|
RIBARRAVIA FODEMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO POR AMOR... :: SECCIÓN ARQUIVO 1ª ÉPOCA :: >>18 > 17 >16 > 15 > 14 > 13 > 12 > 11 > 10> 9 > 8> 7 > 6> 5> 4> 3> 2> 1>> ESPECIAL 1º ANO >> |
||||||
FESTAS PARTIDOPOPULARES NIN COA FOTO-FINISH SE CONSEGUE DETERMINAR CAL FOI O PORCO GAÑADOR NA "FESTA DA MATA DE MELÓN"
>> Un estraño efecto óptico complica o veredicto porque na parte frontal aparece o Alcalde, Alberto Pardellas. Ou sobran patas ou faltan cabezas... ou ningunha das dúas cousas.
>> FORO // CORREO // QUEN SOMOS // |
g |
FESTAS O CONCELLO DE ARNOIA, A POR TODAS. A FESTA DO PEMENTO TAMÉN UTILIZARÁ O RECLAMO DO SEXO. >> O propio Alcalde, Rogelio Martínez, intervirá personalmente na promoción da Festa do Pemento. O cartel anunciador baséase, como xa ven sendo norma na Comarca, nas chocantes mensaxes que desperten os máis baixos instintos do público. >> Algúns veciños manifestan a súa disconformidade por tan impactante campaña protagonizada polo líder municipal: "Xa nos daba cousa velo con roupa, imaxínate velo desnudo!! Iso é un puro exhibicionismo, e non hai máis "- queixábase unha veciña. >> Sen embargo, a través do Concello algúns funcionarios, quizais demasiado influenciados pola impronta viril que amosa o macho gobernante, non deixaron de destacar a súa "valerosa eniciativa al respetive". >> Os agricultores solicitan do munícipe que de paso que promociona os pementos ben pode promover a venda de pepinillos, que tamén se dan na Arnoia... pequeniños, si, pero moi sabrosos.
TURISMO O CONCELLO DE RIBADAVIA ESTABLECE NOVAS MEDIDAS PARA QUE AS TURISTAS PERNOCTEN NA VILA. >> As medidas serán de 38 CENTÍMETROS, tamaño mínimo indispensable para os novos asesores culturais, que xa están sendo seleccionados para "cubrir as necesidades das visitantas do século XXI no tocante ao coñecemento da etnia autóctona". >> Estes operarios nin serán licenciados nin estarán colocados por enchufe, como ven sendo habitual. > Nas probas selectivas excluiranse todos aqueles candidatos que usen alargador. "Se non chega, non tires", será unha das consignas para o ingreso no Corpo de Asexores establecido pola Xunta Calificadora, decisión que ao parecer excluiría á totalidade dos empregados actuais. Mecachiss...
>> Na foto, dúas visitantes pousan para nós tras desfrutar da conversación e dos encantos xenuinamente ribeiraos do novo traballador en prácticas Wilson Barouta, oriúndo de Ventosela. "¡Uf!, ha sido histórico de veras, ¡vaya que sí! Estamos muy satisfechas por el trato recibido de los nativos ribadavienses y pensamos volver en cuanto... bueno, en cuanto nos hayamos recuperado", manifestou unha delas. >> O Centro de Estudos Medievais pide que para gardar a tradición local os operarios sexan previamente circuncidados polo rito xudeu, pero haberá que esperar ata que se cree un novo ambulatorio con dependencias moito máis amplas.
>> A proposta do Concello inclúe un percorrido polas rúas de acceso aos edificios históricos, nas que a Asociación "Alarma" disporá músicas en vivo baseada na voz dun afamado tenor local; finalmente a durmida organizarase en hostais e pensións "low cost"... subvencionados polo Concello, claro, la duda ofende... A isto si que se lle pode chamar penetración cultural en toda regla! Resésigo COMERCIO-NADAL 2006 UN BANDO MUNICIPAL OBRIGA A COMPRAR NAS TENDAS DA VILA PARA EVITAR A SÚA RUÍNA >> Os COMERCIANTES poderán seguir sen invertir un can en modernizarse. O Concello deu ordes á Policía para que OBRIGUE A CALQUERA CIDADÁN A COMPRAR NOS LOCAIS RIBADAVIENSES. >> O Alcalde, ante as protestas dos usuarios manifestou: "A tradicional indolencia dos nosos empresarios non tiña solución. Compría unha medida de emerxencia para reactivalos. A Ribadavia, ademais da Capital do Ribeiro xa se lle coñecía como Capital do YANOMEQUEDAN; estabamos a facer o ridículo en toda a Provincia e iso non se pode consentir en época de eleccións."
>> O turista Rabindranath Peetham, oriúndo de Bangladesh, (arriba, foto da detención) presentou denunza perante o Xulgado por feitos relacionados coa aplicación desta sorprendente normativa que impón comprar calquera cousa a todos os viandantes. Diante do Xuíz declarou: "Yo no inconveniente colabora comelsio locá, señojués. Pero sitienta y tres máquinas sulfato yo no nesesita absoluto porque estoy de vacasione. Tampoco nesesita sostén talla 160 complado lenselía calle Plogleso. Complenda, mujer mía sólo 43 kilo. Sobra mucha tela, usté mentienda porfavó..." >>Os comerciantes, en cambio, están moi satisfeitos: "Agora ya no valen escusas. Ya ninguién se va escabullir de lo tradecional, de lo que es bueno. ¿Pero que les van dar en el Carreflús que no les deamos nosotros eiquí, los legítemos comerciantes de toda la vida? Y si no hay de lo que piden, ¡pordiós, mal será que no encuentren otra cosa!" explicou ao noso reporteiro o Presidente da Asociación.
>> O Concellal correspondente xustificou este descarado cartel propagandístico que reproducimos, deste xeito: "No pretende coacionar, en lo asoluto; antes al contrario, lo que quiere es alvertir al ciudadano y a la ciudadana de los beneplácetos de nuesto comercio autótono" (?) >> Os da Arrincadeira gañaron notoriedade co dos autobuses e insisten no tema: "Como xa arranxamos para recoller borrachos de noite e usuarios mareados de día, ben podemos aproveitar as viaxes e recoller compradores cargados de cousas inútiles. O Anpián fainos prezo e mal será que non caia unha subvencionciña...", afirmou o Portavoz. >> Por último, a Plataforma Cívico Xuvenil MeFoDe ("Menos Fouciñas e Máis DVDs") estuda recurrir o Bando perante a xurisdicción contenzoso-administrativa AOS NACIONALISTAS FODÉUSELLES O BLOQUE EN RIBADAVIA!! Ridículo espantoso do BNG no "Rally Político Rexional", Non conseguiron nin arrancar. > Presentáronse cun novo bloque deseñado pola súa escudería, pero gripóuselles na Praza Maior. > Tele Arnoya estivo alí e gravou a conversa do líder do BNG e do representante en Ribadavia. Comproben a impotencia do "Quin", que contrasta coa pachorrenta reacción do Xabier Carreira. .
> O Celso Sotelo, concellal do PP tivo que levar aos pilotos á meta no seu TAXI; alí, lles deron o premio de consolación. > VEXAN A PROMOCIÓN QUE SE FIXERA DO BLOQUE PARA O 2006. Para fabricalo usaran unha aleación incompatible e pouco consistente: a parte dereita gañaba dureza mentres a esquerda tendía a derreterse. O fracaso víase vir.
|
g |