![]() |
||||||
·· BREVES |
||||||
|
··> A CABEZA DO ALCALDE DE MELÓN PÓDESE ATORNILLAR !! ¬ Alberto Pardellas está a causar sensación coa súa última confidencia pública: "Despois de anos no mundo da política xa podo desvelar o segredo do meu ésito incontinible: a miña cachucha é de quita e pon. Así como volo digo. Ese é o motivo de que a miña traxectoria sexa a máis envidiada de todos os alcaldes do contorno. En Uropa xa podedes buscar onde queirades que non ides encontrar outro mecanirmo nisiquieramente parecido"- declarou fachendoso.
¬ Segundo o ferreteiro de Quins que lle deseñou a prótese, Ubaldo Pioneta, "a aleación é un pouco coma dos satélites. Metina na forxa para que non escache cos golpes e para que o sujeto en custión poida cambiar de mentalidá política sen contratiempos. E velaí o tes, despois de ter cambiado de idea e de ter dado centos cabezazos a canto adversario hai, non lle verás nin unha puta fisura, oíches? que eu non digo mintira ningunha"- afirmou con xustificado orgullo ··> UN MENIÑO DE RIBADAVIA PONSE EN FOLGA DE "POTITOS CAÍDOS" PARA QUE NON PECHEN A GALESCOLA. ¬O protagonista, Tinín Ferredelo, de 4 anos, expuxo públicamente e con sorprendente firmeza a súa reivindicación: "Quero a minha galezcola tora, tora e tora!! E como a profe non me enzine na língua de Caztelao, xa non vou comer os potitos de polo con verdura nunca máiz, e xaztá".
¬De momento, na sede do BNG xa iniciaron unha campaña preventiva distribuíndo entre a poboación infantil unha pomada a base de extracto de pulpo con grelos e excipiente treixadurizado. "A intençao-dixo o xerente da ETT Bloque Nacionalista Galego, "é que os nenos i nenas deste país não botem em falta a agarimosa sensaçao autótona que vinha dispensando o nosso goberno bipolar". ··> UN TEMA DO CORO DO CLUBE ARTÍSTICO DE RIBADAVIA ENCABEZA A LISTA DE ÉXITOS EN GANÍMEDES. ¬ "Está claro que na Vila non se respeta a nosa categoría internacional. E como pasa sempre, teñen que vir os ide fóra para demostrar o que un vale. Pois hala, velaí o teñen: hai público que ven dende millóns de anos luz a escoitarnos". -declarou un tanto rexentido o director do Coro- "e ojito, porque en Ganímedes xa colocamos un par de hits na sección de "gorgoritos bucofarínxeos", unha rama artística aprezadísima naquel planeta".
¬ O caso é que aínda non se sabe como se produciu o primeiro contacto extraterrestre: "Quizais ocorreu" -apuntou o director- "nun ensaio no que á señora Blasa se lle escapou un si bemol un tanto farrapeiro. Deume a sensación de que se debeu colar por algunha porta cósmica, porque ao día seguinte xa apareceron eiquí centos de homiños verdes. Eu confésolles que estamos encantados con este público: non bostezan nos concertos e nin sequera cuspen no chan. Unha cousa de marabilla. " ··> A GARDA CIVIL DETÉN NA VILA AO COÑECIDO "PEPE EL DEL POPULAR" ¬ A Benemérita de Ribadavia comunicou onte que acababa de "identificar e dar captura no seu propio domicilio a José Pérez Iglesias despois dunha longa e laboriosa operación policial". O ex-alcalde e candidato nas pasadas municipais polo Partido Popular foi posto a disposición do Xuíz competente.
¬ A Garda Civil non quixo entrar en detalles sobre a posible confusión do detido co autor do célebre desfalco milmillonario nunha entidade bancaria española. O cabo primeiro declarou: "Ni confusionirmos nin hostias en vinagre: este sujeto responde al nombre de Pepe, confesó ser del Popular y amás consta en nuestros archivos que dejó políticamente arruinada la sucursal del PP de Ribadavia. Señores, blanco y en botella. Este se va hoy al trullo como que me llamo Onésimo". - declarou autoritario. ··> BRAIS FIDALGO ACADA O TÍTULO DE CAMPEÓN AUTONÓMICO DE TETRIS EN OFICINA. ¬ O exitoso xogador dirixiuse á prensa, todavía emocionado: "Cando cheguei a currar ás 11 pousei a chaqueta e xa me din de cuenta de que este era o meu día grande. Collín e fun tomar un cafeciño; ás dúas horas volvín, respirei fondo, prendín o ordenata e, pun-pún, pun-pún, vamos: a muerte. En canto alcancei o nivel 5.528 non o podía crer. A verdade é que tiven moita sorte e uns rivais marabillosos. Concretivamente, un rapaz da Omix chegou ao 5.632 pero non lle validaron o título porque unha das veces foi mexar e seguiulle a partida un concellal ocioso" . ¬ O deportista foi felicitado pola Consellería de Cultura, organismo que valorou a súa "perseverante laboura fronte a un equipo informático, a súa capacidade para soportar o aburrimento e, sobre todo, a súa absoluta entrega nun proxecto altruísta de gran utilidade social, como o é o xogo do Tetris. O rapaz dedicoulle o título ao seu pai, "a quen lle debo esta oportunidade que me deu de loitar contra os meus propios límites. Sen o seu alento constante e sen o seu enchufe directo eu nunca podería ter ocupado este posto no ránking autonómico".-dixo con sorprendente naturalidade. |
|||||
marzo09 > abril 09 > maio 09 > xuño 09> xullo 09 >> estás na EDICIÓN- ABRIL 09 O Xuíz de Ribadavia levanta por error a un membro do BNG pensando que era un cadáver A AGÓNICA SITUACIÓN DO PARTIDO NACIONALISTA E OS FEDORES PÚTRIDOS QUE XURDÍAN DA SÚA SEDE OCASIONARON A LAMENTABLE CONFUSIÓN. |Atanasio da Foz
>> o forense tardou un bo anaco en determinar que carreira sebio non era cadáver: "Nos meus anos de profesión teño visto cousas ben estrañas, pero o "rigor bloquis" que amosaba este home daba a entender sen ningún xénero de dúbidas que estaba morto. Para colmo, atopámolo zapateado dentro da sede nunha posición de "blóquito supino" a máis característica nas mortes accidentais. Confésolles unha cousa: porque o oudenou a Súa Señoría, pero se é por min eu mando a este home para a morgue e fágolle unha autopsia."
Segundo Milia, unha hambruna ameaza Carballeda despois de que o PP privase aos habitantes do lixo que se lles prometera. "SÓLO UN DESALMADO PODERÍA DEJARNOS SIN NUESTRO VERTEDEIRO DE LA ESPERANZA" declarou doído o edil mentres ensinaba un testemuño gráfico da crítica situación. |Obdulio Sasamón
>> "LE aLvierto A FEIJÓO que AQUÍ se pueden producir inclusivamente desórdenes callejeros, y no es broma: las peticiones de que vuelva el Vertedeiro son un clamor popular. Y ya no es que yo gane cuartos con el asunto o deje de ganarlos, que eso es secundario, se trata marbién de que esta situación no acabe en tomulto: es un hecho intrínseco que esta gentiña quiere su lixo y unos desalmados les arrebataron la ilusión tan infinita que ellos tenían, los pobres" >> entre tanto o alcalde adopta medidas anti-crise: "De momento tengo ahí en la recámara un importante paquete de medidas para paliar la hambruna: voy colocar, lo menos, otros 100 enchufados en mi Concello. Darse de cuenta que se trata de personas a las que se les arrancó su futuro de cuajo y sin anastesia: la basura de sus sueños se les esfumó dramáticamente. No sé ustedes, pero yo otra solución no le veo."- manifestou o edil con certa desvergoña.
O Párroco Don Benito exorciza a unha rapaza de Francelos que estaba posuída polo Bloque. "AS ASCAROSIDADES QUE BOTOU POR AQUELA BOQUIÑA SON UNHA COUSA QUE NON SE CRE " comentou o mosén |Claribel Freixas
>> O cura máis veterán da vila revela os peores momentos da sanación: <<En mala hora ese espírito teimoso se colou na pobre rapariga. A moza só quería chamar a atención xogando a ser unha galeguiña oprimida, pero o bloque trabouselle dentro e, fillo, non saía nin a patadas. Tanto foi así que cando lle botei o conxuro púxose a berrar que arrepiaba: "Non me tocar as galescolaaaaas porcosfillordepu-taaaaaa! ¡Mira cura do carallo, mira para a minha parrocha, mira por onde me paso eu a túa naçom espanholaaa! ¡Jajajajajaja!". Dígoche que o pasei malísimamente, pero agora xa se converteu nunha persoa normal e ata penso que vai votar ao PP nas vindeiras europeas.>> >> A NAI DA RAPAZA, dona Clotilde Vinchoca, amosouse encantadísima e agradeceu ao cura a miragrosa recuperación da moza. "Aigasús!- dixo a señora- menormalo que xa se pode falar coa Jennifer porque levaba unha tempada que con tanta bandeira celeste, con tanto portugués e con tanto Luar na Lubre xa estaba a poñernos tolos da cabesa. O meu marido tamén está moi contento, a ver se agora xa pode volver comer cocido madrileño e escoitar a Manolo Escobar, que é o que máis lle gusta". A agonizante Plataforma do Si sobrevive converténdose nunha axencia de matrimonios por interés. TRAS O FRACASO DO VERTEDEIRO, A "PLATAMIERDA" ENTRA CON FORZA NO MERCADO DA RECICLAXE DE CONTRAÍNTES |Josualdo Conachas
>> un dos socios actúa de testemuñA falsa nas vodas.- Ignacio Gómez, un dos pioneiros, xa fala de abrir sucursais dende San Andrés ata Francelos: "A afluencia de clientes está sendo praticamente masiva. Un sorriso dos meus, dous artigos do Código Civil, unha melodía empalagosa de Ríchar Cléiderman e hala, douscentos euros para o bote, jijijiji! E oes, non penses que se queixan: eles o que che queren é o certificado. Poida que ao pasar por Castrelo afoguen á paisana despois de facer testamento, pero iso xa non é asunto noso. Ademais, os do PP están a flipar coas nosas eniciativas sociais e, ojito, cumplindo esquesitamente coa legalidá vixente, como xa demostramos co proxecto do Vertedeiro".- mantivo con certa desvergoña.
>> o alcalde de carballeda, improvisado párroco autorizante. "Mosén Milia" recoñece abertamente a motivación básica da iniciativa: "Na Platamierda tiñamos un potencial manífico para a mentira, para dar apariencia de oficialidade e, sobre todo, moita vocación para a reciclaxe, e iso non se podía desperdiciar. Porque nós, mira bien loquetidigo, sempre fomos otimistas: igual que pensamos que do lixo industrial podía xurdir a riqueza social, cremos que tras unha farsa marital pode xurdir un amor fenomenal". Finalmente, quixo aclarar que "a xente ten que saber que todo esto non o facemos por diñeiro, marbién todo lo contrario: o que sempre nos impulsou a nós foi traer la felicidá a las familias y la prosperidá a nuestros vecinos". ** Nota para os lectores: As fotos persoais que se utilizan nesta Web obtéñense sempre de xornais e outros soportes públicos, nunca de arquivos particulares alleos. Se nalgún caso se expón algunha foto privada obtida por Ribarravia, sempre será a dalgún personaxe sobradamente coñecido e probablemente nun ton humorístico e inofensivo ao que, con toda seguridade, non se oporía o propio afectado. Aínda así, quen se sinta aludido que nos escriba e será subsanado o exceso no momento Un grupo de científicos logra obter enerxía dos sorrisos falsos dos concellais do Ribeiro. O SORRISO MECÁNICO DE JAVIER SENDÍN, CANDIDATO PERFECTO A CONVERTERSE NUNHA FONTE ENERXÉTICA SOSTIBLE |Sinesio Miñoca
>> "a técnica aínda vai requerir certos axustes"- manifestou Venerando Luminaria, o científico que dirixe a investigación- "O motivo é que algúns destes bioxeneradores, ou sexa, concellais, están a ocasionar importantes desarranxos na estabilidade do sistema, ben pola súa improductiva expresión de seriedade impostada, como é o caso do Alcalde, ben por un exceso de sobretensión na contracción facial, como é o caso de Ignacio, Gómez, sobre todo en períodos electorais"- e añadiu: "Estamos seguros de que as fluctuacións na carga eléctrica que xeneraría este individuo farían de todo punto inasumible a súa instalación en rede". >> as probas preliminares cos concellais da oposición están a resultar, en cambio, abondo desesperanzadoras. Fontes do PP aseguran que se trata dun problema do obsoleto cableado dos seus bioxeneradores, pero que en canto comece o fluído dente San Caetano suporán unha excelente "fonte enerxética renovable, que non renovada...
|
||||||