|
RIBARRAVIA FODEMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO POR AMOR... :: SECCIÓN ARQUIVO 1ª ÉPOCA :: >>18 > 17 >16 > 15 > 14 > 13 > 12 > 11 > 10> 9 > 8> 7 > 6> 5> 4> 3> 2> 1>> ESPECIAL 1º ANO >> |
||||||
>> FORO // CORREO // QUEN SOMOS // |
g |
TRANSPORTES A RENFE NEGA CONTRA TODA EVIDENCIA A DESESPERADA SITUACIÓN DOS VIAXEIROS DE RIBADAVIA >> A ínfima cobertura de transporte ferroviario na ESTACIÓN DE RIBADAVIA xenera moita angustia nos usuarios. ALGÚNS non toleran a tensión e CHEGAN AO SUICIDIO >> Pese a que os habitantes da Comarca teñen que soportar unha incrible escaseza de servizos, aguantar retrasos récord e ocupar vagóns masificados, a empresa pública non considera necesario adoptar medida ningunha. Dende a última viaxe BIMESTRAL a Vigo os cadáveres acumúlanse nos andéns; aínda así, a "empresa" non se da por aludida.
>> Aínda máis: RENFE, na súa liña de comportamento cicateiro ao que nos ten afeitos, está abríndolle expedientes AOS CADÁVERES que quedan na estación zapateados no chan por "infrinxir o Regulamento de Viaxieros no seu punto 35.2 bis: Uso indecoroso de las instalaciones y entorpecimiento del fluido circulatorio en los aledaños de la vía férrea". >> A ausencia total de operarios nas dependencias da Estación é xa o normal. Hai dous días unha veciña de San Paio fuxíu despavorida ao confundir ao Xefe de Estación cunha pantasma aparecida do seu defunto esposo.
>> O Director Rexional de Renfe nega as deficiencias: " La gente cuando te quiere te es moi esquisita. ¡Tenían que andar en aquellos vajones que yo anduve, que se me metían las franjullas del carbón entre los párpados, cuando los asientos que te eran duna madera duuuuura que se rejichaban las nádegas! Aaaaay, diormío, ¡lo que hay es moito vicio!" >> Non obstante o anterior, a deliberada campaña promovida polas autoridades nacionais, coa colaboración das autonómicas, para desmantelar o transporte público e orientar o consumo ao transporte privado por carretera está resultando un absoluto éxito. Xerente de Monte Kalamua : "Así, liberan tensiones y producen más " A DIRECCIÓN DE "MONTE KALAMUA" ORGANIZA TORNEOS DE LOITA GRECORROMANA ENTRE ENCARGADOS > Nesta ocasión, "Lobito da Franqueirán" executa un "cracking panseta" fronte aun encargado novato
> A empresa determinou que debe primar a forza e o carácter fronte ás habilidades organizativas ou as capacidades de xestión de personal. E así lles vai. A producción non para... de fluctuar. > Os empregados da cadea pasan as xornadas laborais atónitos, entre regueifas, artes marciais e voces de mando de encargados iracundos que deixan o látigo para operarios a un lado coa fin de baterse cos encargados-contrincantes que pretendan inmiscuirse no seu territorio. > As cadeas só parecen fluir cando o macho dominante (macho alfa) impón o seu criterio; entón, énchese o ambiente de testosterona, o gañador emite unha "berrea" exhibindo a súa situación de mando, e hala, todos a traballar de novo... ata que apareza outro competidor. > O Director Xerente explica o asunto afirmando que é para "liberar tensións" e que iso repercute positivamente na producción... de testosterona, claro.
ECOLOXÍA O CONCELLO EDITA UN CONTO INFANTIL BASEADO NA CONSTRUCCIÓN DOS CAMIÑOS FLUVIAIS >> No conto, que se repartirá gratuitamente, o Alcalde de Ribadavia encarna ao entrañable personaxe infantil Marco , na busca da felicidade colectiva (simbólicamente a Nai) pedindo subvencións para construír infinitos camiños fluviais coidadosamente pavimentados. >> Pese a que o frenesí constructor está a acadar niveis obsesivos entre os Concellos de Galiza, con estas obras esteticamente resultonas, economicamente excesivas e ecoloxicamente aberrantes , preténdese gañar o corazón dos nenos e adultos.
>> Na portada, un personaxe, cheo de optimismo, leva unha solicitude de novos paseos fluviais dirixida á Consellería da Metade do Ambiente. Simbolicamente leva da man a unha inocente amiguiña (invidente? moderna?) coma unha metáfora da política. >> A presentación do libro será no Clube Artístico e contará coa intervención do aparellador municipal, que asistirá en calidade de experto Técnico Asesor en Cauces Hidrolóxicos, Faunas Ripícolas e Xestión Medioambiental. Este profesional que, como todo o mundo sabe, está altamente especializado en case todas as materias concebibles, moderará o acto e resolverá dúbidas de índole ecolóxica que lle prantexen os nenos de entre 4 e 8 anos. >> Os ecoloxistas non parecen reaccionar contundentemente ante tan innecesario maltrato da fauna das ribeiras galegas, pero as rutas do colesterol están resultando un absoluto éxito entre os votantes. Resésigo |
g |