| DD |
revista ribarravia deseñada e editada por tipiño ribadavia> ESTÁS NUNHA PÁXINA DA 1ª ÉPOCA (ESPECIAL 1 ANO)
ESPECIAL 1 ANO DE RIBARRAVIA
Nunca nos deu por explicar a orixe da nosa portada dos canciños. Trátase dunha foto moi especial á que se lle aplicou un filtro coa fin de convertela nun icono representativo de Ribarravia. Obtívose nunha excursión ao Coto de Novelle. Sete amigos improvisamos unha andaina ata a súa cima unha mañanciña fresca de verán. A subida resultou menos agotadora e máis pracenteira do que esperabamos. No traxecto puidemos identificar sen dificultade as harmoniosas aldeas, os aínda verdes montes, as aberracións urbanísticas que xa forman parte do noso entorno... O máis bonito foi poder contemplar, alá ao pe, entre as ténues brumas de agosto, os nosos diminutos fogares. Ao mediodía chegamos famentos ao máis alto da serra e puxémonos inmediatamente a comer acariciados por un vento fragante; prestounos coma poucas veces. A paisaxe do Ribeiro resulta dende alí marabillosa; o lugar de onde sairamos víase lonxe, silenzoso; seguía pacíficamente a súa traxectoria sen ter en conta que nós vixiabamos dende as alturas. Invadiunos a todos a agradable sensación de estar nun sitio excepcional sen saír da casa. Fora de patriotismos e ideoloxías, é bonito pertencer a un lugar, e alá, máis abaixo, estaba o noso. Dunha das instalacións saíron varios canciños movendo os rabos; deberon ventar os bocatas que estabamos a comer. De pronto, un cadelo pequeno e desarranxado púxose a pinar mecánicamente nunha cadela que parecía tapizada cun felpudo. Amosaban ambos unha evidente falta de interese para o sexo, pero miraban para nós sen perdernos de vista nin un instante. O cadeliño furgou na súa compañeira durante un bo anaco coa picha feita unha gominola e probando distintas formas de acceso cada unha menos satisfactoria ca anterior. Foi algo tan inesperado, tan absurdo, que nos puxemos a rir coma tolos, risa que avivou aínda máis o feito de comprobar a a total indiferencia da nosa presenza por parte dos pouco esmerados amantes. Resultou toda unha anécdota naquel magnífico día no que, casualmente, xa case tiñamos decidida a idea de facer unha web da nosa Comarca; e xusto aquela pintoresca "performance" converteuse na perfecta ilustración do estilo que eu andaba a buscar para a revista: estraño, desinhibido e autóctono. Estaba claro: foderíamos a Ribadavia por pasar o tempo... e por amor. Pasados uns meses púxose a páxina en pé con máis problemas técnicos ca creativos; o resultado, sen embargo, é que hoxe xa podemos celebrar que se mantivese un ano. Pero non so iso, senón que durante ese tempo foise enriquecendo imprevisiblemente de contidos que nos resultaron agradabilísimos de concebir e elaborar. A pesar dos trompicóns, da inexplicable descortesía das outras webs ribadavienses, da falta de empatía ocasional cun público descoñecido, ou mesmo de resultar aparentemente agresivos, arredor dun cento de traballos compoñen esta páxina estrictamente local que acadou 11.400 visitas nun ano, máis de 1.500 visitas nos últimos meses. Con artigos variados, publicidades ficticias, trucaxes fotográficas, comentarios de noticias locais e un irregular foro (e tamén sen un puto duro, que todo hai que dicilo), fomos realizando un traballo que, mellor ou peor, resultou constante e elaborado. Ademais, o esforzo co que foi creado para a vosa satisfacción é para a nosa, asegurámosvos que mereceu a pena. Criticáronsenos algunhas cousas, como o estilo distante, a crítica desmesurada e non sempre realista, a ideoloxía radical... A verdade é que foron poucos os reproches para a cantidade de barbaridades que temos cometido. Incluso botamos de menos, neses casos, a argumentación en contra para poder debater e contrastar opinións... Pero o certo é que debeu quedar ben claro que nós imos de boa fe, e iso danos seguridade para manter a mesma traxectoria, sen medo a ir creando tensións innecesarias coa xente do entorno (exceptuando catro impresentables). Non obstante, penso que xa pasamos o difícil. A estética foise facendo máis coherente, a nosa linguaxe foise achegando aos lectores habituais e o cabreo dalgúns visitantes descoñecidos xa parece que pasou. A día de hoxe hai xente que nos lé con sorprendente fidelidade, do que deducimos que cren no que dicimos ou que lles gusta como o expresamos. Que máis se pode pedir? Seguramente continuaremos indagando novos contidos e novas formas de expresalos con maior ou menor acerto; seguramente cometeremos erros, pero o prometido é débeda, e por iso seguiremos a criticar, entreter e botar unhas risas sen ánimo de aleccionar a ninguén. Esperamos non defraudarvos. O foro téndelo aberto para propoñer o que queirades. Podédesnos crer se vos dicimos que un simple apunte, unha crítica, unha queixa concreta ou un dato que vos interese poden supor para nós un estimulante punto de partida. Quizais non o desenvolvamos con moito inxenio, pero intentaremos facer desta páxina a voz dos que queiran intervir, daqueles aos que lles apeteza facerse escoitar sobre calquera tema que afecte a esta nosa querida e deslabazada Comarca. Pedimos desculpas pola nosa inevitable vocación a críticalo todo, polas xeneralizacións excesivas e polas bromas fora de punto que afecten a algunha persoa en concreto; tamén pola ocasional prepotencia razoadora dalgúns dos nosos membros... Polo demais, estamos moi contentos de que esteades aí léndonos e, esperamos, que desfrutando dos nosos comentarios e bromas. Intentaremos seguir adiante con toda a desfachatez da que sexamos capaces contra quen faga falta. E, por favor, non esquezades que isto facémolor so por amor... Grazas e un cordial saúdo a todos. Zé >> DIRECTORIO: / PORTADA ARQUIVO / foro / PORTADA PRINCIPAL ----- ESTES SON OS NOSOS TRABALLOS FAVORITOS POR...
---- Algúns PERSONAXES: Toribio Romasanta/ Denominator/ Antorchita de Cenlle/ Lobito da Franqueirán/ Pancracio Pancorvo/ Andoni Treixadurenea/ Sheridan Montoya/ Dimitri Treixadurov/ Emerson Amarfis Valeiras/ Lao Tse Prexigueiro/ Mordisquito da Foz/ Urquija, la rana Pija/ Javierito Almanzor/ Baltark Vader/ Androide Cheirador de Peidos/ Resésigo/ O Cobrador da Gaita
ACTIVIDADES e prácticas diversas: Trékking Póutiga/ Ereccións Municipais 2007/ Crácking Panseta/ Día das Letras Galegas Impagadas/ Fúneral-Surf/ Macrobotellón Diabóliko/ Torkeimada/ Nacional dinamirmo/ Enoerótica 2006/ Pornocata/ Teátrix/ Festa do Pemento Sesual
Unhas poucas ENTIDADES e lugares: Comodidade Autónoma de Galiza/ Plataforma Cívica Pro-Dereitos de Sheridan/ Asociación Así-revente-na-cabeza-de-tu-puta-madre../ Ribeiro Matutak/ O Chafarís Xoguetón/ Repsoe/ Protección Solar de Ribadavia/ Protección Viril de Ribadavia/ Apostólika/ Ridimuelas/ El Cueto del Fraile/ Cátering Bipartito/ Confrairía dos Irmáns Metabisulfitos de San Cristoviño/ Concellalía de Festas e Biocuchipandas/ San Jerónimo (San paio)/ Sarmiento`s Inn/ Ciber-Consellería de Obras Binarias/ Concellalía de Obras Lúbricas
Un variado de FRASES SOLTAS: "Ata agora viñamos votando ao PP; tiñámoslle moita fe ao Caraquitas e máis ao Baltar, porque este último nos fixera moitos favores; pero iso acabouse porque así norlo manda diosnuestroseñor. Isto foi unha revelación moi clarísima" (aparición milagrosa da cara do Alcalde) Dereito nativo a comprar preservativo (Plataforma Pro-Sheridan) Os ectoplasmas femia puxéronse cachondísimas (publicidade en Marte) "Se voçé nao pâga a sançom PAREÇERÁ UM ACCIDÊNTE..." (o Recuperador do Concello) Te es de locura. Le das a un botonciño y ¡zas!, te sale un operario casi mejor que el anterior (Monte Kalamua) "Se lle bato nos fuciños é unicamente porque la quiero..." chega a dicir o protagonista.(Te doy mis votos) No hai caso, porque amás de todo eso será SUPERASORBENTE, osea, que no vengan diciendo sunormalidades os ecoloxistas y esa marea roja de esaltados que a todo le atopan defetos (Alcalde Melón sobre a Presa do Brull) Total, para pintar recetas vale ben, e polo menos botamos unhas risas (sobre Carloh Hesú). "¿Ya estamos?¿Pero por qué siempre sacan a colación mi parentesco con la familia real? Mi actividad deportiva es noticia destacada en Belice, Gabón y la isla Kutcru en la Polinesia, o sea que no me importunen con tonterías..." (Marichalar) XA QUE TE VAN FODER, DEIXA QUE O FAGA UN PROFESIONAL (PPublicidade) Un voto, dos votos, tres votos, vamos a más... turbarnos (PPublicidade) "Vive a tradición. Bebe a tradición". (publicidade Istoria) O contenedor viña cargado de pedras, pero isto non ten ningún significado; é que os vascos son así. (Andoni) ¿Pruebas? ¿Quieren ustedes pruebas? ¡Mariano, saca la placa! (Presidente do CEM desmotrando a súa orixe sefardita) Tá-paratá, xa están os babosos de siempre... ¡¡pero se corenta anos pasan voando, porelamordediósss!! (autopista Castrelo) Malabares presupuestarios ¿Como ser indixente pero feliz? O matiz ribadaviense (Leo Dantés/Loly Álvarez) "Pois ben, agora a edificación terá autobuses... e coches, e amotos, pero a escala 1/50. É dicir, outra mostra máis da axilidade na xestión do noso grupo de jobierno". (Concellala -Estación Buses Guisval) Eso no se hace: CACA ". "Jopelines, Engasa, como os pasáis", "Minicentral = fea" (slogan anti-presa rio Brull) Ademais todo foi moi ben; incluso pedíu cervexa e panchitos e démosllos triturados a través dunha palliña" (Ministra sobre Pardellas Lecter) DATE GUSTO, PENETRA NO RIBEIRO (slogan Enoerótica) Bodegas, Campante: buen vino por detrás, buenas tetas por delante "Cando che pidan viño ti contestas: ¿Ou sexa que queres que che poña viño do Ribeiro, can sarrrrnosssooo, saco de mieeerrrdaaa? e botas un pouco dese liquidiño verde pola boca, dese xeito tan ascaroso que ti sabes" (Rogelio Martínez á azafata do stand) Non perderon detalle en ningún momento dos "canaliños" das espelidas mozas. "Era para velar por su integridá física, que no te era por otra cosa"- Iso dixo un dos membros... (Protección civil sobre as azafatas) Mentres as visitas medraban, as mensaxes púñanse fláccidas e nunca alcanzaban un acto textual completo. (o noso foro) O anel simbólico do enlace lévano ambos na man ultradereita. O Senén, rompera augas da traída durante seis meses, pero non ía preñado.(voda Senén-Pardellas) "Non hai caso. Pedimos unha subención para fabricalas e adiormoibuenas. O caso é que teña proyeción internacional" (olas e surf en Castrelo) O metabisulfito trascendeu de min e fíxose forma: os meus traxes pretenden ser clorofílicamente harmónicos e espiritualmente osmóticos (Emilio Rojo, moda) Eles queren formar parte da Nosa Terra e do noso proxecto nacional, nótaselle bien na mirada (Sebio, dos chinos) "Chin Lao gusta bastante Fogal de Bleogán" - " Jalisa loita pelpetua; Bleogán patlia nosa". (chinos nacionalizados) Ya no hay capacidá de sacreficio; el pueblo ya no te tiene respeto por la autoridá y cómpre buscar alternativas ante tanto libertinaje. Como no se endereiten estas atitudes yo me veré oblihado a tomar mididas cuntundentes, y entón, a ver qué pasa. Luego acaban por salir los tanques a la calle y nos echamos las manos a la cabeza..." (SeMén) Os novos superaxentes dispoñen de AFS (Anti Feira System), LCEA (Localizador de Conductores Estacioados no Amando) e GPSC (Gilipollas Prosecution Satellite even Castrelo) (Policía Local robotizada) "O/a Apóstol/a Santiago/a axudaranos neste delicado momento; así o desexamos todos/as (Quintana Jones) Dame o teu voto Nennnggg !! (Sebio) ORGASMATRONIZAMOS A RIBADAVIA, PERO FACÉMOLO POR ENCAIXAR OS NOSOS BIORRITMOS..." (Ribadavia 2045) ¿Enerxía fotovoltaica ou de SOLARES RECALIFICADOS?. Os concellos elixirán a solución do Sol... que máis quece: os euros. (2045) Poderemos ir a calquera outro lugar do espazo mundial en décimas de segundo, pero non teremos ganas de ir a ningures... (2045) Neurocondiciónate coa mellor Opción; Indéxate PP (2045) Non haberá conquistas sexuais. Todo se reducirá a unha conexión telemática co servidor que proporciona ORGASMOS CONCERTADOS MEDIANTE OPERADOR (2045) Ay, paaayo, pero si a esta linia marilla no le hace caso naaaide (Sheridan multado) Aquí tenemos contraída una deuda histórica con Castelao. Concretamente le debemos a "Castelao Asfaltados" unos 50.000 euros, y eso es dino de ajradecer, porque hizo moitísimo bien para el jobierno de mi municipio. ¡Ay, cuántos votantes decentes vinieron por eses caminos onde nosotros" (SeMén, Día das Letras Galegas Impagadas) Lamento dicir que a miña escasa estatura impediume saír na defensa do pundonor cultural da vella e discreta Europa e mazalos a hostias (palurdos Ianquees en Venecia) Pregunteille, case incrédulo: Silvuplé, Cortázar? Entón ela dixo: "¿Le poèt? ¿Le poèt brésilien?". Aclarei nun lamentable francés sen repoñerme da solpresa: "Non, le noveliste (sic), de l'agxentínnn (sic !!)" Como se o tivese preparado, sinalou ás nosas costas e sorríu: "Oui, oui, il est lá" (visitando a Cortázar en Montparnasse) Non sabía ler, pero apañábase "representando" os textos nos panteóns: "Propiedad de la Familia Gómez. 1953" . Tal como llo indicaban nun papel os propietarios, chantábao el na pedra cunha tipografía cándida, tosca e peculiar. (avó) “...rachámosllas ao considerar que fora el quen nos delatara ao noso pai tras una trasnada aparentemente sen testemuñas. O Cristo dos cravos fóralle co conto... Vale, é certo que nós chupamos unha boa tunda, pero el aínda hoxe ten as rodillas rotas (o Cristo chivato) “E Non esaxero: dende alcaldes franquistas ata ministros especuladores; dende presidentes de Autonomías ex-represores ata empresarios arruinados; a quen deles lle foi mal na política?" (Tontos, que sodes tontos)
CONCETOS inesperados: VOTA-fumeiro/ Vidrioclís / Demanda jurídica / Eutanasia Porcina Galega / Autoconcienciación lúdica dos danos / Automobilicidio / Contraetiquetas e Contracata / Feliz endebedamento / MATUTE'S FREE / Terra Sen Pinchos / Viña Fervoreda / Plinbois / Ascarosidá / Sulfatalover, Barrica Dreams,Copper Pedroulo / EfeTo Llamarada (inmigración) / Todo a Zen / Galaico Enxebriña / Epilety, desbrozadoras íntimas / Conspiración Dermoestética / Gran Vila Alcólico-Medieval / Nacionalistas ma non troppo / Diormío / Coca-Costeira / Baltar Wars / TestoyAmandoLocamenti / Santa Man Executora de Francisco Franco / Artesanía emocional / Adiormoibuenas
TÍTULOS raros: Valetodo/ Pedefoto / Amores treixaduros / Zepping / Las Emisiones de Senén / Cheiros del Pasado/ SUPERMARCOS BROS, The Game / Crónica rinítica
>> DIRECTORIO: / PORTADA ARQUIVO /foro / PORTADA PRINCIPAL
A VOLTA A RIBADAVIA EN 80 TITULARES 1.- APARICIÓN MILAGROSA DO ROSTRO DO ALCALDE NUNHA PAREDE HAI BASTANTES MÁIS... E O QUE VOS QUEDA POR AGUANTAR ! >> DIRECTORIO:/ páxina principal / foro |
||||||||||||||||||||||||