revista ribarravia deseñada e e

>> PORTADA ACTUAL

>> ARQUIVO 2ª ÉPOCA

 

 

RIBARRAVIA FODEMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO POR AMOR...

:: SECCIÓN ARQUIVO 1ª ÉPOCA ::

>>18 > 17 >16 > 15 > 14 > 13 > 12 > 11 > 10> 9 > 8> 7 > 6> 5> 4> 3> 2> 1>> ESPECIAL 1º ANO >>

 

 

BREVES>>

"PONTE KACATÚA", UNHA NOVA EMPRESA DE CONXELADOS, SE INCRUSTA EN SAN CRISTOVO. Áxiles contratos que garantizan estabilidade económica para os asalariados ¡¡ durante un mes ou máis !!, minimizan o uso da estimulación laboral mediante látigo e inclúen outros incribles avances!!! Achegamos, como mostra do agresivo márketing da empresa, a súa publicidade navideña; unha exhibición de eficiencia europea grazas a empregos africanos. Chejou a riquesa a Ribadavia!!

 

A REVISTA RIBARRAVIA, AMEAZADA POLOS OCUPANTES DA PRESUNTA ESTACIÓN DE BUSES

En mala hora lle demos a idea ao Concello cando sacamos irónicamente á luz este tema da abortada Estación de Autobuses. Os pobres ocupantes foron víctimas do afán de protagonismo dos políticos locais, que meteron o fuciño nun asunto que levaba cadáver 6 anos. Tamén foron víctimas nosas, uns falabaratos ociosos. Uns e outros necesitabamos unha noticia para figurar, e agora pagan os pobres.

O penoso é que desaloxarán aos indixentes dunha mierda de local que non valía para nada e tampouco vai valer por máis cartos que invirtan.

Aída que o dano é irreparable, señores indixentes, sentímolo moitísimo. Desculpas dende a Redacción de RIBARRAVIA.

 

 

 

  g

 

AS AUTORIDADES LOCAIS IMPULSARÁN A FEIRA DO VIÑO INCLUÍNDO UNHA "PORNO-CATA" NAS SUCESIVAS EDICIÓNS

"O matiz erótico daralle ás Feiras un éxito sen precedentes" -así o dixo o Presidente do Consello Regulador

> Na foto vemos un ensaio de "cata" no seu innovador e chocante formato que se pretende impoñer . Preguntámonos que carallo ten que ver co viño o que estan facendo estes cochinos, pero é certo que a nós tamén nos gustaría intervir para comprobar o aroma e ata os taninos da espelida moza. De probar o viño xa teremos tempo o resto do ano, ¿non si?

Respecto ao ensaio, no perdan detalle de como a subalterna das Forzas Vivas de la Nación que está á esquerda inmortaliza o momento e, sobre todo, non deixen de fixarse nese dedo prospector do tipo de azul na procura dunha valoración cualitativa en profundidade e previsiblemente moi satisfactoria. A cara lúbrica do tipo do fondo tampouco ten desperdizo...

En cambio, o Alcalde, que no parece adaptarse ao ambiente, intenta facerse o avión tratando de aparentar naturalidade ante tan incómoda papeleta... En fin, esto é o que hai. Esperamos desfrutar o evento do ano que ven alomenos tanto como a rapaza das gafas que, dito sexa de paso, leva o asunto moi ben... Por certo, xa está aberto o prazo para inscribirse como azafata e azafato receptor de catas. Preguntar no Consello Regulador na dependencia de "Contraetiquetas e Contracatas". Sorte a todos. (A foto orixinal era de Santi Amil: agradecidos)

O CONCELLO VÉNDELLE Á EMPRESA GUISVAL A PRESUNTA "ESTACIÓN DE AUTOBUSES" DE RIBADAVIA, QUE SERÁ USADA PARA EXPOR COCHES METÁLICOS DE COLECCIÓN.

A Concellala de Cultura: "Aínda hoxe recordo as tremendas críticas polo detalle de que non cabían os autobuses na Estación... Pois ben, agora a edificación terá autobuses... e coches, e amotos, pero a escala 1/50. É dicir, outra mostra máis da axilidade na xestión do noso grupo de jobierno".

A referida concellala, chea de satisfacción pola compra, xa ten plans para o cambio: "Estamos en tratos con Guisval para que o Campamento Urbán do ano que ven inclúa a súa exposición de coches de xoguete. É unha magnífica forma de aproveitar a construcción enriquecendo o patrimonio cultural dos nenos da Vila de xeito que o edificio pase a formar parte da súa idiosincrasia particular" (?????)

 

OS ECOLOXISTAS DE RIBADAVIA IMPACTAN CON MENSAXES DEMOLEDORAS CONTRA A CONSTRUCCIÓN DUNHA MINICENTRAL DE ENGASA.

"Eso no se hace: CACA ". "Jopelines, Engasa, como os pasáis", "Minicentral = fea" e outras mensaxes ameazantes marcan o inicio dunha aguerrida loita por parte dos ecoloxistas ribeiranos. A diferencia con outras campañas é que por unha puta vez contan co apoio do Concello, que tamén se opón ao abuso por vía administrativa.

Preguntado pola contundente e virulenta orientación da campaña mediática e das fortes consignas emitidas, un membro da Asociación "CUETO DEL FRAILE" manifestou tallante: "Lo que realmente nos interesaba era impactar, y considero que lo hemos conseguido" Velaiquí unha instantánea obtida por un dos nosos reporteiros que así o proba:

Por certo, falando de todu un pouco, os de RIDIMOAS se conoce que andan a medir as patas dunha formiga autóctona e non tiveron tempo de movilizarse. Seguen, como se ve, protexendo a natureza con datos IMPRESCINDIBLES PARA A SUPERVIVENCIA DOS RIBADAVIENSES. Non, si é o que eu digo: con xente así síntese un protexido.

 
l