--------------- administracións locais e provinciais. >> Os concellos do noso Sector Planetario xa non van matar máis a cabeza para chuchar cartos con calquera mala desculpa recadatoria...
--------- a deputación seguirá estando en mans privadas >> Fundarán un planeta onde primarán os favoritismos por razón de amizade, os desvíos de fondos e outras prácticas beneficiosas. >> a Deputación será o que hoxe é: unha empresa para colocar amigos, publicar libros a colegas con resabios intelectualoides, dar subvencións a votantes afins ... PERO CON PLANETA PROPIO !!
-------------- a vida nos arredores >> Nin casas rectorais, nin mosteiros, nin parques... Nada se oporá á cobiza dos novos señores feudais, neste rexurdir de privilexios e poder concentrado. >> Todo terá propietario. O noso sangue, o noso futuro, o noso espazo... Seremos felices, pero non autónomos.
----------- patrimonio e cultura >> O turista cultural terá todos os privilexios, será o sangue humano que correrá polas veas da Comarca dándolle vida. >> Balnearios con masaxistas biónicos sobándonos as lorzas; catas pornográficas con androides de moi bo ver; rutas de ebrio-turismo a modo de "safaris etnolóxicos", etc. Todo un enorme paripé con excelentes repercusións monetarias. >> Venderase unha especie de de enriquecimento espiritual e cultural sen contido. Seremos carcasas felices... pero valeiras.
|
RIBARRAVIA "ORGASMATRONIZAMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO SÓ POR ENCAIXAR OS NOSOS BIORRITMOS..." |
||||
|
OS CONCELLOS APROVEITARÁN AO MÁXIMO A ENERXÍA "SOLAR" >> ¿Enerxía fotovoltaica ou de SOLARES RECALIFICADOS?. Os concellos elixirán a solución do Sol... que máis quece: os euros. >> Será RENOVABLE (CADA 4 ANOS POR ELECCIÓNS). No 2045 farano igual ca hoxe, pero sen disimular...
A DEPUTACIÓN ACADARÁ OS DOUS MILLÓNS DE ENCHUFADOS E TERÁ UN PLANETA PROPIO. >> Ese Organismo para-democrático creará un planeta propio de carácter "altruísta", pero estará en GUERRA permanente para manter os seus privilexios: serán os tempos das "BALTAR WARS"
>> Na foto de abaixo: recreación dunha reunión do Consello dun herdeiro de "Baltark Vader" e os seus sicarios galácticos. Orde do día: reparto de subvencións para os asteroides dos amigos.
NEOFEUDALISMO: O EXEMPLO DE SAN PAIO >> O CRECEMENTO DESAFORADO virá da man do FEUDALISMO POSMODERNO. >> Un FAMOSO BODEGUEIRO local, a modo de Señor do século XII, acabará adquirindo todos os dereitos dos terreos e ata o sangue dos habitantes de San Paio. Creará un feudo a súa imaxe e semellanza. En propiedade, podemos dicir que todos seremos uns auténticos fillos de Jerónimo.
O TRUNFO DO TURISMO: NO CASTELO DOS SARMIENTO SE INSTALARÁ UNHA COÑECIDA CADEA DE HOTEIS; OS BALNEARIOS EXPLOTARÁN O HEDONISMO ATA NIVEIS DE NEUROSE. >> Despois de meterlle ao castelo mil pegotes dun vanguardismo amorfo, aproveitarase a desfeita para un uso cultureta máis lucrativo: a "hostelería istórica "para turistas.
>> Foto de abaixo: "Androide Cheirador de Peidos", será unha das múltiples funcións dos nosos servintes do futuro. Averiguarán polo aroma anal o estado fisiolóxico dos turistas.
>> Non traballaremos nadiña, pero iremos aos Balnearios a realizar curas semi-eróticas do presunto "stress". Alí adicarémonos a ver tetas e a aparentar que somos ricos: igual ca hoxe. (continuará...)
|
|||||