Ribarravia, revista virtual deseñada e editada por tipiño. Fodemos ao Ribeiro , pero facémolo por amor.
|
Entre_vista PÁXINAS: Páxina Inicial >> FORO >>> |
||||||
>>
FORO // CORREO // QUEN SOMOS // TIPIÑO// Páxina Inicial
FORO // CORREO // QUEN SOMOS // TIPIÑO// Páxina Inicial |
g |
Javier Iglesias Sendín, Concellal de Facenda e Turismo de Ribadavia. Entrevista realizada o 13 de outubro de 2006 en San Cristovo. Pretendemos ofrecer esta web a algunhas voces cualificadas da Comarca para que expoñan o seu punto de vista. Nesta ocasión, a experiencia non puido resultar máis satisfactoria. O entrevistado, ademais de responder cunha enorme amabilidade, solprendeunos con opinións razoables, seguras e nada politizadas, o que nos permitiu resolver algunhas dúbidas que moitos de nós albergamos respecto á natureza e dificultades da xestión pública do municipio. Esperamos que as preguntas fosen o suficientemente lúcidas como para sacar partido ás sensatas ideas do noso interlocutor. RIBARRAVIA.- Os cidadáns pensamos que os concellais receben dos partidos aos que pertencen moitas das consignas a seguir; todo semella moi controlado, moi xerarquizado. Ti gozas dunha liberdade aceptable para para decidir sobre as túas materias seguindo criterios propios? JAVIER IGLESIAS .- Nese sentido síntome bastante satisfeito. Non noto ningún tipo de presión; máis ben todo o contrario. É máis, se tivese que obedecer ordes, deixaría isto, é dicir, que podo actuar á miña idea sen problema ningún.
JAVIER IGLESIAS.- O de ter que morder a língua, ocorre moitas veces. Por manter unha disciplina de goberno, frecuentemente non se pode expresar o que un pensa. Sucede, por exemplo cando cómpre manter a cohesión entre dous partidos distintos que forman un grupo gobernante. Os plenos non son en absoluto aburridos; normalmente son movidos e escóitanse cousa que vos sorprenderían ! RIBARRAVIA.- Isto non ten que ver coa túa misión, pero non temos oportunidade de falar con moitos concellais. Se eu pretendo que me metan unha multa de tráfico en Ribadavia, pensas que é suficiente con que asasine a un Policía Local? Dito doutro xeito máis malintencionado: da instruccións o Concello para que se faga a vista gorda nese conflictivo aspecto? JAVIER IGLESIAS.- O do tráfico é un problema difícil de solventar, entre outras cousas pola situación xeográfica da Vila. A medio prazo poderáse paliar a dificultade con medidas como o establecimento de dirección única na rúa Ribeiro, coordenada coa prevista circunvalación na que se incluiría unha ponte nas inmediacións da Veronza; este proxecto, respecto do que eu propuxen iniciativas concretas ao Alcalde, poderían supor a medio prazo un bo xeito de reducir o problema. Agora ben, respecto ás multas, en absoluto: non hai “manga ancha” no Concello; as normas aplícanse rigorosamente. Fíxate que se chegou a obter ata 18.000 euros de recadación por multas, pero a xente parece que prefire pagalas a cumprir as normas...
JAVIER IGLESIAS.- Respecto a Monte Kalamua, as expectativas eran moito maiores das que a realidade ofreceu; foi máis “ficción ca realidade” en relación, sobre todo, coa calidade dos postos de traballo que aportou. Tras un desconcerto inicial pola estraña pregunta dos fogueteiros (tratado no noso artigo "Subnormal Acústica 2006"), comentou xocosamente que a intensidade acústica e o tempo de ruído véñense entendendo tradicionalmente como directamente proporcionais á calidade da festa, e en San Cristovo, a xulgar polo ruído que fan, pódese dicir que hai boa festa… RIBARRAVIA.- Outra cousa moito máis seria: a reestructuración da viticultura está a resultar crucial na Comarca. Vinte nalgunha manifestación para loitar contra a baixada do prezo das uvas. Pero dime, sinceiramente, pensas que hai outra saída que a mellora da calidade do viño? Que se pode facer cos productores tradicionais de uva non autóctona? Todo é culpa dos bodegueiros que especulan? Púidose prever o cambio? Pensas que se deixou morrer a propósito pola Administración? En suma, dime que cres ti que ocorreu. JAVIER IGLESIAS.- Varios apuntes poden definir o problema do viño. Primeiro, no Ribeiro houbo un gran potencial que non se chegou a volcar no mercado, senón en loitas internas que desgastaron as nosas posibilidades. Como exemplo desa perda de oportunidade, temos a diferente situación na que nos encontramos en relación coa Denominación de Orixe Rías Baixas, organización que puido aproveitar un apoio legal e económico enorme por parte das administracións despois de que lle fose autorizada a explotación de milleiros de hectáreas practicamente sen requisito ningún. Pois ben, por mor desa política favorable ás Rías Baixas, nós, os seus máis directos competidores, saímos en desvantaxe. Pero non foi o único factor: as loitas internas, o baixo consumo de viño pola xuventude, as restriccións de consumo de alcol nos conductores, acabaron de causar xunto con outros elementos todos os prexuízos que hoxe estamos a padecer no Ribeiro. En resume, púidose aproveitar máis as axuda europea e puidose informar mellor aos productores para que adaptasen a súa producción, pero non se fixo. Agora, as perspectivas para 5 anos non son halagüeñas; é máis: incluso a producción de Ribeiro de calidade terá que disminuír por imposición do mercado. É probable que volvan pagar por arrancar cepas. Finalmente, non se coñecen medidas paliativas previstas para esta crise e a situación non é transitoria; trátase dun cambio definitivo e a peor. RIBARRAVIA.- A todos se lles enche hoxe a boca ao falar do potencial económico que supón o turismo. Que ten de certo? É un recurso económico de emerxencia nas localidades retrasadas, ou pode ser permanentemente lucrativo? JAVIER IGLESIAS.- O Concello, coñecedor da súa importancia real, incrementou espectacularmente a inversión neste campo. Pero hai unha traba fundamental para o desenvolvemento do turismo: falla a oferta de hospedaxe, restauración e comercio; non existe a día de hoxe infraestructura para recibir aos turistas. Cómpre que chegue unha nova xeneración que explote convenientemente esas materias e lle saque todo o seu potencial. A Administración non pode tutelar absolutamente todos os factores que favorezan o turismo: como queda dito, fai falta un cambio de mentalidade nos comerciantes. RIBARRAVIA.- Para crear e potenciar os innumerabeis acontecementos festivos e culturais na Vila, improvisades ou baseádesvos noutras experiencias ocorridas en lugares turísticos exitosos? JAVIER IGLESIAS.- Definitivamente, as nosas iniciativas de acontecementos culturais e festas autóctonas non se basean noutras experiencias; todas son propias e, en moitos casos, pioneiras. Así, a Festa da Istoria xurdiu nun obradoiro, ideáronse as innovadoras noites teatralizadas, a Ruta do Viño... É máis: noutros lugares están atentos e aproveitan ás ideas que eiquí van xurdindo nese campo. RIBARRAVIA.- O turismo cultural (s.t. arquitectónico) en Ribadavia parece apático pero coidado. Agora ben, tendes no Concello partidas económicas concretas dispostas para potenciar o turismo baseado na natureza e na privilexiada paisaxe do Ribeiro? JAVIER IGLESIAS.- Sí existen ideas nese sentido. Cómpre destacar respecto ao turismo natural, o proxecto “Terras do Avia” que xurdíu conxuntamente deste Concello cos de Leiro, Boborás e Carballiño. Estase intentando potenciar un turismo dese tipo con Rutas como a mencionada do Viño para ofrecer todas as posibilidades aos visitantes. Cómpre sinalar que houbo unha importante partida para dinamizar turisticamente a Localidade, pero o anterior Goberno municipal preferiu investir grandes cantidades desas axudas no acondicionamento do Castelo; construcción no canto de dinamización nun momento crucial, foi a opción elixida por eles naquel momento... RIBARRAVIA.- Fronte ao Castelo hai anos que se destruiu unha preciosa alameda para poñer o actual campo de aterraxe para extraterrestres (na cima do párking), Como Concelleiro de Turismo apoiarías hoxe esa aberración? JAVIER IGLESIAS.- Non, non a tería tocado. É máis, hoxe poderíase facer igualmente o párking respectando na súa totalidade a tradicional alameda porque as técnicas de construcción xa o permiten. RIBARRAVIA.- Se non me equivoco na miña aprezazón, os turistas culturais paran en Ribadavia o imprescindible para sacar unha foto ao escudo dos Sarmento e botar un pis. Pódese facer algo para que a súa estancia na Vila sexa superior a unha mexada? Hai algunha actuación prevista? Algún día poderán quedar a comer na Vila ? JAVIER IGLESIAS.- É unha prioridade para nós facer que os turistas pernocten na Vila, pero non hai servizos, como xa indiquei antes. Estamos a intentar realizar un “paquete turístico” que potencie as estancias de máis duración; incluiría visitas ás adegas e outras ideas, pero de momento fállanos o proxecto das visitas en Catamarán (por causas xeográficas), un elemento con moito tirón entre os visitantes que de momento aínda non podemos executar. RIBARRAVIA.- Pensas que a restricción do tráfico é benefizosa para o Patrimonio e, por tanto, para o turismo? Iso ten solución? É normal neste enclave histórico que non se poida sacar nin una foto onde non aparezan coches?
RIBARRAVIA.- É impresión nosa ou estase acentuando o fenómeno do “turismo por horas” procedente das localidades máis próximas? (Ourense, Carballiño). Pódeselle sacar partido, supoño... JAVIER IGLESIAS.- Non detectamos ese tipo de turismo; polo menos non aparece rexistrado. A maioría son xente de vacacións que ven visitar a localidade. RIBARRAVIA.- Un parente meu que ten dous meniños, dixo que non vai volver á Festa da Istoria porque había moita aglomeración, víase pouco ambiente medieval e demasiados comportamentos desagradables. Poida que sexa algo tiquismiquis, pero é evidente que a festa ponse asquerosa a partir de certa hora. ¿Pódese reconducir o turismo alcólico-xuvenil en algo máis lúdico e cultural ou non hai xeito de evitalo? JAVIER IGLESIAS.- Resulta innegable a existencia dese fenómeno, do que ata os organizadores son conscientes. Agora ben, pódese evitar en parte aplicando a normativa correspondente e prohibindo o coñecido “botellón”. RIBARRAVIA.- Como ves ao Ribeiro dentro de 10 anos? Ves un sitio habitable con viñedos, piñeiros, monumentos e casas ordeadas, ou como o típico acúmulo de edifizos deslabazados e industrias fumegantes, unha especie de satélite de Ourense? JAVIER IGLESIAS.- Eu diría que máis ben a opción B, é dicir, como un satélite urbanizado de Ourense. É inevitable. RIBARRAVIA.- Finalmente, sabemos que és un incansable promotor dos deportes. Sínteste recompensado ou, coma case sempre nestes casos, o que traballa obtén beneficios para os demais e críticas para sí? JAVIER IGLESIAS.- Compensa persoalmente, no sentido de que un síntese realizado e o seu esforzo recoñecido polos demáis; agora, económicamente, todo o contrario. Trátase dun hobby, non dun medio de obter benefizos. RIBARRAVIA.- Por certo, pareceuche mal algún dos contidos de Ribarravia ou o ton co que foi tratado? Picouse alguén do teu entorno? Que personaxe che fixo graza? JAVIER IGLESIAS.- Non, non me pareceu mal; se non se aguantan este tipo de bromas, mellor dedicarse a outra cousa. Dos demais, non sei se se molestaron ou non; non falamos diso. Fíxome graza o “Supermarcos Bros.”, sobre todo pola interpretación que se fai da alternancia política; tamén está ben o do Vota-fumeiro e o das aparicións da cara do Alcalde nunha casa de Francelos (...) NOTA.- As respostas son unha fiel transcripción das manifestacións do entrevistado, PERO NON SON LITERAIS (non temos gravadora...). Ah, o Zé quixo ocultar a súa identidade pero involuntariamente trucou a foto coa dun tipo de gafas que agora que o miramos, paréceselle de carallo ! zé |
g |