RIBARRAVIA FODEMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO POR AMOR... :: SECCIÓN ARQUIVO 1ª ÉPOCA :: >>18 > 17 >16 > 15 > 14 > 13 > 12 > 11 > 10> 9 > 8> 7 > 6> 5> 4> 3> 2> 1>> ESPECIAL 1º ANO >> |
|||||||
>> ATÓPASE NO AMBULATORIO DE RIBADAVIA UNHA RADIOGRAFÍA DA EX-TENENTE DE ALCALDE DE MARBELLA >> Foi feita polo Dr. Carlo Hesú hai uns meses, cando Isabel G. Marcos pasaba por Ribadavia >> A Xustiza reclámaa agora como medio de proba no xuízo por corrupción, sen que se saiba que datos pode revelar.
> INTERVIR NO FORO DA PÁXINA RIBARRAVIA PODE PRODUCIR IMPOTENCIA !! > O científico Dr. Lao Tse Prexigueiro confirmou varios casos de inapetencia e disfunción eréctil nos visitantes do Foro.
> O doutor apunta que a orixe podería estar na saturación emocional, na incompatibilidade ideolóxica ou no máis absoluto desinterese dos usuarios. > O estudo foi encargado polo webmaster ao apreciar a contradicción de que mentres as visitas medraban, as mensaxes púñanse fláccidas e nunca alcanzaban un acto textual completo. > A Concellalía de Sanidade recomenda aos visitantes moita relaxación e xogos preliminares; só así poderán deixar de ser simples "voyeurs" e culminar unha escribidela.
|
|
g |
ESPECIAL: Feira do Viño 2006 SUBSTITÚESE A PORNOCATA POR UN ESPECTÁCULO QUENTE: "ENOERÓTICA 2006" >> Un pletórico Presidente do Consello Regulador describiunos a nova edizón mentres se facían os ensaios na Praza. A consigna deste ano é: "DATE GUSTO, PENETRA NO RIBEIRO", dixo mentres puña un sorriso un punto malicioso. >> Defendeu así esta chamativa proposta do 2006: "Xa esta bien de desperdiciar viño: este ano potenciamos o espetáculo al máSimo. Queremos que os nosos caldos entren polo ollo" (non dixo por cal). >> BODEGAS CAMPANTE, seguindo a tendencia marcada para esta ocasión se descolga con un slogan de escaso gusto: "Bodegas, Campante: buen vino por detrás, buenas tetas por delante" >> Xa se dixera que o dito organismo regulador propón legañosas medidas de aforro, como recomendar aos visitantes que xa veñan borrachos da casa ou reducir o tamaño da copa de cata oficial. Sen embargo, hai bodegueiros que sufragarán espectáculos moi sofisticados, como é o caso de BODEGAS PAZO DO MAR":
>> Unha dos máis exitosos postos foi o de BODEGAS DOCAMPO, quizais polo tamaño do Magnum que ocupa o centro do escenario, que en puridade ben poderíamos chamarlle "obscenario"...
>> A MANCOMUNIDADE, definitivamente, boicoteará a Feira do Viño: >> Os Mancomunados toman represalias: no seu stand soará todo o día o "soldadito español", emitirán cheiros fétidos, exporán fotos de viños picados e o vídeo do Pedro J. Ramírez coa Exuperancia mexándolle por encima, e todo coa fin de crear nos visitantes un rechazo instintivo por Ribadavia. No colmo da maldade, ata darán publicidade ao viño da Rioxa.
>> Na foto, o Rogelio ultimando detalles coa azafata do stand da Mancomunidade. Ao noso reporteiro pareceulle oír da boca do Alcalde: "Cando che pidan viño ti contestas: ¿Ou sexa que queres que che poña viño do Ribeiro, can sarrrrnosssooo, saco de mieeerrrdaaa? e botas un pouco dese liquidiño verde pola boca, dese xeito tan ascaroso que ti sabes"
>> Haberá divulgación do evento por INTERNET. O Presidente manifestou: "imagínatelo todo visto en el interné, derde cientos de países; te es algo sin precedentes en la historia " >> Pese a tanto optimismo mal disimulado, as nosas estimacións son algo máis moderadas: o evento será presenciado por videoconferencia por unhas 18 persoas; 19, quizais, se contamos ao Epifanio de Avión, que intentará velo dende a Serra pero con risco de quedar coa pantalla en branco por falta de cobertura. >> Como dato anecdótico temos a CENSURA que padeceu algún bodegueiro, quen, seguindo a liña de desinhibición e jolfería marcada polos organizadores, pasouse de voltas facendo un versiño guarro, pero en estricta rima consoante... >> Na foto, o posto que se censurou. Vemos tamén como un visitante dos ensaios chucha con frenesí da "copa de cata" que lle ofrece a pedazofemia do stand. O paisano tivo que ser atendido despois no ambulatorio por un ataque de hiperpirolemia.
>> Outro detalle destacado da Feira: a copa de cata, aparte de pequena ten as medidas mal postas. A boa noticia e que non vai conter matute... PORQUE NON CABE !
>> Como última novidade, para o ano que ven o Consello Regulador informou de que "prevé crear a etiqueta "MATUTE'S FREE", como garantía de calidade e que que irá pegada tras os pertinentes controles... ou sexa, en calquera botella, coma sempre.
UNS VISITANTES ESTRANXEIROS CONSEGUEN DOUS RÉCORDS INÉDITOS NA FEIRA DO VIÑO 2006: > ESCAPAR DA FEIRA SEN RECIBIR DIPLOMA NINGÚN (premiado: Jaben Laden, Á DEREITA) > INTERPRETAR O DIMINUTO TEXTO DO CARTEL OFICIAL. (Premiado: Petoutolàh Hammurabi, á esquerda)
>> "A cousa púxose moi malamente; ás 20:50 horas xa lle deran diploma acreditativo a todas as bodegas, á Garda Civil, aos expositores de maquinaria agrícola, á pulpeira do Calvo e ata a un mosquito que viña de Francelos e caeu accidentalmente na miña copa. Foron momentos moi tensos!! Por pouco crávanme tamén un título a min ", dixo un dos turistas ilesos. >> Ademais do seu estrafalario aspecto, amosaron unhas habilidades pouco frecuentes; de feito, foron os únicos visitantes que conseguiron interpretar a diminuta tipografía do cartel da Feira. "De onde nós vimos, o normal é entender de mensaxes ocultas. Alá, todos sabemos un pouco de criptografía" >> Todos os diplomas eran "acreditativos", pero non conseguimos averiguar QUE CARALLO ACREDITAN ! > Os viños de Casal de Armán e do Cajide foron do gusto do noso reporteiro Resésigo. Pero como ía peneque total, non lembra os nomes concretos dos viños nin a denominación correcta das Adegas... Tamén dixo que, en xeral, os productos, melloraran moito, pero que o ano que ven non vai esquecerse de levar pan para botarllo a eses caldiños, quentes que daba gusto. A FALTA DE COMIDA EN TODO O RECINTO ESTIVO A PIQUES DE PROVOCAR O CANIBALISMO COAS AZAFATAS
>> Un afortunado turista, Emerson Amarfis Valeiras, conseguíu facerse coa única mostra alimenticia do municipio. Vémolo na foto facendo ostentación do seu pedaciño de polo, a envidia de todos os clientes da Viñoteca. >> Durante o evento feiral foron frecuentísimas as miradas intensas ás sempre ben escotadas azafatas, pero o motivo non era a lascivia, senón a fame dos concorrentes; así o deduciron os de Protección Civil, que por tal motivo non perderon detalle en ningún momento dos "canaliños" das espelidas mozas. "Era para velar por su integridá física, que no te era por otra cosa"- Iso dixo un dos membros... >> Os bares, restaurantes e postos de comida -poucos e totalmente saturados, coma sempre- optaron por ofrecer gominolas como prato típico. > Os hosteleiros locais seguen, amosando a peculiar idiosincrasia festeira da "Terra Sen Pinchos". As talanqueras en vacío acabará impoñéndose como moda de baixo custo. (fondo de foto: www.ribadavia.net, zanquiu) |