|
RIBARRAVIA FODEMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO POR AMOR... :: SECCIÓN ARQUIVO 1ª ÉPOCA :: >>18 > 17 >16 > 15 > 14 > 13 > 12 > 11 > 10> 9 > 8> 7 > 6> 5> 4> 3> 2> 1>> ESPECIAL 1º ANO >> |
||||||
>> FORO // CORREO // QUEN SOMOS // |
g |
CULTURA ?? O ALCALDE DE RIBADAVIA INAUGURA O HALLOWEEN PARA DESTACAR O SEU CARÁCTER "CULTURAL, ENXEBRE E AUTOIDENTIFICATIVO", e queda tan ancho... >> "Queremos que todos os cidadáns e cidadanas desfruten desta festa autóctona con enorme tradizón na Galiza máis atávica, dixo o Sr. Blanco mentres un chorriño de sangue lle fluía dos labios. >> O Organizador de NOITE MEIGA, en funcións de mestre de cerimonias, presenzou co alcalde un solemne e terrorífico "erizado" de bandeira, e destaca este ano a "integración da festa na cultura GALEGA en general" grazas aos traxes rexionais que algúns exhiben.
>> Non obstante, o impulsor de Activa-T recoñece: "Home, autótona-autótona non é; se cadra se trata dun sincretirmo cultural que bebe das fontes dos cátaros, dos celtas e do neolítico "breoganense", ou algo así. É máis, un tipo de Proteción Civil que ten lido algo, anda a buscar na biblioteca a forma de relacionar tamen a Festa co pasado xudeu, pero de momento o único autótono que conseguiu foi UNHA EMPANADA de datos ". >> A pesar das connotacións exaltadoras da cultura USA desta celebración, a CIA anda a investigar ao Concello por "subvencionar actos TERRORÍFICOS". >> A Concellalía de Festas e Autobombo non da feito a soltar pasta para eventos coa desculpa culturalde darlle ton á Vila, pero realmente só acaba favorecendo intereses comerciais. Aínda así, estuda incluír o Activa-T, a Arrincadeira (pretende a financiación de desplazamentos para emborracharse na Vila co erario público), e outras asociacións baixo o epígrafe SUBVENCIONA-T. (¿PARA CANDO UNHA BOA BIBLIOTECA PÚBLICA, por exemplo?; ou mesmo:¿Por que a obsesión de relacionar a cultura exclusivamente coas festas?)
ANINOVO UN DESPISTE NA APLICACIÓN DO HUSO HORARIO PORTUGUÉS XÓGALLE UNHA MALA PASADA AO BLOQUE DE RIBADAVIA >> O Representante local do BNG chegou á Praza Maior unha hora tarde para celebrar o FIN DE ANO. O fiasco aínda o foi peor porque este ano fora rehabilitada a Torre para dar as badaladas de benvida ao 2007. >> Pese ao retraso, metade por cabezonería e metade por disciplina de partido, o Xabier Carreira celebrouno agarrando unha talanquera jalaicoportujesa no medio da deserta Praza coa única presenza dun galo de Valença do Minho. (Animación con sonido. Perdón polo portugués inventado...)
>> Para o dito Concellal resultaba básica "a liberaçao do nosso tempo enxebre fôra do acotamento asfixiante que estaba a imponher o horârio espanhol", así o manifestou con achispada contundencia. De feito fixo repetir a badalada da 1 da madrugada ata 12 veces, xerando un efecto de media noite un tanto desconcertante... >> Ao abeiro do himno cultural portugués da "Grândola, Vila Morena" brindou en solitario cun producto das Adegas Beenegá; o cava non era nin tinto nin branco pero se lle subiu rápido de carallo. Tan fúnebre estampa serviulles aos nacionalistas de "campaña de felicitación reivindicativa". Resésigo.
CIENCIA UN ESTUDO EVIDENCIA AS PECULIARIDADES ESCATOLÓXICAS NOS FUNCIONARIOS PÚBLICOS DE RIBADAVIA. >> Os datos obtidos nos W.C. dos ORGANISMOS OFICIAIS RIBADAVIENSES desvelaron chamativas diferencias entre os traballadores da Administración e o resto da xente á hora de facer as súas necesidades. Así o mantivo o doutor Gastrulen, científico do IGNEI (Instituto Galego das Novas Enerxías Improductivas), quen revelou, ademais, que existe unha idiosincrasia particular para cada Organismo : 1.- A "sacudida sen esforzo", práctica favorita entre os funcionarios da OFICINA AGRARIA COMARCAL:
Ademais, os da Agraria poden soslaiar, grazas a este sistema, as frecuentes críticas que reciben sobre a súa pasividade laboral. "Con este cómodo mecanirmo nidiós puede dicir que nos esteamos tocando lorgüebos toda la mañana; realmente deso se encarga este avanzado artelugio, o sea que a ver como dicimos las cosas que luego vienen las confusiones y los conflitos", aclarou indignado un funcionario ao investigador. Aparte diso, mediante a automatización das miccións se evitan os riscos laborais típicos, como a transmisión do tan temido Mildiu escrotarum; en cambio, aparecen outros máis comprexos, como cando se producen cortes no fluído eléctrico nun momento delicado, ou cando se lle obriga á máquina a realizar unha tarefa máis prolongada do habitual... 2.- No Concello, a tensión preelectoral xa se cheira... nos cuartos de baño.
Incluso se puido constatar a existencia de diferentes comportamentos post-evacuatorios segundo a cor política de quen realiza o trámite. O costume máis chamativo observouse nos membros i membras do BNG, quen facendo gala dun espírito autóctono envexable levan con eles feixes de grelos para limpar o seu finstro nacional. Este encomiable xesto de proselitismo autoidentificativo non ten parangón no mundo da política patria. 3.- Para os membros de Protesión Sivil a seguridade é o primeiro... e limparse ben, o segundo.
Apuntan como único inconveniente que cómpre ser previsor e ter limpa a retagarda xusto antes do despegue evacuatorio; en caso contrario, podería un aparecer espatelado na Praza Maior cunha mancha de palomino (tinto) no calzón e, o que é peor, con outra mancha no intachable currículum profesional de Protección Civil. 4.- ¿E o Consello Regulador? Pois, como era de esperar, os actos íntimos tamén se retransmiten por "el interné".
O pundonor profesional do Sr. Bouza lévao a limparse con auténticas etiquetas de denominación de orixe do Ribeiro . "O malo é que son algo esvaradizas, pero mirade, mirade que ben deseñadas están", dixo algunha vez, amosando á cámara unha tira usada... >> "Resulta inexplicable como os funcionarios e autoridades propenden nesta localidade ao esparcimento morboso e á divagación laboral inxustificada nos momentos de intimidade fisiolóxica; debe ser o clima... " . concluiu algo confuso o doutor Gastrulen. Resésigo news :::<>::: PUBLICIDADE :::<>:::
EDICIÓN "FAMOSIÑOS PERIFÉRICOS" 2008 CÁSTINGS: > CARBALLEDA: no Espazo Natural Protexido de Pena Corneira, os días 24 e 25 de outubro. > LEIRO: nas Instalacións de Lodos Fragantes "LODALIA", os días 4 e 5 de decembro. Aguanta a respiración e... faite famoso yamirmo !!! |
g |