>> PORTADA ACTUAL

>> ARQUIVO 2ª ÉPOCA

 

RIBARRAVIA FODEMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO POR AMOR...

:: SECCIÓN ARQUIVO 1ª ÉPOCA ::

>>18 > 17 >16 > 15 > 14 > 13 > 12 > 11 > 10> 9 > 8> 7 > 6> 5> 4> 3> 2> 1>> ESPECIAL 1º ANO >>

 

 

publicidade >>

ESPECIALIDADES AUTÓCTONAS // NOIVOS/AS // PERMANÉN // PODA DE PUNTAS ABERTAS// MOLDEADO DE FOLLATOS

Camilo Peluqueros: "NÓS FACÉMOSCHO; SE O QUERES ENSINAR É COUSA TÚA..."

----

 

 

  g

 

O GRUPO NATURALISTA RIDIMOAS DESCUBRE NO PARQUE DA VERONZA UNHA RÁ TAN AUTÓCTONA QUE INTERPRETA O HIMNO GALEGO.

> ¿Montaxe propagandístico ou realidade?

> O porta-boss do PP denuncia unha posible connivencia entre RIDIMOAS e o JRUPO DE JOBERNO, coa fin de dar propaganda ao Parque que, a verdade sexa dita, quedou ben chulo.

> O anfibio da foto "Urquija, la rana pija" podería ser o mesmo que utilizou Esperanza Aguirre para desmontar a protesta ecolóxica na desfeita do Manzanares.

> Sexa ou non un truco, ten moito mérito o efecto "caixa" (escoitade atentamente) que o animaliño sabe darlle cando interpreta o himno do noso País.

> Os ecoloxistas de RIDIMOAS, preguntados sobre outro tema de actualidade, a detención do "Antorchita de Cenlle", amosaron a súa absoluta tranquilidade: "Non hai poglema, os nosos bosques están a salvo; referímonos aos comprados por Ridimoas, claro. Dos outros, laverdá é que non estamos ao tanto..."

ARQUEOLOXÍA

UNHA INSPECCIÓN NA TENDA DOS CHINESES DESCUBRE OS PASADIZOS SEGREDOS DO CASTELO !!

>> Unha revisión rutinaria nunha tenda da Vila provocou a fuxida polo Castelo dos Sarmiento duns 850 chineses que estaban ocultos nos pasadizos.

>> O BNG trincou a oportunidade polo pescozo e xa pide o recoñecemento inmediato da nacionalidade galega non só dos inmigrantes, senón tamén dos 1200 millóns de compatriotas : "Eles queren formar parte da Nosa Terra e do noso proxecto nacional, nótaselle bien na mirada" - dixo o Xabier mentres se refregaba as mans ante a perspectiva de millóns de votantes. Como mostra do seu oportunismo, eiquí o teñen pousando cuns rapaces nunha propaganda un tanto forzada...

>> Outro edil, do PP, dixo: "Si estes endividuos los dejamos quedar aquí, mañana van venir a ducias y pueden haber tumultos impredicibles. Esto supondría un asoluto "EFETO LLAMARADA" sobre los que todavía no han venido . Aparte deso todos estes orientales te saben kungfú y te tienen más peligro de lo que parece"

>> Pola súa parte, un concellal do PSOE, celoso dos reflexos políticos do Xabier, propuxo concederlles subvencións xeneralizadas para que "monten tendas de meditación TODO A ZEN e logren a total integración espiritual na sociedade galega ."

 

O ALCALDE DE BEADE PADECE UNA CRISE DEPRESIVA TRAS AS MANIFESTACIÓNS POPULARES POLA FALTA DE AUGA

O alcalde Sr. Semén Soto: "La esigencia de ajua potable era a todarluces ercesiva; en otro tiempo, cuando había autoridá, le iba dar yo p'al pelo a estes botarates de mierda "

O veterán e aguerrido alcalde pro-franquista aclarou para nós a orixe da súa depresión, que non foi outra que o tremendo dano moral que lle produciron os manifestantes coas súas caceroladas, orixinadas, recordemos, pola nimiedade de non dispor de auga potable durante medio ano. A tal efecto, manifestou moi doído: "Ya no hay capacidá de sacreficio; el pueblo ya no te tiene respeto por la autoridá y cómpre buscar alternativas ante tanto libertinaje. Como no se endereiten estas atitudes yo me veré oblihado a tomar mididas cuntundentes, y entón, a ver qué pasa. Luego acaban por salir los tanques a la calle y nos echamos las manos a la cabeza..."

"Yo es que tengo una idea moi particolar de como deben llevarse las cosas a efeto: lento, seguro y siemprísimamente respetando A LA AUTORIDÁ" , dixo despois. O noso departamento de infografía deu en recrear gráficamente A SOLUCIÓN FINAL -expresión con certas connotacións hitlerianas- do señor Semén para resolver dun plumazo o tema das carencias de auga. Velaiquí o tendes:

Pero a cousa non quedou aí. Furga que furga, o noso reporteiro Resésigo deu en sonsacarlle ao xerarca municipal datos do seu pasado que quizais teñan bastante que ver na crise persoal que está a padecer. E temos primicia:

¡¡¡O ALCALDE DE BEADE TIVO UN ROLLITO CON FRANCO!!!!

Comecemos por un documento gráfico inequívoco:

>> Son os anos 50. París. O amor fou . Temos a Franco ofrecéndolle un biquiño apoucado pero con entrega sentimental ao seu "palurdito gallego" , que é como o dictador chamaba ao seu amigo Senén...na intimidade.

Estes datos nunca foran revelados, pero quizais a idade, e o cansanzo de toda unha vida política dedicada por Senén á memoria do dictador, acabou por sacarlle todo un torrente de paixón contida. As misas para Franco cobran agora outro matiz cheo de connotacións positivas: amor, fidelidade e respecto a un pasado que non puido ser. Resésigo chorou como unha Magdalena, e en breve sacará tallada en Salsa Rosa...

Quen lle ía dicir ao Sr. Senén que hoxe a regulación creada por os roxos do PSOE lles houbese permitido casarse e vivir a súa paixón con total liberdade?

Voltas da a vida, oes...

:: publi reportaxe ::

>> Novedosa saída para profesionais en declive: KIT profesional "MI BODEGUITA GALLEGA"

> ¿A súa relevante profesión urbana xa no lle aporta as satisfaccións de antano? ¿Agotáronse as súas ideas? Aínda lle queda unha actividade digna para desenvolver "en provincias", onde o RÚSTICO, o BOHEMIO e o FASHION se misturan en singular harmonía.

> Introdúzase no mundo da "artesanía distinguida", aprenda o mundo do viño con este magnífico Kit inspirado na estética "GALAICO ENXEBRIÑA".

> Inclúe sulfato de cobre, prensa tradicional, arañeiras de nilon..., todo o necesario para sentirse un avoíño de aldea-aldea.

> Impresione aos paisáns aborixes e ás súas amizades da cidade con esta pintoresca e primitiva afición coa que poderá suar, cheirar forte e manchar as mans ¡COMA UN AUTÉNTICO AGRICULTOR!

>> Cineastas, enxeñeiros... Moitos profesionais xa o probaron con grande satisfacción. É máis: se as autoridades locais non lle fan homenaxes exaltadas ¡¡ devolvémoslle os seus cartos !!

 
l