--------- comunicacións

>> Elixirase como Porta Cósmica de acceso o TÚNEL de debaixo da vía do tren. Alí existe buraco negro de 8 dimensións.

>> POR SUPOSTO, O BURACO NEGRO E A SÚA FORZA GRAVITATORIA SERÁ DUNHA EMPRESA PRIVADA. A súa construcción podería dárselle en concesión á empresa "CUÍÑA E GANÍMEDES, SA Cía. Intraplanetaria"

>> Na entrada da Superporta se instalará unha PULPEIRA para darlle color local á Vila cando cheguen turistas doutros planetas.

 

 

 

 

 

 

 

 

--------- sexo e diversión

>> A obriga de ser feliz converterá á Comarca nun auténtico putiferio de luz e cor, pero máis ordeado que agora. Non redundaremos nuns datos xa apreciables hoxe a simple vista...

>> Non haberá conquistas sexuais. Todo se reducirá a unha conexión telemática co servidor que proporciona ORGASMOS CONCERTADOS MEDIANTE OPERADOR. O servidor estará físicamente situado na CONCELLALÍA DE OBRAS LÚBRICAS.

>> O Clube Artístico non superará a primeira metade do século, a pesar de Xenaro Hammer...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

---------------- especie humana

>> A esperanza de vida (autónoma) será de 23 anos. Despois pasaremos un período de cultivo en barrica, onde seremos felices nunha cámara de roble, durante 50 anos máis. Ao rematar, farán de nós bagazo biolóxico "gran reserva"...

>> Os nosos corazóns adaptaranse: terán forma de racimo de treixadura para bombear viño sanguíneo -fluxo da felicidade-. Os implantes ideolóxicos serán de serie e pulirán a nosa forma de ser.

>> Empresas como Monte Kalamua implantarán programas para evitar operarios con pensamento propio. Os fetos serán elixidos como encargados pola súa agresividade. Pero, recordemos, o 90 % da poboación non traballará, ou sexa, como agora.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

-------- comercio

>> Tamén haberá oportunidades para os empresarios atentos, porque acudirán a esta terra (x)entes de moitos planetas con necesidades das que se pode sacar partido.

>> Camilo Peluqueros, baixo unha consigna que ben podería ser "XA TEMOS PEINADO COUSAS PEORES", seguramente sacarán tallada. O idioma non será problema: o "Hola" só ten fotos.

 

RIBARRAVIA

"ORGASMATRONIZAMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO POR ENCAIXAR OS NOSOS BIORRITMOS..."

VOLTAR>> EXPRESS >> SEGUIR 2045/1 >> 2045/2 >> 2045/3

 

 

NO CANTO DE AUTOVÍAS HABERÁ PORTAS CÓSMICAS

>> DE PAGO, por suposto. Construirase mediante concesión fraudulenta contratada pola CIBER-CONSELLERÍA DE OBRAS BINARIAS gobernado por un partido que non será de dereitas nin de esquerdas, senón que ocupará un espazo electoral curvo e fluctuante.

>> Poderemos ir a calquera outro lugar do espazo mundial en décimas de segundo, pero non teremos ganas de ir a ningures...

 

 

O EXEMPLO DA CAFETERÍA AMANDO:

UN PUTICLÚ TELEMÁTICO

>> Cambiará de propietarios, terá a denominación setenteira de "TESTOYAMANDOLOCAMENTi" e exhibirá unha estética macarrita. A música de LAS GRECAS amenizará as conexións telemáticas que porán en contacto íntimo ás meretrices replicantes cos clientes.

>> Dado que a asistencia será VIRTUAL, alívianos saber que non será necesario tratar cos camareiros nin aguantar a súa característica mala hostia.

 

¿Como aproveitar a traxectoria hortera e setenteira da "Cafetería Amando", referencia xeográfica e hosteleira da Vila?

Os novos xerentes, no 2045, potenciarán a liña kisch/lolailo xa existente adaptándoa a un novo mundo cibernético. O sexo e o ocio estarán intimamente relacionados.

 

 

IMPLANTES DE PERSONALIDADE, FETOS SELECCIONADOS, EFICACIA EMPRESARIAL...

OS SERES HUMANOS NON SE DIFERENCIARÁN POLO STATUS ECONÓMICO, SENÓN POLA CALIDADE DOS SEUS IMPLANTES, QUE SERÁN PATROCINADOS POR GRUPOS DE INFLUENZA. Os chips inclúen non só un físico determinado (unha mistura de Alejando Agag e Rouco Varela sería un exemplo de prototipo do PP), senón tamén unha ideoloxía predeterminada ou, como é o caso da propaganda, unha carencia absoluta de ideas.

 

Será habitual a implantación de REPRESORES DE PENSAMENTOS PROPIOS, práctica que culminará o proceso de perfeccionamento na explotación dos operarios por parte das EMPRESAS. Vexan un exemplo de proceso de "acondicionamento emocional" dun EMPAQUETADOR DE MONTE KALAMUA- NO CAMPO DE PRODUCCIÓN "Sancristovo- KL2"

 

 

 

Seguindo co anterior exemplo, os FETOS DE ENCARGADO serán seleccionados polas súas características axeitadas para o mando. Velaiquí a imaxe captada por un xinecólogo: un madrugador xesto da victoria feito por un precocísimo líder...

 

 

 

POR FIN, COMERCIANTES ESPABILADOS.

O EXEMPLO "CAMILO PELUQUEROS"

 

 

Tamos cansiños de tanto traballar neste apartado...

Esperamos que vos teña gustado esta "prospección" no 2045 ribadaviense, que ten tanto de realidade como de ficción (por desgraza...)