>> PORTADA ACTUAL

>> ARQUIVO 2ª ÉPOCA

 

RIBARRAVIA FODEMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO POR AMOR...

:: SECCIÓN ARQUIVO 1ª ÉPOCA ::

>>18 > 17 >16 > 15 > 14 > 13 > 12 > 11 > 10> 9 > 8> 7 > 6> 5> 4> 3> 2> 1>> ESPECIAL 1º ANO >>

 

 

BREVES>>

>> O MELLOR "CALDO" DESTE ANO: "VIÑA FERVOREDA".

>> Houbo só un stand con neveira e ofreceu viño á temperatura de cata; os demais optaron polo caldo quentiño, que permitíu aos visitantes levar mellor o fresco nocturno de Ribadavia.

---

> PRIMEIRA VÍCTIMA MORTAL DA ILUMINACIÓN DA FEIRA DO VIÑO. Ao parecer, a finada, unha vaca da Franqueirán que ía buscar recetas ao Ambulatorio, morreu máis polo susto que polas feridas.

A todos nos sorprendera a burda estética de posguerra utilizada para a iluminación da Feira do Viño. Co que non contabamos era con que eses armatostes gordochos pendurados nas rúas ribadavienses fosen tan perigosos. A desgraza cebouse onte con Delfina, que recibíu na rúa Carballiño un tremendo rasimaso electrovoltaico a cargo do Concello. A pobre non puido superalo a pesar dos primeiros auxilios proporcionados polo veterinario local, que lle aplicou ajuaosigenada ata no pericardio. O profesional, non puido determinar finalmente se o "exitus" vacuno se producira pola gravidade das feridas ou polo impacto estético de ver cravada sobre as súas costas esa extravagante iluminación. Animaliño... E a vaca tamén, pobre animaliño. Descanse en Paz.

Mensaxe ao Concello: o aforro non está reñido co bo gusto e aínda menos coa seguridade vial...

 

 

 

  g

 

Resaca Feira do Viño 2006

Non foi unha represalia: OS ALCALDES DA MANCOMUNIDADE NON ASISTIRON Á FEIRA PORQUE LLES COINCIDÍU CUNHA VODA.

>> Foron invitados ao primeiro casamento político gai e pola igrexa que se celebra en España !!

>> OS CONTRAÍNTES, Senén Pousa e Alberto Pardellas, ELIXIRON O DÍA DA FEIRA DO VIÑO PARA ÁMOSAR Á SÚA AFINIDADE COA SANTA "SEDE".

> A feliz parella de alcaldes mancomunados levábano moi en segredo; finalmente, decidiron "saír do pipote" e vendelo en exclusiva ao HOLA.

>> O cardeal, un coñecido activista da curia, pasou de púrpura a morado no stand de Bodegas Campante onde, falando connosco quitoulle importancia aos pequenos impedimentos formais: "Non hai bigamia dos contraíntes porque o "afectio maritalis" é de índole política, non sexual...

> O Rogelio regaloulles un sobre con subvención da Deputación e un puño americano e vaselina a cada un para que fagan cochinadas no salón de plenos.

> O anel simbólico do enlace lévano ambos na man ultradereita.

> O Senén, rompera augas da traída durante seis meses, pero non ía preñado.

AVANCE VERÁN 2006

TERROR EN CASTRELO: UN TIBURÓN HABITA AS AUGAS DO EMBALSE.

>> Álvaro, o intrépido reporteiro de Tele Arnoia, fíxolle una entrevista en exclusiva ao simpático escualo e descubriu que estaba alí contratado polo Concello de Castrelo de Miño.

>> O reporteiro, botoulle un par de pelotas na súa última entrevista. Coa súa característica locución anasalada, de publicista empalagoso, sen osíxeno nin hostias, foi sonsacándolle pouco e pouco ao magnífico peixe unhas impactantes declaracións. Por exemplo, averiguou que o animal conseguiu o posto do Concello de Castrelo (a dedo, como ven sendo habitual), coa única misión de darlle "ambiente" aos deportes que se desenvolven no Clube Náutico.

>> Tamén averiguou que se chama "Mordisquito" e provén da Foz, onde xurdiu dunha mutación de troita tras exposición continuada aos contaminantes fluviais que emite Ribadavia sen control ningún do Concello.

>> Aseguroulle a Álvaro que neste lugar está mellor que no asqueroso río Avia; tamén lle confesou que o mellor do seu traballo son as pernas das veraneantes macizas en bikini, e sobre todo a comida: pedaciños de turistas alemáns que tiran dos balnearios. O peor son os subnormais que fan ruído coas motos náuticas convertendo o embalse de Castrelo nun parque temático molesto e contaminado.

 

>> O Clube Náutico de Castrelo e Ataúdes Chao patrocinan conxuntamente un campionato de Surf modalidade "funeral-surf".

>> Ataúdes Chao, tras fracasar na fabricación de videoxogos, busca outra saída á crise convertendo as tapas dos ataúdes en táboas de surf de deseño.

>> O Alcalde de Castrelo, preguntado polo problema da inexistencia de olas no embalse que impiden a práctica dese deporte, asegurou despreocupado: "Non hai caso. Pedimos unha subención para fabricalas e adiormoibuenas. O caso é que teña proyeción internacional"

>> A organización do evento conta co apoio do Alcalde de Beade, quen nos sorprendeu a todos persoándose no lugar onde amosou as súas habilidades de plinbois á beira do río. ¡¡ Con ese corpo gaña as eleccións calquera, ata un franquista !!

 

 

>> Ribadavia, pioneira na prevención do cancro de pel, ao transformar a Brigada de Protección Civil noutra de PROTECCIÓN SOLAR.

>> Producirase un gran salto cualitativo nas funcións de Protección Civil, que salvarán -agora si- vidas a tutiplén.

>> Irán provistos de máquinas de sulfato para ciscar protector factor 40 a todas as veraneantes, con ou sen o seu consentimento, cumplindo así unha rigorosa normativa municipal.

>> Disporán dun vehículo tuneado de última xeneración aínda máis fashion que o actual, e con moitas antenas. Por suposto, non terá utilidade ningunha, pero a estética manterá contentos aos dinámicos membros do Corpo de Protectores (Solares).

 

 
l