RIBARRAVIA FODEMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO POR AMOR... :: SECCIÓN ARQUIVO 1ª ÉPOCA :: >>18 > 17 >16 > 15 > 14 > 13 > 12 > 11 > 10> 9 > 8> 7 > 6> 5> 4> 3> 2> 1>> ESPECIAL 1º ANO >> |
|||||||
|
|
g |
O MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE EXPEDIENTA Á ORGANIZACIÓN DA MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO POLA EXCESIVA EMISIÓN DE CONTAMINANTES Director da MIT : "É unha afrenta. Se a xente quere ruído e fume temos que darlle o que pide."
> A pesar do lexítimo cabreo de Rubén García, Director da MIT, quizais non lle falten argumentos ao Ministerio. Como claro exemplo temos a foto promocional deste ano. Elixiuse a dunha actuación de rúa do grupo Trekking Póutiga, na súa famosa performance "Aerophagic Metaphora in the Dark" que xa levantou moitas ampoias en Amsterdam. Nela aparece o actor Toribio Romasanta enchendo de fumes máxicos a noite ribadaviense cunha bengala espichada no cú. > O criterio da Administración é que un lume artisticamente catártico e purificador é digno de respecto, pero esa emisión de fumes tóxicos resulta intolerable para a saúde dos cidadáns e para a estabilidade da xa mermada capa de ozono. > O encargado do MIT comentou que como consigna publicitaria para este ano tiña pensado: "Ribadavia, co teatro de vanguardia pero tamén co de retaguardia", O malo é que agora o expediente sancionador podería frustrar unhas magníficas expectativas para o 2006. A ver como ser resolve. Sorte, Rubén. A POLICÍA LOCAL DE RIBADAVIA ADOPTARÁ MEDIDAS CONTUNDENTES PARA EVITAR A ANARQUÍA DO TRÁFICO. O Concellal de Tráfico promete cambios que revolucionarán a seguridade na Vila. Policías-robot, torturas e medidas disuarorias de toda índole porán orde nas rúas ribadavienses. > "Non aguantabamos máis -confesounos un membro da Local de Ribadavia. As multas nunca chegaban a executarse; todo o mundo pensaba que tiña dereito a aparcar onde lle saíse do carallo; as nosas instruccións eran obxecto de burla..."
> Ao parecer xa se intentou antes cunha arma disuasoria de última xeneración, pero despois de que, inexplicablemente, varios axentes se ferisen na fronte, abandonouse. > Segundo o Concellal, xa está > Os novos superaxentes dispoñen de AFS (Anti Feira System), LCEA (Localizador de Conductores Estacioados no Amando) e GPSC (Gilipollas Prosecution Satellite even Castrelo) para que non escape ningún infractor. Non poden fallar. > Existen outras estratexias en fase experimental que quizais se teñan que aplicar, "pero esperamos non ter que facelo" -dixo o > Van en dúas liñas, que respectan a idiosincrasia ribadaviense no que se refire as tradicións históricas (a tortura) e culturais (o pasado xudeu). Dúas horas de oración en hebreo fronte a parede do castelo ou dúas horas coas pelotas en suspensión convencen a calquera, aínda que sexa ribadaviense. "O tráfico seguirá sendo unha mierda, pero que saímos en Tele 5, fixo", afirmou ufano o edil competente. ------ A UNESCO RECOÑECE A FESTA DA ISTORIA POLO SEU INTERESE... ALCÓLICO O título conferido, de "Gran Vila Alcólico-Medieval", destácanos entre un dos lugares característicos do sur de Europa. > "Incrible", "inaudito", "sorprendente", "¿Tes algo solto para tabaco?" Esas foron as primeiras reaccións dos políticos locais ao enterarse de tan destacado recoñecemento internacional.
> A mostra da causa da indignación témolo nun cartel promocional emitido pola UNESCO, que desacertadamente destaca a nosa característica idiosincrasia de pobo medieval e... alcólico. > O Organismo europeo recoñeceu recentemente a Ribadavia como destacada Vila Alcólico-Medieval dentro do Programa para o Desenvolvemento das Culturas Rexionais Europeas > Unha desacertada campaña publicitaria deu a coñecer a nosa Vila como un auténtico borrachódromo que se constitúe un día ao ano baixo a apariencia estética dunha sofisticada festa medieval, a Festa da Istoria. O cartel non merece máis comentarios ... > O PSOE rexeita a campaña, pero sempre con talante, moderación e consenso, (??) > O PP busca unha rectificación porque no cartel menciónase Galiza en primeiro lugar, e "Spain" entre paréntese, e iso atenta contra a unidade de España e favorece os atentados da ETA (??) > O Beenegá anda buscando nos manuais que é o que deben facer, e como van pola letra L, din ao respecto o seguinte: "Licores e bebidas alcólicas deben ser xestionadas por Galiza, sen que poidan intervir as forzas Españolas que nos restan autonomía no impulso económico e cultural". (???) ------- O BNG ENCOMÉNDASE AO APÓSTOL PARA O 2006 ROGANDO QUE LLE PROPORCIONE ALGUNHA ORIENTACIÓN POLÍTICA "Unha versión renovada do VOTA-fumeiro permitiranos por fin detectar un proxecto que ofrecerlle aos/as votantes/votantas" así o expresou Quintana-Jones. > E añadiu: "O/a Apóstol/a Santiago/a axudaranos neste delicado momento; así o desexamos todos/as" > A ambigüidade ideolóxica tiña que rematar; a busca dunha idea-forza axeitada para un partido nacionalista-pero non moito, de esquerda-pero sen pasarse, populista-pero "intelectual" e mil binomios irresolutos máis, acadou a solución máis enxebre posible: o VOTA-fumeiro. > O artefacto creado pola cúpula do partido, bambearase de dereita a esquerda na Catedral compostelana para revelarlles unha ideoloxía definitiva que capte aos votantes perdidos. > O BNG espera que o fume marque por fin un criterio político a seguir para acadar a Xunta en condicións de decencia maioritaria aceptable. > Os Nacionalistas ma non troppo daranse cita na Catedral de Santiago. Ao evento relixioso, por primeira vez, poderán asistir incluso os ateos. Amén. ::::::::::: ESTA REVISTA ESTÁ PATROCINADA POR :::::::::: ¡¡¡SEÑOR LÍDER POLÍTICO!!!, ¿Quere polarizar artificialmente a opinión pública? ¿Interésalle unha poboación políticamente dividida? ¿Pretende sementar malas babas na súa localidade para sacar partido nas urnas? NON O PENSE MÁIS : CÁTERING ESPECIALIZADO PARA POBOS DIVIDIDOS. MAGOSTOS ENFRONTADOS//SARDIÑADAS DESLOCALIZADAS // FESTAS PATRONAIS CON TENSIÓN IDEOLÓXICA... CHÁMENOS SEN COMPROMISO POLÍTICO, SEXAN CALES SEXAN AS SÚAS SIGLAS
|