0

 

 

 

 

 

 

 

 

O VICEPESTILENTE DA XUNTA PRESENTOU EN CASTRELO DE MIÑO UN PARIPÉ ESTRATÉXICO QUE "CAMBIARÁ A CONFIGURACIÓN DA COMARCA", OU ALGO ASÍ...

 

>> OS CIDADÁNS ANTIPARQUE, MOI SOLIDARIOS, DECIDIRON COMPARTIR CON "QUIM" O PROMETEDOR PLAN... Ou quizais foron alí porque non daban creto a tanta desvergoña institucional. ¿Como se pode acudir a unha Comarca que en breve vai ser sepultada entre refugallos perigosos para prometerlle o relanzamento dos sectores do viño e do turismo?

 

 

 

>> MOITO FRÍO E MOITOS ANOS... Hai que recoñecer que entre todos os concorrentes podiamos xuntar unha boa cantidade de anos. Está a resultar un fenómeno cada vez máis frecuente que as xeracións adultas encabecen as protestas, pero a desidia amosada pola impresentable xuventude do Ribeiro é de xulgado de garda...

> Esta moza que pousa coqueta cunha pancarta é unha das honrosas excepcións de xuventude dando apoio a uns veciños que por decencia, por medo e por mil razóns que os amparan asistiron a dar a cara perante os causantes dos seus problemas.

 

>> ¿OS HOMES DO TRAXE PENSARON ALGUNHA VEZ COMO SE VEN AS COUSAS DENDE ESTE LADO? Dicía un asistente, ecoloxista sensato, que os que mandan nunca ceden ao enriquecedor debate porque o consideran síntoma de debilidade.

> Pero ¿que lle pasará pola cabeza á veciña da camiseta fosforito? Ela mirará ao señor traxeado de magnífico aspecto (Suárez Canal) e pensará "¿Pero como outro ser humano pode colaborar nun proxecto que ameaza tan seriamente a miña saúde e o meu xeito de vida sen despeitearse sequera?".

 

>> POIS XA QUE NON ESCOITAN, POLO MENOS QUE NOS VEXAN... Pola parte traseira do Náutico puidemos ver xesticular ao inefable "Quim". Non sabemos se lle gustou a nosa presenza ou non: é un home frío, moi frío. Nin se inmutou perante os nosos abaneos de pancartas. Ten temple o fulano; vai en liña recta e ignora con pasmosa facilidade todo que o non vai por onde el quere, característica tan aprezable entre a clase política como desprezable entre as persoas decentes.

 

 

>> PERO ¿EN QUEN SE AMPARAN OS PODEROSOS? Pois en gran parte en tipos interesadamente iluminados coma este da foto que apareceu plantificado coma unha berza nos exteriores do edifizo, prestando fervorosa atenzón ao seu xefe de filas, que falaba dende o outro lado da vitrina...

> O detalle indignante foi que onda el fomos instalarnos case en silenzo coas nosas pancartas, Nese momento, o da foto deixou de prestar atenzón ao seu xélido e acartoado "Quim" ¡e mandouos calar a todos porque quería escoitar! Alguén lle reprochou que para escoitar tiña que probar o de meterse dentro do local, onde podería mollar a gusto o seu calzoncillo amosando así toda a súa admiración polo carismático líder... Agora ben, que un devoto molle a roupa interior en público non queda moi serio; sobre todo o día da presentazón dun plan estratéxico...

 

>> TAMÉN HOUBO "ELEMENTOS SUBVERSIVOS" DO FORO QUE QUIXERON DEIXAR TESTEMUÑO DE TANTA CARA LAVADA. O pudor da nosa aguerrida reporteira puido máis que o xabonoso ambiente propiciado por uns servís adegueiros, e quixo deixar constancia da fauna que está a decidir sobre o noso futuro. Menudos exemplares, cando lle venda as fotos aos de National Geographic faise de ouro...

 

>> PERO O OBXECTIVO FOI CUMPRIDO. Fixémonos escoitar, fixémolos contemplar as nosas caras ateridas polo frío e indignadas; outra vez máis conseguimos expresámonos coa forza dun grupo convencido.

Pareceunos que Suárez Canal saía moi irritado e incomodo; así llo manifestou a algún concorrente. Ese era o obxectivo e cumpriuse.

 

 

 

 

Polo demais, dicir que a Garda Civil e a Policía Nacional nin se acercaron a vixiar cando nos aproximamos as fiestras; confiaban en que nada iba ocorrer. ¿Acaso non somos xente decente, traballadores e pais de familia que só pretenden vivir en paz nun país onde se cumplan as normas? Quizais hoxe algún político deses que van en liña recta se vexa obrigado a darlle á súa conciencia unha voltiña máis do que tiña pensado...

 

 

--- DIRECTORIO

>> PORTADA >> ARQUIVO >> FORO >> CORREO >>

 

http://www.espacioblog.com/avia (CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE O VERTEDOIRO DE CARBALLEDA)

FOLLETO 10 RAZÓNS PARA NON TRAGAR >>>

 

http://www.emerxenciasribadavia.es