RIBARRAVIA FODEMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO POR AMOR... :: SECCIÓN ARQUIVO 1ª ÉPOCA:: ESTÁS NA PÁXINA 18 (ANTIGA PORTADA) >>18 > 17 >16 > 15 > 14 > 13 > 12 > 11 > 10> 9 > 8> 7 > 6> 5> 4> 3> 2> 1>> ESPECIAL 1º ANO >> |
|||||||||||||
| ----------------------------------- APARTADOS FIXOS >> VALETODO: (Artesanía emocional e outros "concetos" ) >>> >> PEDEFOTO (BLOG) ("A lírica do abandono") >>> ----------------------------------
------ Entrevista con JAVIER IGLESIAS SENDÍN, CONCELLAL DE FACENDA E TURISMO DE RIBADAVIA >>>
---- >> CONSÉGUESE POR FIN QUE OS CONDUCTORES RESPECTEN O LÍMITE DE VELOCIDADE NA PERIGOSA TRAVESÍA DE SAN PAIO.
>> O método? Unha operaria portasinal, Danuta Voldamm, quen dixo ser moi ben tratada polos ribadavienses. >> A drástica medida da Concellalía de Tráfico foi moi ben acollida polos sanpaieses, pero non polas sanpaiesas, que advirten doutro perigo: "O malo é que agora os coches circulan a 50, pero os homes andan todo o día a 100..." >> Os da Arrincadeira xa se ofreceron para levar á traballadora en autobús ao comezo dos turnos; e os taxistas a recollela cando remate a xornada para levala á casa. "Que non se preocupe polo taxista que a leve, porque non se lle vai baixar a bandeira en todo o camiño...", manifestou un deles con certa procacidade... >> Que terá Danuta?
---- NAVES, ROBOTS, CHIPS PARA CREAR AFINIDADE POLÍTICA... UNHA AMPLA REPORTAXE >>>>> > A PRIMEIRA FOTONOVELA DO RIBEIRO:
BREVES>> >> SUBE UN 99,3% O CONSUMO DE GAS BUTANO NA VILA > Segundo datos de "BAZAR AVELINO", que contratou recentemente una nova repartidora, os pedidos incrementáronse de xeito espectacular por motivos aínda non explicados.
OPINIÓN>> ¿ENCARGARÍASLLE A CAÑITA BRAVA A RESOLUCIÓN DUN TEOREMA?
Entón ¿por que un Concello ten tódalas competencias para decidir un Plano Urbanístico? Pregunta insondable, certamente. Nós tampouco temos a solución, pero apetécenos expor o problema: pincha, e que sexa o que deus queira >>>>
>> FORO // CORREO // QUEN SOMOS // |
|
g | ELECCIÓNS 2007 PP E PSOE ROUBAN AO BLOQUE A IDEA ELECTORAL DE "GALEGUIZAR" OS XOGUETES. >> A fantástica idea electoral concebida polo BNG para potenciar a "autoidentificación" nos nenos, foi usurpada por PP e PSOE, que a adaptaron ás súas particulares estéticas de campaña. >> O Rogelio Martínez aproveitou o tirón sexual (lembrar promoción Festa do Pemento) e promocionou persoalmente a galeguización do seu "xoguete preferido". En cambio, o PSOE local limitouse a contrarrestar ás críticas que sufrira por racismo e patrocina a venda dunha boneca mulata do máis enxebre...
>> O munícipe arnoiense defendeu de xeito entusiasta o seu xoguete privado que -segundo asegura- "utiliza marabillosamente a lingua". Fronte á casa Consistorial, manifestou nuns términos quizais pouco axeitados para os nenos: "Facede coma nós: eu estou orgulloso do meu FALO galego; e ela tampouco se queixa, de momento..." [...] Resésigo News. TELECOMUNICACIÓNS INSTÁLASE NUNHA SERRA RIBADAVIENSE A PRIMEIRA ANTENA DE TELEFONÍA PARA HONRAR Á NOSA SEÑORA DE VODAFONE. >> Os directivos do Monte Comunal concilian así a súa obsesión por obter cartos coa "salvagarda dos valores espirituais do noso pobo". >> Cando se lle reprochou a un dos encargados que os fondos deben dedicarse ao legalmente previsto -limpar e manter o bosque- no canto de facer homenaxes relixiosas de interese só para os crentes, alegou cheo de razón: "Y luego, ¿no me estarás a dicir tú a mí que es menos importante mantener los espíritos que los piñeiros? ¡Era la única babosada que te me faltaba por oír!"
>> Os insignificantes benefizos que se obteñan ao asinar o abusivo contrato coa empresa de telefonía Vodafone, investiránse no típico: nunha ermida de ladrillo e dous bancos de pedra que servirán para celebrar unha romería ao ano. A pesar diso, os asinantes do contrato manifestaron a súa enteira satisfación ao ser gratificados con varios "móviles Motorola do ano 1997 de última xeneración"... Resésigo. INDUSTRIA ?? CARBALLEDA E LEIRO PIONEIRAS INDUSTRIAIS NA IMPORTACIÓN E NA RECICLAXE DA MERDA DOS OUTROS. >> A entusiasta aceptación das industrias de compostaxe e de purificación de augas residuais por parte dos Alcaldes destas localidades, deixa atónita a toda a Comunidade Autónoma: "Eu flipo, van chupar toda a merda de Galiza e aínda nolo agradecen como se lles levásemos Ferrero Rochés!!", manifestou nunha reveladora confidencia ao noso reporteiro o Conselleiro do Medio Ambiente que Queda. >> Tan seguros están os alcaldes do seu éxito (persoal, por suposto), que ata emitiron vídeos exaltadores das... fedorentas iniciativas. Velaiquí o emitido polo Sr. Milia. (animación con sonido)
>> Fronte ás protestas, os munícipes manifestaron: "Eses esaltados de siempre non se dan de cuenta de que imos tener escedentes de produción; es más, según nos contaron gentes altísemamente especializadas, estas empresas hasta te tienen mecanirmos para que el ambiente tenga connotaciones de Chanel n.º5 ". Algúns estudos confirman a veracidade desta información, pero noutro sentido: seremos excedentarios en metais pesados, lixiviacións contaminantes, insalubridade laboral, transportes molestos, compost sen saída no decrecente mercado agrícola... Hummmmm, xa se cheira o progreso !! >> Por outro lado, a candorosa declaración do edil de Leiro non tivo desperdizo (e se o chega a ter, recíclase e punto): "Hasta hoy las autoridades tardaban decenios en traernos autovías, trenes modernos, ambulatorios y servizos; pero agora yo bien me di de cuenta, al mirar a los ojos deses buenos inversores cuando vinieron onda nós, que por fin nos cogieron afeto; ¡ya eran horas! Fijarse además, que estas industrias -que en otros sitios se mallaban por quedárselas-, suponen para nosotros una generosa compensación a nuestros sacreficios de antaño". Acojonante. ECOLOXÍA COTO DO FRADE, DE MISIÓN ECOLÓXICA NA LÚA, AÍNDA NON DENUNCIOU AS IRREGULARIDADES NA CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE SAN ANDRÉS. >> O grupo ecoloxista desenvolve alí tarefas de limpeza e salvagarda de especies protexidas. Para eles é prioritario QUE NON SE EXTINGAN OS GAMUSINOS, aos que axudan a sortear os cráteres e outros accidentes xeográficos. (animación con sonido)
>> O presidente adiantou, vía satélite, que non están demasiado preocupados polos prexuízos medioambientais da PARCELARIA DE SAN ANDRÉS DE CAMPORREDONDO: "A deforestación salvaxe e arbitraria e os cambios de última hora no proceso concentrador favorecendo a determinados viticultores i viticultoras, non vulnera os criterios ecolóxicos recomendados para o favorecemento da fauna autóctona. Ou é que os viticultores non son fauna? E se me apuras, ata son flora, joder !", dixo airado. > Da expedición elaborouse un vídeo divulgativo onde aparece un membro da Asociación trasladando a un dos poucos exemplares de gamusino que aínda perviven indemnes no satélite terrestre. > Segundo manifestou o xefe do equipo explorador, o uso de BLOQUES pegados aos pes convíñalles moito para facilitar a súa misión: "É certo que quita certa independencia, pero a seguridade que proporcionan non está de máis para un grupo combativo e altruísta coma nós". ------------
|
||||||||||