>> PORTADA ACTUAL

>> ARQUIVO 2ª ÉPOCA

 

 

 

revista ribarravia deseñada e editada por tipiño ribadavia

RIBARRAVIA FODEMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO POR AMOR...

:: SECCIÓN ARQUIVO 1ª ÉPOCA ::

>>18 > 17 >16 > 15 > 14 > 13 > 12 > 11 > 10> 9 > 8> 7 > 6> 5> 4> 3> 2> 1>> ESPECIAL 1º ANO >>

 

 

BREVES>>

O CONCELLO CONTRATARÁ A URI GELLER PARA CADRAR CONTAS MUNICIPAIS O coñecido mentalista Uri Geller, capaz de doblar cucharas co pensamento, será contratado polo Alcalde para "resolver dunha vez por todas este tradicional e engorroso asunto da deficiencia presupuestaria". Aínda que o mentalista non adiantou a estratexia a utilizar, fálase de que se introducirá no corpo do concellal ou concellala correspondente (de momento só de xeito espiritual; logo, xa se verá...) e condicionala psicolóxicamente para que atine coas decisións económicas axeitadas e rendibles. Se non funcionase, non quedaría máis remedio que recurrir á Ciencia Ficción, polo tanto xa estaríamos a falar de contratar ao contable do Baltar, medida a todas luces extrema e pouco aconsellable para institucións moralmente rigorosas...

O CENTRO DE ESTUDOS MEDIEVAIS PROPÓN COMO HIMNO MUNICIPAL O FAMOSO "A-BA-NI-BI" "Tendo en conta os lazos que unen a nosa cultura coa xudía, na que fundimos as nosas raíces máis profundas (???), propoñemos recuperar todo ese caudal istórico-sentimental a través dun símbolo de uso cotiá, un auténtico cántico que rememore a nosa orixe coa que ten que ver máis o señor Sharon que o propio Castelao", -dixo con vehemencia o Director do CEM. Lástima non dispor doutra fonte melódica máis tradicional que a canción israelí gañadora de Eurovisión en 1978:

'A-ba-ni-bi 'o-bo-e-bev
'A-ba-ni-bi 'o-bo-e-bev 'o-bo-ta-bakh...

 

 

 

  g

 

Sorpresa nunha casa de Francelos:

APARICIÓN MILAGROSA DO ROSTRO DO ALCALDE NUNHA PAREDE

>>Un BLOQUE deteriorado de cemento no chan completa unha enigmática mensaxe do máis alá.

>> Os donos interpretan a mensaxe como un aviso para que cesen os seus votos ao PP.

A dona da casa, dona Xenoveva Sanxuás afirma chea de entusiasmo cristiano: "Ata agora viñamos votando ao PP; tiñámoslle moita fe ao Caraquitas e máis ao Baltar, porque este último nos fixera moitos favores; pero iso acabouse porque así norlo manda diosnuestroseñor. Isto foi unha revelación moi clarísima. En boa hora chegou á nosa casa esta epifanía del Cielo para que lle tomemos fe aos seus enviados da esquerda moderada. Eso non hai quen nolo quite da cabeza ao meu home e a min: algo nos queren dicir de alá arriba..."

>> INVESTIJADORES DE PROTESIÓN SIVIL ESTÁN A REVELAR O CONTIDO DAS PSICOFONÍAS QUE SE ESCOITARON NA COCIÑA. O evento paranormal da aparición do rostro, veu acompañado dunhas estrañas voces humanas cuio contido aínda están por descifrar. "Non te achejes á capital de Venesueeeeelaaaa", ou "Coidadiño non tropesar co bloooqueee" son as estremecedoras e misteriosas instruccións que se puideron escoitar e que están sendo desveladas por os homes de asul da Protesión Sivil, o que supón toda unha garantía...

----------

>>PILLAN A DOUS CONCELLAIS IN FRAGANTI DÁNDOSE O LOTE NO "OASIS"

AÍDA NÍZAR: "Te han vixto, Calixto"

A ínclita "periodista" Saída Nízar, visitou a Vila onte co único obxectivo de propalar unha estremecedora noticia. Fíxoo no lugar VIPS, A Reptoral, e díxoo así: "Ojo, señor X, sé que estuvistes en tratos sesuales el pasado día 24. Sé que esa nocccheee, te lo hicistes con el concejal contrario, el señor C. Lo que no sé es si disfrutastes. Pero yo, Aída, aseguro que te han vixto, Calixto. Si lo niegas, Aída te tapará la boca. Es más: me consta que tú usabas abanderado azul celeste con estrella roja encima del paquete , y que tu compañero llevaba tanga con gaviotitas; también sé que te fuistes en su Mercedes blanco. Incluso puedo afirmar, señor X, porque mis fuentes son fidelignas, que distes gatillazo". E añadíu, con moi mala intención: "Si tenéis valor, rebatidme. Porqqque Aída LO SABBBE TODDDO y Aída no se caaalla ". Outras fontes solventes, en cambio, manteñen que sen dúbida os referidos concellais chegaron por separado, tomaron un vermú (un deles rexeitou o "roxo", por non infrinxir a disciplina do Partido) e pasada unha hora un deles achegou ao outro á vila porque ao primeiro se lle fodera o bloque (o do motor xa o tiña fodido de antes). Vale, é certo que a periodista Saída Nízar non resulta moi fiable pero, francamente, non imos deixar que a verdade nos foda unha boa noticia...

 

A NOSA PROPOSTA PARA O CONCURSO DE CARTEIS DA FESTA DA ISTORIA-2006

Inspirada nunha cristaleira de igrexa, o cartel representa perfectamente á relixiosidade medieval, a tradición nas formas e, como non, o tipismo local, representado por un agradable mozo que amosa os productos da terra ribeirana (Hijos de Ribera, SA, "Estrella de Galicia"). Cóidase, como non, cada detalle; por exemplo, o cristal da litrona foi elaborado ao xeito tradicional, ou sexa, soplando (o deseñador do cartel estaba absolutamente bébedo mentres manexaba o Photoshop), e o xubón aparte de ter manchas de graxa (autóctonas, por suposto) é alquilado, como ven sendo obrigado. Como innovación estética, engadiuse un ton ocre no fondo do faldón facendo referencia ás ancestrais infeccións por Salmonelose e ás consecuentes cagarrizas, o que da un indubidable toque humanizador á composición.

Á lenda non podía ser outra: "Vive a tradición. Bebe a tradición". Con moita cautela menciónase a tradición pero tamén o alcol: todo cómpre nesta Comarca, señoresmíos, é bo manter a cultura, pero non se pode descoidar a economía...

Por certo, a tipografía de sempre (denominada Celtic) non é axeitada, pero os turistas estarán tan peneques que acabarán misturando aos Celtas cos monxes benedictinos ou con dona Urraca; o caso é que diga bonito. Non é un cartel marabilloso, pero abofé que os ten habido peores, e non nos fagades falar...

>>PUBLICIDADE

>> CURSO DE EQUILIBRIO ECOLÓXICO AVANZADO CON PHOTOSHOP

 
l