NOTICIAS | PE DE FOTO | ARQUIVO | FORO
 
·· BREVES
 

 

 

|||||||||||||||||||||||||··> Esta web volve estar activa, pero iso non supón a reapertura da Revista Ribarravia. Os seus contidos (espero que esporádicos) se limitarán a algúns apuntes que me permitan pronunciarme exclusivamente sobre o tema do vertedeiro de Melón. No haberá humor nin montaxes fotográficas nin entretemento.

Invito a calquera veciño que queira tratar só sobre este asunto da incineradora a usar o FORO. O único sentido de dotalo novamente de funcionalidade é o de aproveitar esta ferramenta para favorecer o previsible movemento anti-incineración.

---

 

··> A CONCELLALÍA DE FESTAS DOTA DE PARQUE MÓBIL PROPIO ÁS ASOCIACIÓNS CULTURAIS DE RIBADAVIA

¬O edil de cultura da un paso máis para acadar o absoluto sometimento institucional da dócil xuventude ribadaviense. Os grupos con vocación organizativa disporán a partir de agora de vehículos totalmente adaptados á súa particular idiosincrasia. "Trátase-dixo con escaso entusiasmo o concellal Anxo Callarte- de facilitarlles infraestruturas propias para que eles poidam divulgar todo esse potencial artístico que levam dentro. E os que non levan potencial nengúm por dentro, polo menos que se arrangem por fóra e se ponham ata o cú de cerveja. É que outra cousa nao se me ocorre, francamente".

¬Aparte das habituais discrepancias na distribución de fondos, estanse a dar problemas na adecuación dos vehículos ás características de cada asociación. Unha das eleccións máis problemáticas está a ser a do coche de ArteOficial. En principio, o modelo proposto sería un enorme zurullo de dromedario provisto bafles de goma a modo de rodas, e cubrindo todo o bólido unha capa de pintura con ilustracións de partituras de ínfima calidade musical. "Ese modelo parécenos o que mellor definiría, así, a bote pronto, as nosas inquedanzas e soños alternativos de mainstrimin" -dixo o presidente.

··> A PLATAMIERDA DE MIGUEL FIDALGO RETOMA CON FORZA O DEBATE A FAVOR DO VERTEDEIRO

¬Ao parecer, o grupo pro-cáncer volve apostar polo entusiasmo e contundencia divulgador do que fixeran gala hai uns meses, e está a facelo mediante unha ampla gama de "actuacións inequívocas que estirpen los miedos atávicos y las reaciones asurdas que todavía alberga la cidadanía más casposa". O coche dun veciño de Francelos, coñecido activista antiparque, da fe da liña dialéctica que está a recuperar o Psoe provincial para o defunto pero vivísimo debate do Parque Medioambiental.

¬Segundo fontes fidedignas, a Fidalgo a-Rueda, coñecido escachador de pneumáticos local e senador "full time", lle foi conferida total liberdade de acción para "convencer reacios con los mecanirmos que sean necesarios para otener la reconversión de pensamientos retrógados", referíndose á poboación local reacia á implantación dunha pranta residual no corazón do Ribeiro. Que non pase nada.

··> ALGÚNS TURISTAS QUÉIXANSE DE QUE O VIÑO DA COOPERATIVA LLES FAI MEDRAR AS TETAS

¬ A denunza do cidadán estranxeiro Tanato Chin Lao, parece confirmar o que viñan sospeitando varios adegueiros independentes da Comarca: que o viño de baixa gama da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro contén aditivos que inflan desmesuradamente as glándulas mamarias dos homes.

¬O dito turista puido comprobar con sorpresa como despois dunha ronda de viños os pezóns lle acadaban unha turxencia desmesurada, polo que presentou a correspondente denunza por intoxicación. Os responsabeis desminten rotundamente a acusación argumentando que se fose así os veciños que fan ronda diaria deberían ter a estas horas uns corpos totalmente feminizados e unhas tetas coma portaavións. Non obstante, o enólogo da empresa apunta a posibilidade de que os aditivos dos viños máis "económicos" poidan chegar a afectar algo, sí, pero únicamente aos chineses, e concretamente aos da zona de Manchuria, e polo tanto non existe risco ningún para a poboación local.

··> LUIS MILIA CONSINTE EN CONXELAR O SEU PROPIO CEREBRO POR SE O DÍA DE MAÑÁ LLE SIRVE PARA ALGO

¬ O Alcalde de Carballeda considera que o seu tecido nervoso xa non está para moitos trotes. Unha vez abortado o proxecto do Vertedeiro, entendeu -aínda que con dificultades- que a súa corteza cerebral perdera virtualmente toda utilidade política. "Agora que non teño que insultar e inventar cousas sobre o Foro Social véxome esmorecer; é como se non tivese gañas de nada, deverdá cho digo ".- confesou. "Por iso acetei a proposta dun taxidermista amigo meu que me propuxo someter o meu cerebro a conservación crioxénica, igual ca fixeron con Walt Disney. E dixen eu: Por que non? Quen sabe, ao mellor o día de mañá incluso me pode servir para algo!"

¬Pola súa parte, o encargado da crioxenización, Castalio Donopán, non tivo reparos en recoñecer que a súa proposta oculta intencións de certo calado filantrópico : "Mira, yo bien sé que la cabeciña deste hombre aquí lo único que va a hacer es el mal. Por eso pensé que del mirmo modo que se conservan los genios, también sería bueno conservar los proyeto humanos más lamentables para que los estudien las generaciones vindeiras. Eso pienso yo".

··> TELE ARNOIA ESPERA ACADAR RÉCORD DE AUDIENCIA CUNHA ENTREVISTA AO CANTANTE "FALETE"

¬ A emisora local pretende celebrar a súa despedida analóxica por todo o alto, por iso está a promocionar un programa de variedades que contará coa presenza do coñecido cantante folclórico.

¬ O spot autopromocional xa está a ser obxecto de polémica no Ribeiro. No pequeno fragmento aparece o presunto artista realizando confesións sobre a súa vida privada e comentando algúns aspectos dun dos seus discos máis aprezados, "Amar duele". Sen embargo, hai quen asegura que se trata dunha simple montaxe de Telearnoia e que en realidade a porción de vídeo foi obtida dunha antiga entrevista a un coñecido alcalde do Ribeiro mentres confesaba entre bágoas que "perder duele", referíndose ás últimas autonómicas. Xulguen vostedes.

 

··> O CONCELLO DE RIBADAVIA INSTALA UNHA TOSTADORA PÚBLICA QUE FUNCIONA CON ENERXÍA SOLAR

¬ Convértese así no pioneiro da provincia en instalar mobiliario electrodoméstico urbano que funciona exclusivamente con enerxías renovables.

Tamén cómpre dicir que, tendo en conta a inclinación excesiva do banco, o material candente co que está fabricado e a súa inverosímil colocación nunha rúa sen apenas tránsito peatonal, moitos sospeitaron inicialmente que se trataba dunha falcatruada dos rapaces na noite de San Xoan, o que foi tallantemente desmentido polo edil de obras inútiles.

¬ Os veciños quéixanse de que o seu uso está resultando moi perigoso. De feito, xa hai dúas víctimas que resultaron feridas polo seu defectuoso deseño. Un deles foi un ousado veciño de San Cristovo que apostou con outro que soportaría máis de tres segundos sentado, obtendo como resultado unha queimadura de terceiro grao nas nádegas e un billete de 20 euros na carteira. A outra foi unha rapaza de Francelos que sufríu a inserción accidental dunha rebanada de pan Bimbo nas súas partes íntimas. Ao parecer o pedazo de pan de molde traspasou sen dificultade o diminuto tanga que a protexía ata encaixar con desagradable precisión no lugar de destino. A esta hora o veciño recupérase favorablemente e a moza xa foi dada de alta. A nai desta declarou que estuda denunciar ao Concello, pero añadiu aliviada: "E menormalo que a rebanda tiña untada algo de mantequilla, porque senón este verán a pobre meniña quédaseme sen estrear o amoto que lle regalou o pai por aprobar o curso". Pois menos mal...

 

 

 

 

 

 

>>>>>> ENLACES DE INTERESE

·| Foro Social Temos Dereito a Saber

·| Asociación ecoloxista Coto do Frade

·| Asociación ecoloxista Ridimoas

·| Emerxencias Ribadavia

·| Amigos do Museo Etnolóxico de Ribadavia.

 

marzo09 >> abril09 >> maio09 >> xuño09 >>

FINALMENTE, O RIBEIRO SERÁ UN VERTEDEIRO: Carballeda líbrase do Parque medioambiental do PSOE/BNG para que o PP destroce Melón cunha incineradora.

CONSIDERACIÓNS PREVIAS (UNHA DE ARAMÍS FUSTER)

·> Aposto a que na sorprendente resurrección do tema do lixo no Ribeiro, o PP non caerá nos "erros" do bipartito. Esta vez o proceso tamén será antidemocrático, por suposto, pero está claro que substituirán unha somera propaganda multicolor polo segredo estricto e a vía dos feitos consumados como xeito de actuación. O post-fraguismo diso entende cantidade... Quero dicir: con gran probabilidade, a incineradora vaise facer. Seguramente a esta hora xa hai minuciosos planos de actuacioón e un informe de impacto medioambiental trucado para cando faga falta. Canto nos xogamos?

·> De momento, os previsibles e desagradables efectos colaterais comezan a cheirar por todo o Ribeiro. O nunca suficientemente vilipendiado Pardellas amosa xa indisimuladamente o frenesí por trincar, e adiántase ao pecado sacando peito cun moi significativo "defenderei a morte os desexos dos meus veciños". Abstense moito de dicir que defenderá aos seus veciños dun cancro incinerador porque xa todos sabemos como funciona Melón e os seus escasísimos e subornados veciños, que acatarán o que el queira e cando el queira. Meteranlles unha incineradora ou un tronco de carballo por via anal sen vaselina, se fai falta. Xa todos coñecemos ao cabezaporco de Melón e o funcionamento medieval de tan mermado pobo.

·> Polo que atinxe ás moi madrugadoras manifestacións de Coto do Frade, conste, o primeiro, que eu xa esperaba este tipo de comportamentos. O seu contundente pronunciamiento en contra do proxecto en Melón non esperou nin á consolidación dun simple rumor. Co Parque de Carballeda lograron ampararse con tanta covardía coma desfachatez durante moitísimo tempo na falta de datos oficiais ("aínda non se sabe nada", dicían mentres o Plan de Vivenda xa estaba asinado), pero esta vez non lles fixo falta esperar 2 anos. Oficialmente non hai proxecto, nin anuncio formal ou informal, agás unha sospeita, e sen embargo xa lles vale para pronunciarse abertamente e por a todo o mundo en alerta máxima. Como é que se volveron tan áxiles nas protestas agora que goberna o PP? Será que sempre foron un brazo do Bng? Home, é que hai alguén que aínda o dubide?

 

·> O curioso é que a estas alturas tamén xa saiban que se tratará dun macrovertedoiro, término que se abstiveron de aceptar para Carballeda ata ben tarde, aínda sabendo de que se trataría un polígono de 1.200.000 m2 dedicados ao lixo. En fin, agora tamén dirán que no Parque non o tiñan claro porque alí se reciclaba e non se incineraba, cando calquera con dous dedos de frente e unha pouca de información sabe que todos os procesos que queimen residuos producen os tóxicos máis potentes que existen, tal como ía ocorrer en Carballeda. O parque medioambiental supuña incineración encuberta, tal como o definiría Greenpeace ou Adega (ata Adega!) e non estes saltimbanquis e dubitativos paxarólogos de mentes difusas que temos que soportar no Ribeiro.

·> Remato augurando unha proveitosa redención moral dos PECHOIBLOQUITOS grazas a este proxecto terrible. E para min este supón un dos aspectos políticos máis irritantes dentro da terrible noticia medioambiental. Con toda seguridade sacarán tallada política neste tema alegando que eles prometían no Ribeiro algo "moderno, baseado na reciclaxe e postos de traballo". O caso foi que o seu desastre xestouse pero non chegou a nacer, e agora poden vender ese desastre non-nato coma unha auténtica marabilla de prosperidade en oposición á terrible noticia da incineración pepeira en Melón. Eu no sei, pero coma vexa unha bandeira do BNG ou do PSOE nunha manifa anti-incineradora e eu estea presente, non respondo de min.

Veciños, seguiremos conspirando.

Atopan na cafetería do Clube Artístico un cliente que levaba morto nove anos.

DALMACIO SUBASTADO, DE 84 ANOS, ERA MEMBRO HONORÍFICO DO SELECTO CLUBE E MOI COÑECIDO POLA SÚA CAPACIDADE DE MANTER A MIRADA FIXA SOBRE UN CAFÉ PERANTE HORAS |Fatimina Garnacha

A capela ardente quedou instalada no Clube Artístico

>> o camareiro deuse de conta do deceso de don dalmacio porque na súa taza de café estaban medrando silvas. O dito traballador falou así do defunto: "A verdade é que cho sinto ben. O señor Dalmacio facíame muita compaña neste local semivacío. Érache moi obediente e levantaba os pés cando eu tiña que barrer debaixo; ademais, oes, nunca me deu unha mala palabra. É certo que tiña certas ínfulas de señorito da Vila e repetía que a súa familia era de rancio abolengo. E o de rancio pode ser, porque vivía nun pisiño medio podre da rúa Progreso; fíxate que ata levaba os palillos para non gastalos na casa... Pero vaia, en paz estea. Eu vouno botar ben de menos"

>> o concello está estudando deixalo aí momificado e declaralo patrimonio cultural. Así llo propuxo Castela Auriense á Corporación Municipal en vista da "singularidad fenoménica de un individuo que encarna las más recias virtudes de la antaño ilustre Villa de Ribadavia"-así se pronunciaba nun ton un tanto solemne o presidente da Asociación-. "De hecho, nadie puede negar que se trataba de todo un SEÑOR, aunque fuera con un sombrero raído en la cabeza y un café frío bajo la nariz. Seguramente los más altos y dignos pensamientos sobre la Vila y su entorno se hayan pasado en algún momento por su inteligente cabeza. Eso sí, también padeció la maldición de tantos y tantos personajes importantes de Ribadavia y no logró cuajar su gran valía en ningún trabajo útil o tangible, pero en cualquier caso que en paz descanse."

Un exaltado grupo de españolistas toma pola forza o goberno no Concello de Castrelo de Miño

XURXO RODRÍGUEZ SOPORTA O ASEDIO DENDE UNHA SILLA DA CASA CONSISTORIAL, ONDE QUEDOU ATRAPADO POR UN DESAFORTUNADO EFECTO VENTOSA | Consuelito Astray

>> un pasodoble tras a misa de san roque foi a chispa emocional que desencadenou o movemento patriótico. Segundo testemuños presenciais, un nutrido grupo de fieis que presenzaban o chapuceiro acto relixioso no Náutico, puxéronse espontaneamente en marcha como disparados por un resorte coa fin de "recuperar el poder legítemo que se nos arrebató en su día por esta horda de separatistas subvencionados. Puede que el resto de España se rompa, puede ser, pero enmientres a este grupo de SSSPAÑOLES nos corra sangre por las venas y nos quede un hálito de vida, y contando, clarostá, con la generosidá implíceta de esa gran empresa filantrópica llamada LaFenosa para que no nos chape la luz, garantizamos que Castrillón del Embalse gozará dun orgulloso porvenir como baluarte de la defensa SSPAÑOLA en esta tierra de rojos sin entrañas". Con esta arenga e sen anestesia, comezou o líder rebelde Sinacio Beltréchez a espolear aos seus seguidores perante a estupefacción xeralizada dos demais asistentes.

>> algúns veciños están proveendo de viño e empanada de anguía aos golpistas, que organizaron o seu posto de mando na sacristía da igrexa. Un concellal do Psoe explicaba así o fenómeno: "Simplemente, neste Concello viña existindo un reservorio de fachas que todos considerabamos inofensivos, pero ocorreu que ao detectar eles a debilidade do tambaleante bipartito viñéronse arriba. En realidade foi a nosa culpa-aclarou o coñecido edil- e agora son pesimista porque xa tomaron os puntos clave: o Concello, os bares e a Igrexa de Santa María. Incluso pecharon a única instalación útil de todo o Concello, a Piscina. Din eles que <<para evitar o escabroso espectáculo duns corpos provocadoramente destapados>> que tamén hai que estar enfermo... Para máis, o señor alcalde alí quedou paralizado na súa poltrona, esperando instruccións de Santiago pero sen pedir axuda a Madrí porque o seu catastrófico partido non recoñece ao Estado autoridade sobre o municipio, e así nos vai... Nostante, eu dígoche unha cousa, entre a cosmética social bipartito e o desastre morrente que eiquí tiña organizado o PP, eu case che prefiro a estes pirados. Polo menos teñen ideoloxía propia, e coidadito, porque nas festas gastronómicas non van reparar en gastos. E total en Castrelo outra cousa que festas non che temos... "

Pardellas executa voluntariamente a demolición do Pabillón ilegal coméndoo a cachiños.

"SEICA AS VIGUETAS LLE DERON UN POUCO DE ARDOR DE ESTÓMAGO, PERO SE O VES RILLAR NOS CIMIENTOS, AQUILO ERA UNHA COUSA FORA DO NORMAL" -comentaba asombrado o Xefe de obra |Teléforo Estrume

>>"la prensa que se coloque desta beira. y agora sólo vos pido que se me grabe aquí enmientras cumplo solenemente con la legalidá legítema". Con este desafiante entusiasmo comezou o alcalde máis primitivo da Comarca a subsanación pública da desfeita patrimonial que el mesmo levara a cabo incumprindo todas as normativas: construír un pabillón á beira dun magnífico Mosteiro. Sen embargo, ningúen puido negar a súa vocación de cumprir as reiteradas sentencias condenatorias ao comprobar como con total naturalidade e cun sorriso que lle ocupaba toda a cachucha, comezaba a inxesta de anaquiños de formigón acompañado duns simples groliños de tinto encabezado. Nesa complicada circunstancia incluso aproveitou para dar conversa á concorrencia: "Y coste que las vijetas no me lar meto de golpe porque se me empapulan, pero esperarse a que lleguen las colunas, veréis si este alcalde sabe o no sabe ejecutar las sentencias". Pasadas unhas horas o Mosteiro de Melón foi reaparecendo entre o verde mentres o material de construcción se sometía á implacable dentamia do controvertido edil. Algúns concorrentes comentaron que seguramente en ningunha parte do mundo se deu xamais un caso tan esaxerado de sometimento dun político ao estado de dereito...

>> os veciños, afeitos a estas arroutadas do alcalde non se acaban de fiar "Tamén nos prometera hai anos manter as pozas puras e intatas e mira, tragar tragouchas de catro sorbos, pero ao final non foi nada: terminou gomitándoas case igual ca estaban, con bañistas e todo"-dixo un veciño. O Pardellas éche moi fantástico -continuou-, fai o espetáculo, pon a posturita e logo todo e noite. O importante é que non manque a ninjién, porque este non che ten sentidiño ningún e nunha destas provócache un acidente e mata un cristiano. Vós non coñecedes ao Pardellitas... "

Os ecoloxistas denunzan que unha praga de pescadores está a invadir todas as augas dispoñibles do Ribeiro

A ESCASEZA DE PEIXE LEVA A ALGÚNS DESTES "DEPORTISTAS" A BUSCAR PEZAS DENTRO DAS BAÑEIRAS DOS VECIÑOS | Tonecho Calostro

>>"a pesca mantén baixo control a moito neurótico e evita un bo número de divorcios" -Así de rotundo defende esta perniciosa afición o Presidente da Asociación de Pescadores da Franqueirán O Anzol Insoslaiable. "Ademais, como deporte de alto risco que é (as estatísticas de catarros con mocos e torceduras de tobillo non me deixan mentir), favorece un estimulante e equilibrado contacto entre especies. E non me mires así -continuou- porque hai estudios científecos con peixes que demostrarn que cando se lles fura a boca ao morder un anzol sinten un pracer inconmensurable. É máis, cando excepcionalmente os deixan vivos no río chegan a padecer a famosa "síndrome de Estocolmo" e volven coma fojetes na busca do pescador para que os trinquen de novo"-alegou con entusiasmo. "Alrespetive do poglema da escaseza de fauna -añadiu- estamos pensando que cando deixemos esquilmados todos os ríos xa miraremos de pedirlle á Xunta unha subvención para a cría e posterior solta de patiños de goma nos coutos de pesca. De momento é unha idea que xurdíu e está aí".

>> unha señora da quinza atopou onte un furtivo metido na súa bañeira e o marido non o tomou nada ben.- O allanamento saldouse coa pesca dunha esponxa usada e un gran susto da veciña. O seu marido, o ferreteiro Benigno Cirrincho, presentou denunza por pesca ilegal. "Que os pescantíns se poñan histéricos por pillar fauna pircícola onde sexa, pase, pero neste caso houbo dúa ilegalidades: Unha: a bañeira é propiedade privada. E dúas: por se tampouco se deu de conta ese baboso, a miña señora non pertence a ningunha clase de peixe. A miña Obdulia é marbíen da índule mamífera. E das boas, por certo; e se non me cren os do Seprona que lle miren debaixo do garsé. E outra cousa: a estes "amantes da natureza" que tanto gustiño lles da que un ser vivo quede atrapado do outro lado do sedal, o mellor que poden facer é atar o fío na punta do seu carallo e moverlle a cabeza mentres fan unha palla. Xa verás como así non molestan aos cristianos nin foden aos pobres peixes. Ascarosos, que son uns ascarosos!"- dixo comprensiblemente fora de si.

O aparellador do Concello de Ribadavia da a luz unha preciosa licenza municipal mediante parto provocado

TRÁTASE DUNHA FERMOSA LICENZA FEMIA PARA KIOSKO, OCUPA 143 FOLIOS E NECESITOU TRES ANOS E MEDIO DE XESTACIÓN| Tatiana Cheporeda

>> "eu prefería unha licenza macho para poder montar un taller, pero tanto ten, o caso é que veña saniña"-declarou o solicitante da criatura tolo de contento despois de tanta espera. "Levaba máis de dous anos preguntando inutilmente no Concello cando ía ter lugar o alumbramento, pero me remitían ao aparellador, que engordaba e engordaba pero non rompía augas nin facéndolle un buraco. O embarazo fíxoseme eterno, pero a verdade é que sempre foi unha licenza moi desexada e agora estou feliz de la vida. E dígoche máis, a miña muller e máis eu xa estamos pensando en ir a pola seguinte. Xa teño na casa os impresos e non pensamos tomar precaucións, xa me entendes..."-dixo con picardía..

>> o embarazo do aparellador foi calificado de alto risco polos médicos. "En este momento la licencia y el parturiento se encuentran estables, pero hubo momentos muy preocupantes. Lo que nos decidió a provocar el parto fueron tanto la desmesurada duración del proceso como el mal estado de muchos de los documentos, que llegaron a comprometer muy seriamente el proceso de gestación."-informou o facultativo. Pola súa parte, o técnico declarou, todavía doente tras as contraccións: "La gente no se da de cuenta de lo que supone llevar esta responsabilidá en las entrañas de uno, no tienen ni noción de qué es esto de ir alimentando papel a papel y sello a sello estas criaturas tan delicadísimas. Esto sólo lo puede saber el que lo sufre."-dixo nun ton un tanto queixica.

Alarmante incremento do número de viticultores adictos ao metabisulfito de síntese.

SANIDADE APUNTA COMO POSIBLES CAUSAS O " ESNOBISMO QUÍMICO" DAS NOVAS ADEGAS E O DESARRAIGO SOCIAL DOS VELLOS PRODUCTORES NUN MUNDO DE TRUNFO ENOLÓXICO FICTICIO| Osvaldo Tetina

>> segundo aclara un coñecido sociólogo local, "Botarlle ás cubas sustancias de insólita orixe para regular a fermentación viña sendo un costume de moita raigame entre viticultores que, polo demais, obtiñan uns caldos francamente deplorables. O problema comezou coa nova moda do marketing, da alquimia de postín, dos equipos de frío de última xeración e desa competitividade un tanto chosca que, por certo, tras varios anos aínda non sacou ao Ribeiro fora das fronteiras da Provincia... Foi neste punto cando se detectaron os primeiros casos de dependencia. Supoñemos que o inocente xogueteo con múltiples aditivos novidosos para chamar a atención da impresionable clientela potenciou o consumo de metabisulfito nos adegueiros. E o malo non foron os desconcertantes caldos que se veñen premiando na Feira do Viño, o peor de todo foi o preocupante número de productores que esnifan os seus propios experimentos. Unha auténtica lástima".

>> o estremecedor testemuño de braulio lengüelle (nome ficticio):

"Eu tardei moito tempo en acetalo, pero co bisulfito vaiche pejando dende o principio un comecome no soscorciente que non hai xeito de que te solte. Un día próbalo por xogar, case ao tuntún, mentres lle corrixes o jrado ao mosto ou lle miras a temperatura, e aos poucos días xa estás saíndo da adega de madrugada, mentres a parenta está durmida, para que ninguén che note os fuciños brancos de tanto esnifar. E non che son o único. Se che conto canta xente coñecida percorre a diario a "ruta do bisulfito" seguro que no me cres! Algún hai que se mete dando palanca á máquina de sulfato En fin, son cousas que pasan... Pero digo eu: e quen carallo me mandaría a min cambiar os pipotes polos depósitos de aluminio e arrincar aquelas cepiñas tan lindas de xerez que plantara eu ao vir do servicio militar?"- laméntase botando a man á boina.

Confunden a protesta duns traballadores de Ataúdes Chao cunha actuación da Fura dels Baus

O PAPANATISMO DO PÚBLICO E O AFÁN PROPAGANDÍSTICO DUN CONCELLO ANSIOSO POR FACERSE VER PERMITIRON MANTER O ENGANO ATA O FINAL DA "ACTUACIÓN" | Tancredo Vacaloura

Un grupo de traballadores lanzando panfletos de protesta dende o aire

>> O director da fura dels baus, de xira en escocia, manifestou á prensa: "Lo que nos sorprende de este asunto no es que nadie se haya dado cuenta de que no éramos nosotros, aún sabiendo que estaba previsto que actuaríamos dos días después, sino la inesperada riqueza plástica que lograron alcanzar unos simples proletarios sin ensayo previo y colgados de una grúa que no cumple las exigencias técnicas más básicas... Les aseguro que este tipo de coreografías aéreas resultan complejísimas de ejecutar. En fin, si somos sinceros, creo este incidente nos obligará a replantearnos la posibilidad de subsanar ciertas lagunas artísticas de que vienen adoleciendo nuestros impactantes montajes".

>> O Alcalde e demáis autoridades mantiveron o engano proveendo de luces e grúas ao exaltado grupo "para no perjudicar la credibilidá de un evento cultural en efervescencia que está dando a conocer a Ribadavia en el mundo entero. Visto lo visto, no tengo reparos en confesar -dixo o Alcalde- que nuestra ambición cultural con la Mostra de Teatro no conoce límites; y si algún día los tiene no vos daréis de cuenta porque para entonces ya estaremos, como poco, a la altura de la estrella más lejana del filmamento".

>> Os sindicatos convocantes din acusar un sentimento agridoce: "Por un lado -manifesta o delegado- acadamos un protagonismo sen precedentes, e iso é bo; pero por outro, os compañeiros sentímonos alí un pouco coma moniños de feira, joder. E nós o único que queremos é que o Estado deixe de pagar carísimas paiasadas e nos dea un pouquiño de seguridade laboral. Porque isto de traer saltimbanquis carísimos véxoo moibién moibién, pero se por mala sorte caen ao chan, a ver quen carallo lles fai as caixas"...

Os traballadores, pola súa parte, quitáronlle importancia á arriscada protesta. Así opinaba un dos operarios: "Mira, machiño, iso de colgarse polas pelotas a corenta metros dentro dun mono branco mentres a túa sogra mira dende o chan como fas o paiaso pode ser moi "artístico", pero eu non o volvo facer nin baixo ameaza. Para colmo, mañá vou ter que ir para as viñas coa ingles todas escarapoladas, joder, que a cousa non che é así como parece"

 

 

PUBLICIDADE

 

---------------