RIBARRAVIA FODEMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO POR AMOR... :: SECCIÓN ARQUIVO 1ª ÉPOCA :: >>18 > 17 >16 > 15 > 14 > 13 > 12 > 11 > 10> 9 > 8> 7 > 6> 5> 4> 3> 2> 1>> ESPECIAL 1º ANO >> |
|||||||
UN ESTUDO REVELA QUE O 99,3% DOS RIBADAVIENSES QUEREN QUE OS SEUS FILLOS TEÑAN VIDA DE FUNCIONARIOS
O que os pais queren para os meniños e os mozos é moi sinxelo: seguridade e comodidade sen ter que moverse das súas casas. A Administración local e a Autonómica - na que se inclúen Organismos inverosímiles de estrañas funcións e utilidade absolutamente inventada -, é o futuro máis cobizado polos pais ribadavienses. Pero o verdadeiramente revelador do estudo é que moitos fillos o conseguen...
A MINISTRA DE VIVENDA, DECLARA O ESTADO DE ALARMA ANTE A PROBABLE "VISITA" DO ALCALDE DE MELÓN
Segundo as últimas informacións, unha unidade do Exército de Terra auxiliará ás Forzas de Seguridade do Estado. Non é para menos... E non digamos se o acompaña o alcalde fascista de Beade... ¡¡Madrid, TIEMBLA!! (Parte dunha foto de Santi Amil, "A Voz de Galiza")
|
|
g |
O ALCALDE DE MELÓN CONSEGUE DESPACHAR COA MINISTRA DE VIVENDA > A Sra. Trujillo adoptou todas as medidas de seguridade necesarias. > Afirmaba Pardellas que se non o recibían antes do 6 de marzo, “esperaría a que o atendesen". Pois ben, non fixo falta, porque a Sra Ministra recibiuno e incluso acadaron un principio de acordo que se dará a coñecer en breve.
> Houbo, iso sí, unha queixa do munícipe sobre as excesivas medidas de seguridade acadadas polo Ministerio > A Sra. Trujillo explicou: "Que non se sinta ofendido o señor Alcalde; era necesario ter presentes os seus antecedentes penais, a súa tendencia xenética a proferir inxurias e a súa lexendaria prepotencia sen base intelectual. Non nos quedou máis remedio. Ademais todo foi moi ben; incluso pedíu cervexa e panchitos e démosllos triturados a través dunha palliña. Un tipo encantador... se non fala..."
ESPERANZA AGUIRRE OBSEQUIA AO ALCALDE DE BEADE COA RELIQUA DA "SANTA MAN EXECUTORA DE FRANCISCO FRANCO" COMO RECOÑECEMENTO Á SÚA ACTUACIÓN NA "CRISE DA AUGA"
A emisaria que acudíu a Beade na representación da Sra. Aguirre foi a periodista pija Marta Robles, quen leu no seu nome un pregón que levaba como título: "Osssea, el Futuro de la Derecha Española en provincias. ¿s A pija Robles dixo tamén, no nome da súa mandante: "Este digno alcalde, en un momento en que había que elegir entre deshidratación popular y patriotismo, optó con elevado criterio por lo que hubiera elegido su digno predecesor, del que ahora le damos un significativo trocito , concretamente la porción con la que firmaba las penas de muerte en los momentos difíciles" Finalmente, rematouse o entrañable acto cunha cita cultural escrita pola Súper-Presi: "Como dijo el famoso bailarín ruso Fernando Pessoa, "Sólo somos lo que heredamos/ del otrora digno pasado Español / por eso mi espíritu altanero / no lo aplaca ni el Frenadol" Oes, e quedou tan ancha... ---------- A FUNDACIÓN DA FESTA DA ISTORIA ÚNESE AO PULO PROMOCIONAL PORNOGRÁFICO IDEADO PARA A FEIRA DO VIÑO Un empregado municipal do GRUMIR e dous figurantes máis estiveron facendo estes días probas escenográficas na Praza Maior como parte dos ensaios ideados pola Fundación da Festa da Istoria.
Trátase, segundo os encargados da dita organización, de "aprovechar el impulso promocional de la Feira del Viño al acoger su estética un tanto subida de tono para atraer al turirmo, que es lo que al final importa" Mira que somos locuaces os reporteiros de RIBARRAVIA, pero esta vez, francamente, non temos palabras...
17 DE MAIO OS CONCELLOS DA MANCOMUNIDADE ORGANIZAN A FESTA CONMEMORATIVA DO "DÍA DAS LETRAS GALEGAS IMPAGADAS"
>> Os entes locais da Comarca conmemoran a entrañable tradición de usar as Letras Galegas a 30, 60 e 90 días para gañar votantes a base de gastos en obras e festas. "Ese "feliz endebedamento" forma parte da nosa cultura popular e supón un motivo de orgullo en toda Uropa", así o expresou o Presidente da Mancomunidade. (NA FOTO, O FOLLETO PUBLICITARIO OFICIAL) >> Senén Pousa, Alcalde de Beade, tamén organizará unha festa no seu Concello: "Aquí tenemos contraída una deuda histórica con Castelao. Concretamente le debemos a "Castelao Asfaltados" unos 50.000 euros, y eso es dino de ajradecer, porque hizo moitísimo bien para el jobierno de mi municipio. ¡Ay, cuántos votantes decentes vinieron por eses caminos onde nosotros!"
|