---------------- un día calquera >> O CARACAS non será Alcalde, porque non haberá Alcalde. Para o 2045 o Celso seguirá co seu TÁSIS, moi probablemente un Mercedes "Zeppelin" de estética "retro" Podería cobrar un plus por facer publicidade dun producto estrela da Cooperativa, poñamos a COCA-COSTEIRA. Terá pouco pelo, pero unha excelente saúde. E ben que nos alegramos. >> Os policías non berrarán na feira: liofilizarán ao primeiro xitano que se cague nos seus visores láser. Porque serán simplemente robots. Quizais humanicen algo o seu aspecto; aos nosos informáticos ocórreselles que poderían levar unha gorra na cima da carcasa. Só obedecerán a razóns lóxicas, e non discutirán baixo ningunha circunstancia. Manterán á Vila como un inferno ordeado, licuado, silenzoso... >> ¿E de que vivirá Ribadavia? Do ocio, sen dúbida. De aí as grandes inversións que poderían dedicar, por exemplo, á promoción da Festa da Istoria. Os nosos expertos recrean un Cabaleiro da Istoria tan espectacular como sinistro...
---------------- o concello >> Queda dito: non haberá Alcalde, só un OPERADOR VIRTUAL. Probablemente estará inspirado no actual rector municipal, dada a súa personalidade pouco conflictiva. >> O Check-In, substituirá as cálidas palmadas na espalda, as peticións directas e as boas palabras. Todo regulado, todo rexistrado, todo igual para todos os cidadáns. Rápido, limpo, seguro e... frío.
----------------- as festas >> Xa se apuntou: os nosos expertos vaticinan que as festas serán a base económica da Comarca. >> Ser feliz será unha obrigación administrativa. Entre os mozos, na súa etapa de autoafirmación quizais sexa un comportamento subversivo traballar nas viñas. O que hoxe non fan nin baixo ameaza, mañán será unha pose progresista que fará temblar aos pais (manda carallo...!!). Pero o normal será non rañala e vivir nunha celebración perpetua. >> As estéticas inusuais e as mensaxes lacónicas e invadirán as nosas vidas para facelo todo liviano e pracenteiro, limpo e lineal... O cartel da Istoria podería ser como se amosa á dereita. (heii, non vale usalo para o concurso. xa está rexistrado)
-------------------- o alcol, esa fonte de riquesa espiritual... >> A soidade dos cidadáns levaraos a un excesivo consumo do futuro ouro líquido: o VIÑO DE SÍNTESE. Fronte a unha contención estética e emocional existirá, máis que previsiblemente, unha tendencia desproporcionada ao consumo de drogas psico- optimizadoras. >> Una invitación á estimulación sen control, por parte das autoridades, podería ter esta forma tan explícita e pouco pudorosa da dereita. >> O atontamento social, o consumo masivo e unha especie de pracidez psicolóxica, serán os mellores aliados para o poder. Igualiño ca hoxe.
|
RIBARRAVIA "ORGASMATRONIZAMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO POR ENCAIXAR OS NOSOS BIORRITMOS..." |
||||
|
UN DÍA CALQUERA NA PRAZA MAIOR
O CONCELLO FUNCIONARÁ MEDIANTE UN SISTEMA CHECK-IN. >> UN OPERADOR VIRTUAL RESOLVERÁ AS PETICIÓNS DIRECTAS A TRAVÉS DUNHA PANTALLA
FESTAS, FESTAS E MÁIS FESTAS: IGUAL CA HOXE PERO EN PLAN "CONCEPTUAL"... >> A concellalía de Festas e Biocuchipandas acadará as inversións máis altas do Ciberconcello.
HIDRÓXENO PARA OS VEHÍCULOS / ALCOL PARA OS ESPÍRITOS. >> Ribadavia será como un Ámsterdam matuteiro e desanxelado. >> O viño producirase moito máis barato; as botellas non serán de deseño; a atolondrada sofisticación formal para presentar os productos nos inicios do século XXI perderá pulo fronte á xélida eficacia das máquinas. >> Non haberá pegadas de gatos, nin bares istóricos, nin viñotecas: serán substituídos por surtidores a granel. PERO POLO MENOS SERVIRÁN PINCHOS !!!! (en forma de parches biocompatibles, pero pinchos.)
|
|||||