RIBARRAVIA FODEMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO POR AMOR... :: SECCIÓN ARQUIVO 1ª ÉPOCA :: >>18 > 17 >16 > 15 > 14 > 13 > 12 > 11 > 10> 9 > 8> 7 > 6> 5> 4> 3> 2> 1>> ESPECIAL 1º ANO >> |
|||||||
PUBLICIDADE > VOTA BNG, VOTA NACIONAL DINAMIRMO
"Unha Galiza xoven, unha Galiza dinámica. A nova Galiza móvese sobre o noso Bloque". Dame o teu voto Neeenngg!! ------------------------------
A EMPRESA DE COSMÉTICA L'ÔREAL FARÁ UN MOSTREO NA VILA PARA LANZAR UNHA GAMA DE PRODUCTOS PARA VARÓNS. A ninguén se lle escapa o grande esforzo dos nosos mozos en ataviarse cual mariconas repoludas para resultar máis "chic" entre os seus colegas. Podemos ver rapaces con gafas de sol mentres andan á rodriga, co pelo enjominado e encrestado no cogote, pousando como aspirantes a Hollywood; ou mesmo cheirando a perfume de puta cara (dese de a mil duros o chafarís). Debe ser que tanto metroseSual xunto acabou chamando a atención de L´Ôreal, que virá facer estudos dos seus productos a este paraíso de narcisistas. CIENTÍFICOS NORUEGOS OBTERÁN COMPOST DA FESTA DA ISTORIA. Os doutores Hans Gastrulen e Björk Emeterik, do Instituto Noruego das Novas Enerxías, estudaron o potencial calórico dun compost de extraordinaria calidade: a pota de borracho. (gomiten ribaistorien komposgrau). Invitados a valorar as posiblidades de reciclar residuos nesta Comarca , a proposta do sempre imprevisible e chamativo grupo do BNG, concluíron que o volume de potas por metro cadrado producidas na Festa da Istoria, podería chegar para producir enerxia suficiente que abasteza as farolas ou parrillas ou como carallo se chame a eso que alumbra o parque ou parking ou como carallo se chame... Bueno, vos xa entendestes.
|
|
g |
RESACA ISTÓRICA 2006 A FUNDACIÓN DA FESTA DA ISTORIA DISIMULARÁ O DESMADRE ALCÓLICO OFRECENDO PARA O 2007 CULTURA E ACTOS DE INTERESE SOCIAL. >> IMAXES da pasada Festa servirán de argumento para a CAMPAÑA "CORRECTORA" da vindeira edición. Se disimulará o reclamo do alcol baixo a apariencia de acontecementos artísticos ou de utilidade social. >> Velaiquí un avance. Mirade, mirade as lendas promocionais que poñen aos carteis...
>> Personaxes pintorescas ou mesmo ridículas aparecen nos carteis de propaganda transformados en artistas espontáneos...
>> Unha talanquera deixa de supor un estado lamentable para converterse nun momento persoal socialmente chic e integrador. Todo parece tan sospeitosamente positivo...
>> Ocúltanse as actividades estrafalarias e os detalles vulgares; todo aparenta marabilloso, todos parecen actores, bailaríns ou cineastas de elite integrados nun gran ambiente creativo...
...para quen o queira ver, claro. >> No colmo da manipulación será esta última fotografía a que sirva de inspiración para o vindeiro cartel da Istoria 2007:
>> Ante o descenso de visitantes nesta edición, o Sr. Alcalde pediu o esforzo de todos para impulsar de novo a Festa. O Concellal de Turismo amosou certa espabilación e deu en sacar un coleccionable de "bonequiños istóricos" para os rapaces. O dito membro da Corporación, Javier Iglesias, non tivo reparos en servir de modelo para o primeiro exemplar. E ben guapo que quedou, as cousas como son.
SEMANA SANTIRMA 2006 EMOTIVA PROCESIÓN DOS BODEGUEIROS DE "RIBEIRO MATUTAK" PARA EXPIAR AS SÚAS CULPAS. > Constituíron a Cofrairía dos Irmáns Metabisulfitos de San Cristoviño.
>> Despois de anunciar o abandono do matute, entraron en trance relixioso. Queren redimir os pecados enolóxicos exaltando a San Cristoviño, patrono dos bodegueiros. > A foto é exclusiva de RIBARRAVIA adiantándose, por unha vez, aos reporteiros gráficos moito máis cualificados. Eiquí teñen para vostedes esta magnífica instantánea. Non era cuestión de encuadre, senón de oportunidade...
O CLUBE ARTÍSTICO DE RIBADAVIA ENTRA NO SÉCULO XXI SEN SAÍR DO XIX... ESPECTACULAR RECONVERSIÓN DO CLUBE ARTÍSTICO PARA "CHEGAR A LAS NUEVAS XENERACIÓNS" . > " Come on, baby, RACHAMOS CON LA PANA !!! " é a nova e pintoresca consigna da institución ribadaviense, que mantiña dende o século pasado (ou foi do anterior ao pasado?) o seu formato e ata os seus lonxevos empregados... > A organización non quere quedar atrás na oferta de ocio ribadaviense. O Hip hop, o Tecno Funk, as Muñeira Sessions e cubatas de La Ina Santa Catalina quitaranlle o cheiro a naftalina á súa clientela habitual. > "¡¡ A rachar con la pana se ha dicho !! ¿Cómo lo ves, tron?", repetíalle entre torpe e exultante o Presidente da institución ao noso reporteiro.
> XENARO HAMMER e ERUNDINA COSTEIRA, dous renovadores da música moderna, suporán o trabucaso de saída para a nova traxectoria do Clube. > "El local perderá moscas y su estremecedor vacío y ganará músicas actuales, dinamirmo y clientela" Así o asegurou outro dos directivos nun palmario e aplomado español. > E añadíu: "Se fai falta poremos comerciantes punkis que lle dean ambiente, sexo e rocanrrol ao noso local".
> A intervención dun famoso tenor ribadaviense está aínda por confirmar neste inolvidable evento (como para olvidalo...). Se tendes estómago, no sus lo podéis perder. Resésigo New |