

O CARTEL DA ÚLTIMA FEIRA DO VIÑO OCULTABA UNHA MENSAXE SUBLIMINAL: "MOITO RUÍDO E POUCAS NOCES".

ADEMAIS DE ESTAR MOI BEN DESEÑADO, ADIANTABA O RELATIVO DESASTRE: CHOIVA, FALTA DE ADEGAS IMPORTANTES, BOICOT DALGÚNS MEMBROS DA DEREITA E, SOBRE TODO, RUÍDO, MOITO RUÍDO.

>> Os corchos foron imprescindibles no recinto feiral, pero non para o viño, senón por culpa do tema acústico, que estivo protagonizado por uns altavoces a media altura que máis que anunciar comida acojonaban aos concorrentes, ducias de panochos que non paraban de molestar con bromas alcólicas a través dos megáfonos, e uns sempre estridentes e inoportunos músicos que aparecían por calquera recuncho a tocar o carallo. Todos eles acabaron por conferir á Vila un irrepetible ambiente taurino moi autóctono... en Jerez de la Frontera.

 

>> Pero vamos ao serio: este ano, por fin, HABÍA COMIDA!! Joder, tampouco era tan difícil, ¿non?

A pesar de tanta desgraza, da chuvia, da ausencia de bodegueiros pijos e da inasistencia dalgúns pepeiros ultramontanos, a xente achegouse a catar o Ribeiro e a papar empanada coma se fose o último día do mundo. Una vez máis a afortunada combinación do "chouriso power" e o viño de balde impediu un fracaso cantado.

(Por certo, que un inoportuno tratamento contra a sífilis cardiopirolar impediulle ao noso reporteiro catar nos stands os viños en condicións idóneas, ou sexa que este ano quedades sen crítica enolóxica de altura...)