|
RIBARRAVIA ARQUIVO (2ª ÉPOCA) PÁXINAS >> A / B / C / D / E/ F / G / H / I/ J / K / L / M >> ARQUIVO 1ª ÉPOCA >> PORTADA ACTUAL
P U B L I C I D A D E ESTREA NA VILA
O CONCELLO ESTÁ A CONSEGUILO: RIBADAVIA, XA ESTÁ Á CABEZA CREATIVA DE EUROPA GRAZAS ÁS ASOCIACIÓNS CULTURAIS. "ESTAMOS EN CONDICIÓNS DE AFIRMAR QUE AS OPCIÓNS CULTURAIS QUE OFRECEMOS ACTUALMENTE AOS RIBADAVIENSES SON PRATICAMENTE INFINITAS: HOXE TOCAMOS CASE A UN ACTO POR SEGUNDO, E OS VINDEIROS DÍAS, POIS... DIOS DIRÁ!" - manifestou un pletórico presidente do Holding Cultural máis hiperactivo da Comarca. >> Como mostra destacada, ofreceuse no PUB ALJAMA una conferencia/performance titulada: <<Rodrigas interestelares en Andrómeda IV: unha aproximación ao esquivo concepto de "traballo">> a cargo dun catedrático de universidade... doutra galaxia! (ten sonido)
>> Performances, música e conferencias cósmicas están a xenerar a extenuación intelectual dos Ribadavienses, que nunca se viran noutra. Os grupos non paran de agasallar con inesperadas e comprexas materias fora de contexto a unha poboación que xa amosa síntomas de cansanzo pola síndrome C.S.I.I. (Cultureta Saturation by Idle Initiatives), pero o fenómeno parece imparable. >> Cómpre valorar se estas actividades, definidas polos autores como un "proxecto enfocado baixo unha perspectiva de transversalidade ou mainstreaming (comorrr??) en cuestións de xénero, medioambientais..." acabarán por incidir na nosa diminuta localidade para convertela, por fin, nunha frenética Manhattan... >> Non queremos aburrirvos, pero para que vos fagades unha idea, velaiquí tendes máis conferencias: "Gammaglobulinas e racións de orella: vantaxes para a inmunoloxía fetal",no Bar O Morto; "Aproximación á Xeneración Matute: sexo, SMS e rodas anchas", na Cafetería TestoyAmandoLocamenti; "Fisiofractalización en Bloque: últimos avances na colisión de partículas antagónicas", tamén no Aljama... E así centos e centos de actos... Diormío, quecapacidá! En cinco anos xa me vexo pedindo o pulpo en inglés... TRANSPORTES O ALCALDE, VÍCTIMA DAS DURAS NEGOCIACIÓNS COA EMPRESA DE TRANSPORTES ALEATORIOS MONBÚS >> A empresa macarra MONBÚS négase a recoller e deixar >> A pesar diso, ENVIARON RECENTEMENTE UN "NEGOCIADOR" AO CONCELLO DE RIBADAVIA coa decidida vontade de chegar a un "acuerdo legítemo que satirfaja a ambarlardós partes, pero siempre que sea ótimo para nosotros, pursupuesto". Nese ton preocupante se manifestou o director da empresa o Sr. Corleone, que está a piques de sufrir importantes sancións.
>> Polo de agora, e segundo fontes solventes, o "negociador" levou a cabo a súa tarefa con grandísima eficiencia, como o proba a foto que se viu obrigado a sacar o líder para figurar no libriño electoral. Menos mal que non chegou a saír da imprenta...
>> O Psoe ribadaviense >> A última hora botaron man dos mesmos técnicos que concebiron o bucólico folleto para apoiar o Parque Ambiental. O resultado foi unha labor de maquillaxe e ocultación de defectos absolutamente irreprochable. A versión definitiva é a que xa circula polas rúas.
>> Por certo, que o seu vídeo electoral está causando auténtico furor sesual... (VER VIDRIOCLÍS - imprescindible: elixir "TAMAÑO ORIXINAL" na pestaña de abaixo á dereita de todo) A XUNTA CREA NOS CONCELLOS DO RIBEIRO OS GRUMOLIM, (GRUPOS MUNICIPAIS DE OCULTACIÓN INFORMATIVA E LIMPEZA DE IMAXE), COA FIN DE DAR IMPULSO AO PROXECTO DO VERTEDOIRO DE CARBALLEDA. >> A súa misión será a de "liberar de obstáculos" o proceso de implantación do Parque Ambiental, o que incluirá dende eliminar calquera rastro físico de oposición ata organizar actividades festivas de despiste, congresos paripé de educación ambiental ou mesmo a "desactivación" de colectivos reacios mediante desacreditación moral.
>> Os seus membros se encargarán de facer como que non existe proxecto de vertedoiro ata que xa estea feito, momento no que rematará o seu contrato. Nós consideramos esta tarefa totalmente innecesaria tendo en conta a falta de sangue que están a amosar os pusilánimes ecoloxistas, os grupos "culturais" e os numerosos colectivos afectados, que aínda non organizaron nin a primeira protesta pública... >> É máis: o éxito desinformativo xa estaba a ser total, como o demostra que nos estean a cravar a recicladora de LODOS nauseabundos sen debater nin aportar dato ningún. >> Non obstante, na Consellería do Miedo Ambiente habilitouse un teléfono para informar aos cidadáns sobre o asunto. O número é 8239857298752935723894, pero Telefónica informa de que ese número non existe... |
|||
|
||||