RIBARRAVIA FODEMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO POR AMOR... :: SECCIÓN ARQUIVO 1ª ÉPOCA :: >>18 > 17 >16 > 15 > 14 > 13 > 12 > 11 > 10> 9 > 8> 7 > 6> 5> 4> 3> 2> 1>> ESPECIAL 1º ANO >> |
|||||||
>> OS RECIBOS DO, I.B.I. EN HEBREO. O Concello propón, para unha mellor caracterización xudía da Vila e coa fin de atraer turismo potenciando a peculiar idiosincrasia histórica ribadaviense, EXPEDIR OS RECIBOS DO I.B.I. EN HEBREO. Ante os primeiros reproches por parte dos cidadáns, o edil correspondente manifestou con grande seguridade: "Si al final te va ser lo mismo; total las faturas no las entiende ni dios..." >> A CEE TRAE MALAS NOTICIAS: Un esclarecedor informe emitido polo correspondente Departamento do Consello de Ministros da CEE, estableceu recentemente: "En relación coa súa consulta e respecto ás medidas económicas que se poderían adoptar nesa Vila de Ribadavia para superar o estancamento económico ao que se está vendo sometida, valorados todos os parámetros aplicables ao caso, e segundo se deduce do anterior expediente que damos eiquí por reproducido, sentimos ter que informarlles do seguinte: NON LLES VAI QUEDAR MÁIS REMEDIO QUE TRABALLAR". Vaia, mala sorte. |
|
g |
SOCIEDADE A CASA DE GALICIA EN BILBAO DONA A RIBADAVIA UN CONTENEDOR DE LIXO E UN PASO DE PEÓNS SOBREELEVADO >> O agasallo fano, concretamente, para paliar as carencias do pobo de San Paio. >> O levantador Andoni Treixadurenea, neto de galegos, trouxo o donativo ao lombo como mostra do seu amor aos ancestros. O contenedor viña cargado de pedras, pero isto non ten ningún significado; é que os vascos son así.
>> O envío forma parte dun programa de "axuda humanitaria" e elixiron San Paio tendo en conta a desatención que ven padecendo o lugar en materia de seguridade vial e hixiene. >> Andoni, recén chegado, declarou: "Aivalahostia!! Si nos habríais avisado antes, os trajese veinte o cuarenta más, joder!! Y una cosa os digo: que a Galicia la llevo yo muy dentro, oyes, muy en el corazón, que me cago en la puta !" >> Dende Ribarravia, o noso máis sinceiro agradecemento á Casa de Galiza en Bilbao. Grazas eles algúns empresarios do lugar terán máis sitio para seguir verquendo residuos semi-radiactivos.
O PRESIDENTE DO CENTRO DE ESTUDIOS MEDIEVAIS DEMOSTRA A SÚA ORIXE SEFARDITA CUNHA RADIOGRAFÍA !! >> Os feitos sucederon cando o Presidente do CEM de Ribadavia, Sr. González, no medio dunha conferencia á que asistían expertos antropólogos e historiadores, púxose chimpadiño da cabesa cando lle quitaron relevancia histórica á orixe xudía da Vila. >> Ao Presidente, nun momento de obcecación, cruzáronselle as neuronas como candentes estrelas de David, e dixo: ¿Pruebas? ¿Quieren ustedes pruebas? ¡Mariano, saca la placa! Entón exhibíu con arrebatada falta de pudor esta impresionante radiografía do seu propio corpo:
Tal como se pode apreciar, a súa caixa torácica ten as costelas característicamente dispostas como o candelabro de sete brazos dos xudeus, a menorah. A pasmosa peculiaridade anatómica do conferenciante pódese encontrar aínda, segundo dixo, nalgúns habitantes da Vila. Cabe dubidar da revelación se temos en conta que a placa fíxose no ambulatorio, o que supón que as posibilidades de erro sexan elevadas... Aínda así, esta particular disposición esquelética herdada por uns poucos ribadavienses explicaría que de cando en vez atopemos algúns viandantes co peito para afora e que falan un engolado español todo o tempo. Puidera ser que algúns teñan a expresión galega en fase recesiva fronte aos dominantes impulsos xenéticos orixinados á beira do Xordán... De aí a insistencia que pon o CEM en potenciar e divulgar a súa atávica orixe fronte á insustancial herdanza galaica... Por se a alguén lle gusta o tema, saiban que o hebreo é un idioma con enorme pulo entre a xuventude; de feito, xa teñen unha terminoloxía adaptada aos adolescentes kañeros. Fíxense, se non, neste texto obtido da páxina do Centro de Estudos Medievais Próxima Actualización... otiá, perdón, o de próxima actualización está sempre posto pero non forma parte do nome... Dicíamos que os textos xudeus para adolescentes expostos na web do CEM son así: Ke mejor manera de deskrivir el intime enlase de los Sefaradim kon sus lingwa, el Djudeo-Espanyol.(...) tus abuelos no komunikaron en muestra amada lingwa. Seguiremos informando... ou case mellor, non. -------- CASTRELO DE MIÑO DISPORÁ DUNHA AUTOPISTA DE CASE DOUS METROS DE ANCHO NO 2045 O Alcalde: "Agora que non veña dicindo a oposición que pasamos do tema das comunicacións por carretera"
>> A historia comezara cunha proposta do grupo gobernante ao Pleno, no ano 2001, pola que se acordaba instar do Ministerio de Infraestructuras a ampliación e endereitamento da carretera que da acceso a Castrelo de Miño. >> E o proxecto, finalmente, cumprirase: ¡¡unha estrada de 1,90 cm de ancho no ano 2045!! Todo un soño para os sufridos habitantes do municipio, que agora poderán ir tranquilamente nos seus coches... Iso sí, poñéndose de acordo para entrar e saír todos ao tempo ... Pero como o propio Concello expón no seu cartel propagandístico: "o caso é non levar un jolpe fuerte na cabesa". Respecto á crítica do tempo quizais excesivo para a execución das obras, o Sr. Alcalde alegou: "Tá-paratá, xa están os babosos de siempre... ¡¡ pero se corenta anos pasan voando, porelamordediósss !! En calquera caso, dende Ribarravia, moitas felicidades para todos os castrexos. |