>> PORTADA ACTUAL

>> ARQUIVO 2ª ÉPOCA

 

RIBARRAVIA FODEMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO POR AMOR...

:: SECCIÓN ARQUIVO 1ª ÉPOCA ::

>>18 > 17 >16 > 15 > 14 > 13 > 12 > 11 > 10> 9 > 8> 7 > 6> 5> 4> 3> 2> 1>> ESPECIAL 1º ANO >>

 

 

BREVES>>

O PLANO DE EMERXENCIAS MUNICIPAL, DO MÁIS AVANZADO DE EUROPA.

>> "Tecnicamente, o noso deseño para a evacuación de torres de máis de 25 pisos é perfecto. Se algún día hai algunha na Vila, as manobras de salvamento vámolas clavar" Así o expresou un orgulloso concellal de urbanismo.

>> Os artífices do planeamento estratéxico-instrumental son os nunca suficientemente ponderados membros do corpo de Protección Civil.

>> Lembren a súa última mostra de coraxe cando resgataron a uns 500 civís ilesos do paradóxicamente chamado Bar O Morto. Naquel terrible momento que se producíu ao prender lume unha perigosa tixola con calamares deron a talla dun xeito impresionante As consecuencias terían sido dramáticas, pero manobra de salvamento foi obxecto de comentario en Bruselas, onde non se deixa de falar do boas que estaban as empanadillas.

 

>>PROPAJANDA INSTITUSIONAL

 

 

  g

 

TENDENCIAS

O PECULIAR BODEGUEIRO EMILIO ROJO SACA Á RÚA UNHA LIÑA DE MODA BASEADA NA VITICULTURA.

>> No seu primeiro desfile explicou o motivo do seu cambio de actividade: "O metabisulfito trascendeu de min e fíxose forma: os meus traxes pretenden ser clorofílicamente harmónicos e espiritualmente osmóticos."

>> Os seus vestidos de corte latón e ornamentados en rústico causaron auténtica sensación. Velaiquí os modelos "Sulfatalover" e "Capriccio flow", inspirados nos vellos útiles de labranza.

-Apuntes do deseñador: "Co enlatado do Sulfatalover quero significar a opresión seSual, o cosmos refractario onde se misturan todos os desexos vitais, o fluír recollido do latexo amoroso. O Capriccio, en cambio, quere dicir outra cousa ben distinta, o malo é que agora non me acorda..."

>> Tampouco deixaron indiferentes aos espectadores os estilos "Barrica Dreams" e "Transparent tanino's", en tons suaves e moi entalladiños a la altura de las tetas. Rixidez, elegancia e sofisticación a un tempo.

"Barrica dreams é un canto aos cheiros interiores da muller galaica, eses aromas que emanan das nosas femias-pipote e fertilizan toda a vida na nosa Terra. O Transparent tanino's, sen embargo, representa a sinceridade, a elegancia equilibrada, a pureza interior..."

>> As máis novas desfrutaron dos peculiares e atrevidos "Copper pedroulo" e "Follato's Pelexo line", unhas liñas asequibles e informais para unha femia dinámica de colleita recente.

"Non quixen esquecerme da muller nova, feraz, ubérrima, fértil, abrupta, abigarrada..., co seu floema e o seu xilema a reventar de descaro vital. Ao mellor paseime de vueltas, non?"

>> Os políticos locais déronse presa en amosarse ao público nestoutro evento "chic"; así, sen entender aínda de que vai o conto, manifestaron a súa tremenda satisfacción; especialmente satisfeito estaba Quintana-Jones, quen se comprometeu a darlle ao bodegueiro todo o seu apoio institucional tendo en conta que "o seu traballo potencia o máis propiamente galaico, facendo exportable a nossa cultura enxebre e nacional, na que todos temos moito que dizir (e pouco que fazer)"

Resésigo

 

CONTROVERSIA RELIXIOSA

A IGREXA DENUNCIA O USO INDECOROSO DA ESTÉTICA CATÓLICA POR PARTE DUN GRUPO CULTURAL RIBADAVIENSE.

>> "Non se pode consentir o uso superficial das tradicións históricas e os símbolos sagrados para chamar a atención nas actividades festivas, iso é unha ascarosidá; A culpa é do Concello, tanta "istoria", tanta festa, os rapaces copian, claro..." Así se expresou o Párroco local Don Benito con ocasión do inicio de actividades da Asociación APOSTÓLIKA, que conta co seu propio grupo heavy-mármol...

>> Son frecuentes hoxe as misturas de tradicións paganas con celebracións de orixe cristiana, liturxias e dogmas con terror escatolóxico, e actividades de consumo con símbolos de enorme tradición histórica. O resultado é una estética tan sofisticada como absurda.

>> Particularmente burda resulta tamén esta chamada a un Macrobotellón "Diabóliko" e polo que se ve, tamén "antiK-pitelista". Nestes tempos nos que xa non hai loita contra o Capital, limítanse a aproveitar a forza propagandística dun capitel... Esta efectista mistura parecen escenificar inconscientemente a situación de atolondramento cultural que rexe na actualidade...

>> Outro exemplo da desvirtuación amósase neste cartel da "Keimada -Inkisición". Para o evento contan cunha auténtica pía bautismal onde elaborar a bebida. O nome non ten desperdizo: "TORQUEIMADA 2006". Resulta sorprendente como o festivo, o relixioso e a maldade represora aparece revolto nunha maseirada formal que quizais lles proporcione sensacións tan valeiras como agradables...

 

 
l