RIBARRAVIA FODEMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO POR AMOR... :: SECCIÓN ARQUIVO 1ª ÉPOCA :: >>18 > 17 >16 > 15 > 14 > 13 > 12 > 11 > 10> 9 > 8> 7 > 6> 5> 4> 3> 2> 1>> ESPECIAL 1º ANO >> |
|||||||
> BREVES 99,3% DE POSIBILIDADES DE QUE CANDO LLE CHAMEMOS FILLO DE PUTA A UN CONDUCTOR NEGLIXENTE, SEXA DA NOSA FAMILIA
Non nos entendades mal. Non hai tanto fillo de puta solto; o que si resulta cientificamente desmostrable é que nesta Vila case todos somos parentes ou coñecidos. O estudo evidencia dous datos indiscutibles: -Os conductores ribadavienses somos moi pouco disciplinados -Se non se producen máis agresións entre usuarios non é porque sexamos civilizados: simplemente ocorre que o conductor fillo de puta que acaba de aparcar mal ou que se nos cruza diante coma unha besta, ven sendo case sempre da nosa familia o que inhibe os comportamentos violentos . Menos mal... |
|
g |
TELECOMUNICACIÓNS ESTRAÑA INTERFERENCIA NA CONEXIÓN ENTRE A WEB DO RIBEIRO E O MINISTERIO DE AGRICULTURA NA PRESENTACIÓN DA FEIRA DO VIÑO 2006. > Algúns usuarios captaron imaxes da Estación Espacial Internacional.
>> O erro foi cuberto coa improvisada simpatía dun peculiar presentador: UN COSMONAUTA UCRANIANO chamado Dimitri Treixadurov. Dixo: "Epaaa, camarrrada Viña Kosteira putamadrre, viño carrralludo tovarich !! >> Exhibíu moi ufano unha botella colleita 2002 que levaba, casualmente, na nave para desferruxar os tornillos. (*** Nota: a verdade é que ao parecer a conexión funcionou perfectamente, pero a nós apeteceunos meternos con esa parida esnob e fora de lugar da conexión telemática dun acto local ) MEDIDA RADICAL DO CONCELLO DE MELÓN. Fala o Alcalde: "DECIDIMOS NON CONSTRUÍR O POLIDEPORTIVO CERCA DO MOSTEIRO. FIXEMOS ALGO AÍNDA MELLOR: PUXÉMOLO DENTRO. Con esta sorprendente boutade desmarcouse estes días o pintureiro rector municipal de Melón, quen recibira fortes críticas por acordar a construcción dun polideportivo a só 100 metros do marabilloso Mosteiro.
>> Parece ser que o homiño decidiu que o pabillón ¿onde ía estar mellor que dentro do Mosteiro. Dito e feito. Velaiquí tendes o resultado. O cartel o marca ben claro: trátase dunha "eniciativa" moi "prática". Así o puntualizou tamén o capo municipal: "y vos voy dicir una cosa: esta eniciativa es pionera en toda Uropa. Este Untamiento es el primero que protege un munumento metiéndolo en en intirior duna istalación deportiva" Certamente, orixinal sí que é: os canalóns do tellado utililízanse para gardar auga das duchas (ecolóxico a máis non poder...); os cenobios dos monxes, serven como vestuarios unisex e, por suposto, o reloxio da torre atopóuselle unha utilidade que non tiña: os descansos dos partidos de baloncesto serán a jolpe de carrillón. Como dixo a outra: "En Melón es todo tan herppossso". E non vai ser...
LOLY ÁLVAREZ E LEONARDO DANTÉS DARÁN AOS MEMBROS DA CORPORACIÓN LOCAL CURSOS DE XESTIÓN MUNICIPAL, ORATORIA E POSES ESCÉNICAS PARA REGUEIFAS. Acabouse facer o ridículo berrando nos Plenos con voceciñas atipladas, acabouse o penoso uso do idioma e, por suposto, acabáronse esas caras, por deus, esas caras crispadas que tan mal dicen nas fotos de La Región, coa cantidade de pasta que viña gastando o PP para que os periodistas favorecesen "a los nuestros"... Pero iso, como dicimos, acabouse porque os sempre afables LOLY ÁLVAREZ e LEONARDO DANTÉS gratificaránnos en breve coa súa presenza na Casa da Cultura. ¿Obxectivo? Un CURSO , SÓ PARA MEMBROS E MEMBRAS DA CORPORACIÓN MUNICIPAL, e cos seguintes contidos: SR. DANTÉS 16.00 H:
2.- Malabares presupuestarios ¿Como ser indixente pero feliz? O matiz ribadaviense. 3.- Festas, festas e máis festas, una proposta de futuro sostible para o Concello. SRA. ÁLVAREZ, 18,00 H.:
2.-¿Cómo saír en "La Región" sen ter nada que dicir? 3.- Montaxes e Organización de Cursos Paripé: implicacións legais. Como xestionalos sen rañala. Perigos e inconvenientes. 4.- Exhibicionismo verbal e corporal. Insultos, Felicitacións e Felacións, os tres pilares da propaganda política nos medios. (Inclúese intervención de Concellal con experiencia... no apartado 3, por suposto.) Ao finalizar os intervintes serán invitados a un Viño Español e a un docudrama sobre os peores carteis de festas de Ribadavia, do que daremos cumprida conta nestas páxinas.
|