ARQUIVO (2ª ÉPOCA)- (contidos especiais)

segue...>> A / B / C / D / E/ F / G / H / I/ J / K / L / M

>> ARQUIVO 1ª ÉPOCA >> PÁXINA ACTUAL

 

FESTA DA ISTORIA 2007

A AUSENCIA DE MATICES CULTURAIS, A INCOHERENCIA ESTÉTICA E A MONOTONÍA ORGANIZATIVA SUPOÑEN UN RETROCESO PARA A FESTA DA ISTORIA.

>> Non houbo cultura autoidentificativa; nin rastro desa festa ñoñamente definida polos ribadavienses como "del pueblo". Os habitantes limitáronse a actuar de público para uns centos de narcisistas foráneos que, pasados de maquillaxe, se recrearon lucindo ridículas poses. Pola súa parte, os máis novos celebraron o remate da festa como todos os anos: vomitando.

>> O Foro Social Anti-vertedoiro, pasou a denominarse por un día: "TENEMOS DERECHO A POSAR". En suma, desaproveitaron a mellor oportunidade de protesta pública de todo o ano para someterse involuntariamente á vella e eficaz consigna do poder: "pan e circo". Iso si, polo menos podemos asegurar que estaban todos guapísimos.

>> Para a revolución pintaba mal a cousa, pero iso non evitou que algúns simpatizantes da Revista Ribarravia, nos negasemos a desprendernos das camisetas anti-parque, e fosemos provocando aos gozosos festeiros coa nosa incómoda mensaxe. Un safari fotográfico deixa testemuño da experiencia.

 

 

 

 

 

Safari fotográfico 2007

11,45 h. Poida que fose un auténtico desfile pero máis ben parecía a gravación do pase do ano anterior... O caso foi que alá estaban os de sempre exercendo o seu multitudinario e absurdo baño de masas. Parecían felices; quizais se sentisen compensados tras un severo anonimato social o resto do ano...

11,47 h. A esperanza é o último que se perde. Velaiquí a mosén Gruñón amosando o símbolo da nova Fe. Sorpréndenos comprobar que a Revelación Antivertedoiro, tróuxolle á súa mermada congregación un novo motivo de esperanza no máis alá electoral...

 

 

 

 

 

 

11,57 h. Dixémolo antes: tratábase de narcisismo en estado puro. Non se desfruta da cultura ou do encontro colectivo: desfrútase de que todos miren para un.

 

 

 

12,10 h. O noso atuendo reivindicativo foi tildado de "boicot" por algún membro da organización istórica, pero o que nos acojonou de veras foi ver algún sicario da "brigada de control mediático" a buscarnos entre o público...

 

12,25 h. Quixemos facer aos combativos mozos da Arrincadeira partícipes da preocupación medioambiental do Ribeiro, na que aínda non repararon.

Se conoce que andan moi ocupados co seu minucioso censo das "eternas afrentas" sufridas polo pobo galego. Eles seguen coa loita en bloque contra os opresores... pantasmas.

 

 

 

 

12,45 h. METROSESUALIDÁ E FALTA DE ASENTOS. Inesperado encontro cunha princesa sen afeitar e con dous machos empirolados. Sirva isto de exemplo da enorme cantidade de travestis circulantes e do pouco mobiliario urbano dispoñible para descansar. Os organizadores deberían telo en conta o ano que ven. Suxerimos cremas de depilación gratis e bancos para tod@s.

12,55 h. SODOMA E GOMORRA. Restregámonos cunha bañista máis quente ca unha prancha; gozamos dos servizos dunha prostituta da Revolución Francesa... e convidounos a viño o propio Shrek!! O incoherente baile de disfraces non tiña nada de cultural, pero fartámonos de rir con estes rapaces ben simpáticos.

13,05 h. PAIFOCOS E DESPISTADOS. Un payés tan pijo coma inexplicable, unha pirata con barriguiña e dous futboleiros extraviados: nesta festa absurda xa vale todo...

13,15 h. INCLASIFICABLES: Xena, o jerreiro mosesual, uns romanos con bandullo e unha Doña Cocleta con bolso fashion. Segue a desfeita estética.

13.30 h. TRIUNFITOS. Uns imitadores dos yankees exhibindo a súa incontible alegría de vivir, e varios "nacionalchachis" a facer inoportuna propaganda. A estes últimos calquera ocasión lles resulta boa para dar o cante e para amosar a súa "superioridade moral". Por certo, no posto jalaicoportujés pedimos viño verde e non sabían que era...

E os nosos personaxes favoritos foronnnn...

>> Cupido e... ben, e a fermosa muller na que fixo diana, quen queira que sexa. A estas alturas non estabamos para explicacións...

 

>> Damián: a mellor cociña da Festa. Iso si que é reciclar: do porco non quedou nin un residuo. Quede claro que o proceso emitía fumes, pero el nunca o negou.

 

 

 

 

 

 

 

>> Súper-Montoya: O mellor guerreiro cartaxinés da Feira. Ofreceulle a súa espada a todas as turistas de bo ver, pero seica unha tomoullo a peito e fíxolle (coa de metal) un bo raspallón no abdomen, que el nos amosou orgulloso coma se se tratase dunha ferida de guerra...

 

 

 

 

 

 

Nada máis, amigos, ¡ata o Entroido do ano que ven!

 

 

--- DIRECTORIO

>> PORTADA >> ARQUIVO >> FORO >> CORREO >>

 

http://www.espacioblog.com/avia (CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE O VERTEDOIRO DE CARBALLEDA)

FOLLETO 10 RAZÓNS PARA NON TRAGAR >>>

http://www.emerxenciasribadavia.es